Skip to Content

Proxecta +

Proxecta +

Proxecta + 

Plan Proxecta+ (Curso 2021/22)

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Estes programas inciden en aspectos clave da adaptación do sistema educativo aos retos de carácter global como a igualdade de xénero e a coeducación, a competencia dixital, o recoñecemento dos dereitos da infancia, a promoción da saúde, a educación intercultural ou a transición ecolóxica.

Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Neste curso escolar ofrécense 42 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta+ (véx. Programas)

Prazo de solicitude: do 22 de xuño ata o 24 de setembro de 2021 (ACTUALIZADO)

Solicitude: a través da aplicación de Plan Proxecta+ (https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/)

PÁXINA OFICIAL DA CONSELLERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut