Skip to Content

Equipo Dinamización Lingua Galega

REVISTA ESCOLAR "O LARETEIRO DO XALLAS"

Aquí tedes a revista escolar deste curso 2016/2017 que acaba de finalizar, esperamos que vos guste:

 

 

IX SEMANA DA POESÍA

O venres 28 de abril tivo lugar no ximnasio escolar o recital da IX semana da poesía. Despois dunha presentación a cargo da directora do colexio e dun visionado de videomontaxe do alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, produciuse a entrega de premios e recitado de poesías dos gañadores así como a lectura de poemas de autor.

O recital finalizou cunha actuación musical dos alumnos e mestres interpretando entre outros temas a canción Alborada de Uxía e o himno galego.

Premendo neste enlace podedes ver as fotos desta actividade.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

O MÉRCORES DÍA 8 DE MARZO CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CELEBROUSE NO CENTRO UNHA SERIE DE CHARLAS DE MULLERES TRABALLADORAS XALLEIRAS. AQUÍ PODEDES VER O PROGRAMA DA ACTIVIDADE.

 

PROGRAMA ENTROIDO 2017

Magosto-Samaín.

Como se ven celebrando nestes anos anteriores, o noso centro comemorou o Samaín e o Magosto co alumnado. O pasado xoves os nenos puideron pasar polas aulas multisensoriais do medo onde descubriron sensacións pavorosas a través dos sentidos: olfato, gusto, tacto... e sorpresas que alí apareceron.

Podedes ver algunhas fotos da celebración do Samaín aquí:

 

Tamén celebramos o Magosto o pasado venres 28 de outubro con todo o alumnado do noso centro, repartindo castañas asadas polos mestres do colexio, nunha celebración que disfrutaron todos os nenos e nenas.

Aquí podemos ler a noticia aparecida na prensa do día 3 de novembro.

 

 

Lareteiro 2016

 

 

Celebración do día da Muller Traballadora

O oito de marzo conmemoramos o Día da Muller Traballadora e, seguindo a traballar a "acción proposta sobre a Emigración e Inmigración, organizáronse as charlas de mulleres xalleiras vinvuladas con este tema.

As colaboradoras foron:

-Sana Fathallah. Inmigrante procedente de Marrocos.

- Mº Cristina Pais Camiño. Emigrante a Suiza.

- Joice Rangel Coutinho. Inmigrante procedente do Brasil.

- Dolores Castro Mouro. Emigrante a Suiza.

- Graciela Gómez Abreu. Inmigrante procedente de Portugal.

- Pilar Danis Priegue. Emigrante a Suiza.

Moitas grazas a todas pola súa colaboración. Aquí vos deixamos algunhas imaxes:

 

 

 

 

 

 

 

 

Publican en España Exterior o calendario do colexio.

O xornal España Exterior dedica unha páxina ao calendario escolar elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración con tódala comunidade educativa. Noraboa a todos.

Se pinchas aquí accedes ao contido.

Calendario 2016

Deixámosvos nun aruivo adxunto en PDF, o calendario que elaborou a Equipa de Dinamización Lingüística co material aportado polas familias. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

SEMANA DE ENTROIDO.

Esta semana teremos a seguinte axenda:

DO 1 AO 4 DE FEBREIRO: Debemos vir cos seguintes complementos:

  • LUNS: Pluma de indio.
  • MARTES: Saia hawaiana.
  • MÉRCORES: Adórnate con pasta italiana.
  • XOVES: Traer a cara decorada ou pintada.

XOVES 4 DE FEBREIRO: "XOVES DE COMPADRES" (os nenos levan as bonecas e serán as nenas as que pelexen por conseguilas)

VENRES 5 DE FEBREIRO: Desfile de disfraces e degustación de produtos de Entroido.

XOVES 11 DE FEBREIRO:

  • Procesión de choronas.
  • Recitado de coplas satíricas.
  • Xuízo ao Meco.
  • Queima doMeco.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut