Skip to Content

Reserva de praza alumnado de 6º curso

O alumnado de 6º de Primaria que o vindeiro curso 2023/24 desexe continuar os seus estudos no IES Chamoso Lamas, debe realizar a reserva de praza no noso centro entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro (ambos incluídos).

Para iso presentará unha copia do DNI e a seguinte solicitude:

Solicitude en galego

Solicitude en castelán

 

Tamén poderá solicitar a reserva de xeito telemático a través da aplicación de AdmisionAlumnado, segundo as instrucións.

A reserva terá carácter vinculante e será incompatible coa solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo de 2023).

O resto do alumnado de outros cursos que este ano está matriculado no noso centro ten reservada a praza de oficio.

 

Lexislación que se aplica:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

AdxuntoTamaño
ED550A_C.pdf1.24 MB
ED550A_G.pdf1.23 MB
2023-2_InstruccionsReserva_Centros_familias.pdf101.11 KB


page | by Dr. Radut