O pasado día 9 de xuño renovamos o interior do noso cole para facelo un pouco máis acolledor e bonito. Démoslle luz e cor coa nova decoración e puxemolo un pouco máis á moda.
Lembrámosvos de que, ao igual que en anos anteriores, a partir deste venres 1 de xuño e ata o remate das clases, iniciaremos a xornada continua, polo que o horario de clases do alumnado será de 9:00h a 14:00h.
Recomendámosvos que mañá e os vindeiros días mandedes ao colexio aos vosos fillos e fillas ben abrigados, xa que a caldeira da calefacción hoxe non funcionaba porque, parece ser, que foi encendida nas vacacións de Nadal por persoal alleo ao equipo docente cando nos encontrabamos de vacacións; razón pola cal descoñecemos por qué falla e non puidemos tomar as medidas oportunas antes. O técnico encargado de revisala e arranxala xa está avisado e pasará mañá sobre as 11:00h.
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Poden atopar os formularios no seguinte anexo: