Skip to Content

Deportes

Convivencia 2018

O mércores 21 de marzo fomos ata ao colexio de O Irixo para formar parte da Convivencia con outros centros da zona como o CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás) e o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro. 

Déronnos unha calorosa benvida e fomos directamente ao asunto. Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron no "torneo" de Fútbol Sala para o Deporte Escolar e, aínda que perderon o primeiro partido, gañaron dous. Temos uns xogadores de fútbol expertos.

Mentres tanto, o alumnado de Infatil participou nun contacontos e os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria formaron parte dunha actividade con gallo do día da Poesía. 

O bo tempo acompañounos e, apesares de ser un día un pouco fresco, o sol foi espléndido, permitíndonos xogar e xantar no patio. Despois formarmos parte da cadea humana para carrexar o penso recadado polos catro coles, a fin de entregarllo ás encargadas da Protectora de Animais do Carballiño (PACA). E, para rematar, bailamos a GLOBAL MUIÑEIRA todos xuntos. Quedounos xenial!!! Foi un día magnífico!!!

Aquí tendes un enlace a un vídeo sobre as actividades da Convivencia realizado polo CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo).

https://drive.google.com/file/d/14svhx4gKACOZONfG9i5uaHRz_SQtC3O8/view 

 

Participamos en Deporte Escolar!!

O pasado 18 de xaneiro participamos na segunda modalidade de Campo a Través en Puzo do Lago de Maside. O día parecía soleado en Beariz, pero ao chegar a Maside a néboa era espesa. Corrimos entre a néboa pero ao final o sol fixo acto de presencia. Aínda que no quedamos entre os primeiros postos, pasamos un bo rato.

No blogue da Agrupación Deportiva Arenteiro tendes acceso ás imaxes do evento e ás clasificacións do noso alumnado en cada categoría. 


Deporte Escolar

O pasado 30 de novembro participamos na primeira actividade de Deporte Escolar do ano. Consistiu nunha proba de Campo a través en Puzo do Lago - Maside. Os máis pequenos estaban moi emocionados porque era a primeira vez que participaban, os maiores querían correr para entrar en calor. Aínda que non quedamos de primeiros, houbo varios dos nosos rapaces e rapazas que uedaron entre os primeiros 20 clasificados! PARABÉNS!! 

Velaquí algunhas fotos do evento. No seguinte enlace podedes ver as clasificacións e buscarvos nelas: BLOGUE ASOCIACIÓN DEPORTIVA ARENTEIRO

CONVIVENCIA BOBORÁS 2017

O bo tempo acompañounos o mércores, día 5 de abril, para visitar aos nosos compañeiros de Boborás un ano máis. Alí nos xuntamos os coles de Beariz, O Irixo, San Amaro e Boborás para celebrar unha convivencia moi divertida e entretida na que houbo de todo: Bailes, actuacións, campionatos de fútbol sala... Pasámolo xenial!!!

Ah, e os maiores gañaron o torneo de fútbol sala!! Noraboa campións e campionas!!

Deixámosvos o álbum por se queredes descargar algunha das fotos. https://goo.gl/photos/p3zKa2K4Ao5uNynf8

Campo a Través en Maside

O martes 29 de novembro fomos a Maside para disputar a 1ª proba do campionato de Campo a Través, dentro do programa XOGADE. Noraboa a todos os alumnos/as por rematar as súas carreiras!! Mención especial para Carlos, que conseguiu traer unha medalla para Beariz. 

 

 

 

TAEKWONDO

Xornada de Convivencia 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut