IV Semana da Poesía


Aquí tedes o vídeo das actividades realizadas no noso centro na IV Semana da Poesía. Foron coordinadas polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Dinamización da Biblioteca escolar e contaron coa participación de gran cantidade de alumnos/as e coa asistencia de todos os nenos/as do centro. Noraboa a todos os participantes polo brillante traballo realizado!

BO NADAL

 

Dende o CEIP Barrié de la Maza queremos desexarvos unhas felices festas a todos/as e que para o vindeiro ano o mellor agasallo sexa un soño cumprido.

categories [ ]

GAÑADORES DO 2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

O xurado xa decidiu cales son as fotos gañadoras deste "2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL CEIP BARRIÉ DE LA MAZA: A AUGA", agradecémosvos a todos a vosa participación, esforzo e creativade que amosáchedes en todos e cada un dos vosos traballos.

Os traballos premiados son un total de oito, que recibirán un premio relacionado coas TIC e aparecerán no calendario para o ano 2012 elaborado pola "Equipa de dinamización lingüística", tamén recibirán un agasallo tódolos participantes polo interese amosado á hora de participar neste concurso.

A lista de premiados é a seguinte (premendo enriba do nome no neno/a podedes ver a súa foto):

Sara González Antelo (3ºB)

Antía Gesto Antelo (3ºB)

Uxía Souto Guillín (1ºB)

Maitena Lois Rieiro (3ºB)

Lucía Santos Rodríguez (4ºB)

Aroa Gerpe Lois (1ºA)

Óscar Parente Turnes (4ºA)

Brais Gesto (4ºA)

categories [ ]

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

XA TEMOS TÓDALAS FOTOS!

Xa recibimos tódalas fotos que presentáchedes ao concurso de fotografía dixital, a calidade dos vosos traballos é moi alta e vemos que vos esforzáchedes moito por mellorar as do ano pasado. Antes do día 9 de Decembro anunciaremos os premiados nesta web e nos taboleiros do centro.

Premendo aquí podedes ver as fotos que se presentaron.

Grazas a todos/as por participar!

 

categories [ ]

UN OUTONO DE MEDO

Este ano preséntase un outono de medo cheo de pantasmas, bruxas, gatos negros, arañas... os nenos e nenas de infantil fixeron un mural cheo de elementos terroríficos. Está baseado no conto "A casa da avoa" que atoparedes ns nosa biblioteca escolar.

Desde aquí desexámosvos que non pasedes moito meeeeedooooooo...

 

Fotos da inmersión en Asturias

 

Se queredes ver unha selección de fotos da estancia en Asturias dos alumnos/as de 6º premede aquí.

Tamén están incluídos os murais realizados polos nenos/as e mestras en Asturias: noraboa polo traballo!

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

Xa temos aquí a segunda edición do concurso de fotografía dixital que organiza o noso centro, animámosvos a todos a participar xa que a calidade das fotos que presentáchedes o ano pasado foi moi alta.

categories [ ]

REVISTA ESCOLAR


Aquí tedes a nova edición da nosa revista escolar: "Lareteiro do Xallas", esperamos que vos guste (facer clic co rato enriba da revista para vela en pantallo completa)

Medicación no centro

A dirección do centro informa, que se están detectando problemas con temas de medicación, polo tanto lembrámoslles:

1- O profesorado non dará medicacións ao alumnado por regra xeral. Se está disposto a facelo, os pais presentarán informe médico, aportarán a a medicación ao Centro e firmarán unha autorización eximindo da responsabilidade.

 

2 - Os alumnos/as, non poden traer a medicación eles mesmos. Debe ser entregada no centro polos pais/nais ( excepto algún caso excepcional; asmáticos ou diabéticos ).

 

3 - Ante calqueira dúbida falen coa dirección.

 

Un saúdo.

ORIENTACIÓNS PARA O USO DE INTERNET

 

Continuamos publicando as orientacións educativas coas que o noso Departamento de Orientación pretende axudarnos a tomar decisións sobre a educación dos fillos/as, neste caso referirémonos as novas tecnoloxías e como debe ser utilizado.

A vida dixital é xa parte do noso mundo, polo que non podemos pedirlle aos nosos fillos e fillas que non empreguen as Novas Tecnoloxías, sería como pedirlles que vivisen en Marte. O noso planeta é dixital.

Estamos na sociedade da información, pero os nosos fillos e fillas aínda que teñen acceso a ela non sempre saben aproveitala ou son capaces de diferenciar se é boa, mala ou digna de confianza.

No noso afán por protexelos podemos decidirnos por dous camiños:

  1. Disciplina e censura

  2. Educación en valores.

A disciplina e a censura poden tranquilizar a conciencia dos pais, pero non resolven o problema. Aplícanse por inseguridade e porque nun entorno que non coñecemos moi ben como é o dixital, é máis sinxelo.

Pero non podemos esquecer que dentro de pouco para os nosos fillos e fillas, non ter competencia dixital é coma se nós non houbésemos aprendido a ler na nosa infancia e sen un referente de comportamento non saberán enfrontarse aos dilemas éticos que se lles presenten. Serán máis propensos a desenvolver hábitos pouco saudables e estarán máis expostos a posibles riscos. Esta na vosa e na nosa man que iso non suceda.