Skip to Content

Especialidades

Absentismo escolar

Recentemente publicouse unha entrevista no xornal de La Voz de Galicia coa orientadora do noso centro, M. Begoña Castro Iglesias, onde fala da extrema importancia de que os nenos acudan a clase con regularidade e do que isto supón para o seu desenvolvemento integral, todo relacionado co Protocólo de absentismo que ven de publicar na súa web a Consellería de Educación.

Premendo na imaxe podedes acceder á noticia do xornal.

Accésit nos Premios Proxecta

O noso centro foi premiado cun accésit na Primeira Edición dos Premios Proxecta de Innovación Educativa na categoría A, que premian a mellora na calidade educativa.

Aquí temos a foto de todos os centros premiados e as reseñas da prensa.

Semana da froita

 

 

Informámoslles que a vindeira semana, do 13 ata o 17 de abril, terá lugar novamente o reparto de froita fresca no recreo para todo o alumnado do Centro( este ano este reparto farase unha semana cada mes ata fin de curso, avisarase con anterioridade). Trátase dunha campaña do FOGGA ( Fondo Galego de Garantía Agraria ) que foi solicitado dentro do PROXECTO DEPORTIVO DO CENTRO para fomentar a alimentación saudable.

Durante esta semana os nenos non traerán merenda.

 

 

 

 

 

Lipdub CEIP Barrié de la Maza

 

Felices festas para todos e que disfrutedes moito co noso lipdub!

Puxémoslle a máxima ilusión e traballo.

Móvet+ Barrié!

Distribuir contido


by Dr. Radut