Skip to Content

blogue deadmin

Fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2020/21.

Estimados pais e nais:

 En relación ás axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2020/2021 infórmolles que a orde do 12 de maio (DOG do 19 de maio de 2020) recolle o procedemento polo que se levarán a cabo ambas solicitudes e o procedemento de devolución dos libros, tanto os recibidos do fondo solidario como os adquiridos das axudas do 2019/2020.

 Devolución de libros de texto

Debido as circunstancias motivadas polo COVID- 19, a devolución e recollida dos libros do curso 2019- 2020 poderá realizarse ata o 7 de xullo.

 Participación:

Hai diferentes modalidades :

Os alumnos de 1ºe  2º recibiran axudas para adquisicións de libros e os de 3º,4º,5º e 6º participarán no fondo solidario de libros.

 Os alumnos/as que cursarán 3º,4º, 5º e 6º EP e 1º, 2º 3º e 4º da ESO  no próximo cursousarían os libros  dos alumnos/as dos cursos anteriores e nos cursos que non chegaran habería que completar exemplares mediante adquisición complementaria.

 Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º teñen que mantelos en bo estado porque a final de curso serán devoltos ao Centro para ser reutilizados por outros alumnos/as.

 A continuación poño no voso coñecemento os seguintes datos con respecto á solicitude das axudas para os libros de texto:

Forma de presentación:Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentarana no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 Prazo para a presentación de solicitudes ata o 19 de xuño.

 Documentación:

Solicitude: será única para ambas axudas(libros e material) e para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente e será proporcionada polo centro ou poderase descargar en formato pdf e electrónico na dirección electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía eléctronica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática.

 Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Copia do libro de familia que figuren tódolos membros da unidade familiar
  •  No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar deberá presentarse o documento emitido polo organismo competente que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2018
  •  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou     convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da neno/a.

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DE AXUDAS

Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros: 210 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 6 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria).

 Alumnado con renda per cápita superior a 6000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 4 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria).

 A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en primaria con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros será de 50 euros.

 RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

 Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade  familiar do exercicio fiscal 2018 dividida entre o número de membros computables.

 - Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumarase base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro ( recadro 460);cando non a presentase, teranse en conta os ingresos  de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para ter máis información sobre as ditas axudas poden dirixirse telefónicamente ao Centro ou consultalo no portal educativo www.edu.xunta.es, ou no DOG do día 19 maio de 2020

Listaxes definitivas Fondo Solidario de Libros de Texto curso 2018-2019

A continuación publícanse as listaxes definitivas para o Fondo Solidario de Libros de texto do curso 2018-2019.

 

 

Calendario Escolar curso 2018-2019

De acordo coa Orde do 28 de maio de 2018, pola que se regula o calendario  escolar para Galicia do curso 2018-2019, as clases de Educación Infantil e Primaria iniciaranse o día 12 de setembro de 2018.

 

 

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas axudas do fondo de libros.

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21/05/2018)

PROCEDEMENTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

ED33OB

DOCUMENTO:

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

 

 

DENOMINACION DO CENTRO

CÓDIGO: 32001920

CEIP de Beariz (Beariz-Ourense)

LISTAXE PROVISIONAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Curso: 3º Educación Primaria

Apelidos e nomes do alumno

Libros que recibe

BARROS RODRÍGUEZ, CRISTIAN

6 libros

CENDÓN BUGALLO, SOFÍA

6 libros

VALIÑAS LÓPEZ, MARÍA DOLORES

6 libros

Curso: 5º Educación Primaria

Apelidos e nomes do alumno

Libros que recibe

CENDÓN BUGALLO, ANDREA

6 libros

Curso: 6º Educación Primaria

Apelidos e nomes do alumno

Libros que recibe

BARROS RODRÍGUEZ, ÁNGEL

6 libros

DE LA VEGA RIVAS, MARÍA

6 libros

LOUREIRO GONZÁLEZ, JOSÉ MANUEL

6 libros

OTERO LÓPEZ, ANDREA

6 libros

 

 PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL EXCLUIDOS

 

PROCEDEMENTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

ED33OB

DOCUMENTO:

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS

 

DENOMINACION DO CENTRO

CÓDIGO: 32001920

CEIP de Beariz (Beariz-Ourense)

LISTAXE PROVISIONAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Curso: 6º Educación Primaria

Apelidos e nomes do alumno

Causa da exclusión

LAMAS TREJO, SANTIAGO

Falta de documentación ou validación no centro.

 

 

Libros de texto curso 2018-2019

A continuación publícase a listaxe de libros de texto para o curso 2018-2019.

Listaxe Educación Infantil 

4º Educación Infantil

PAPELIÑOS, EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

EDITORIAL XERAIS

ISBN: 9788499141152

RELIXIÓN: Se llama Jesús. 4 anos

Editorial SM

ISBN: 978-84-675-9852-0

5º Educación Infantil

PAPELIÑOS, EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

EDITORIAL XERAIS

ISBN: 978-84-9914-1237

RELIXIÓN: Se llama Jesús. 4 anos

Editorial SM

ISBN: 978-84-675-9852-0

6º Educación Infantil

PAPELIÑOS, EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

EDITORIAL XERAIS

ISBN: 978-84-9914-1282

RELIXIÓN: Se llama Jesús. 5 anos.

EDITORIAL SM

ISBN: 978-84-675-9854-4

*É aconsellable esperar a que comece o curso para encargar os libros, pois poden existir modificacións.

 

 Listaxe libros Educación Primaria curso.

*Aconséllase non mercar o libro de relixión, ata que comece o curso. 

CURSO

MATERIA

TITULO

ISBN

LINGUA DE EDICIÓN

1º E.P

Ciencias sociais

Ciencias Sociais 1. Aprender é crecer

978-84-678-4713-0

Galego

1º E.P

Ciencias naturais

Ciencias da Natureza 1. Aprender é crecer

978-84-678-4710-9

Galego

1º E.P

Matemáticas

Matemáticas 1. Aprender es crecer

978-84-678-6503-5

Español

1º E.P

Lengua castelá

Lengua 1. Aprender es crecer

978-84-678-4527-3

Español

1º E.P

Lingua galega

Lingua 1. Aprender é crecer

978-84-678-4707-9

Galego

1º E.P

Lingua inglesa

Great Explorers 1. Ed. Oxford

 

Class book:

9780194507080

Activity book:

9780194507011

Inglés

1º E.P

Relixión*

Relixión 1. Aprender é crecer

978-84-678-8651-1

Galego

CURSO

MATERIA

TITULO

ISBN

LINGUA DE EDICIÓN

2º E.P

Ciencias sociais

Ciencias Sociais 2. Aprender é crecer

978-84-678-7703-8

Galego

2º E.P

Ciencias naturais

Ciencias da Natureza 2. Aprender é crecer

978-84-678-7701-4

Galego

2º E.P

Matemáticas

Matemáticas 2. Aprender es crecer

978-84-678-7422-8

Español

2º E.P

Lengua castelá

Lengua 2. Aprender es crecer

978-84-678-7395-5

Español

2º E.P

Lingua galega

Lingua 2. Aprender é crecer

978-84-678-7698-7

Galego

2º E.P

Lingua inglesa

Great Explorers 2. Ed. Oxford

 

Class book:

9780194507301

Activity book:

9780194507226

Inglés

2º E.P

Relixión*

Relixión 2. Aprender é crecer

978-84-667-9961-4

Galego

CURSO

MATERIA

TITULO

ISBN

LINGUA DE EDICIÓN

3º E.P

Ciencias sociais

Ciencias Sociais 3. Aprender é crecer

978-84-678-4946-2

Galego

3º E.P

Ciencias naturais

Ciencias Naturais 3. Aprender é crecer

978-84-678-4942-4

Galego

3º E.P

Matemáticas

Matemáticas 3. Aprender es crecer

978-84-678-6521-9

Español

3º E.P

Lengua castelá

Lingua 3. Aprender é crecer

978-84-678-4938-7

Galego

Lingua galega

Lengua 3. Aprender es crecer

978-84-678-4764-2

Español

3º E.P

Lingua inglesa

Great Explorers 3. Ed. Oxford

 

Class book:

9780194507493

Activity book:

9780194507417

Inglés

3º E.P

Relixión*

Relixión 3. Aprender é crecer

978-84-678-4954-7

Galego

CURSO

MATERIA

TITULO

ISBN

LINGUA DE EDICIÓN

4º E.P

Ciencias sociais

Ciencias Sociais 4. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-8021-2

Galego

4º E.P

Ciencias naturais

Ciencias Naturais 4. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-8017-5

Galego

4º E.P

Lengua castelá

Lengua 4. Aprender es crecer en conexión

978-84-698-0650-0

Español

4º E.P

Matemáticas

Matemáticas 4. Aprender es crecer en conexión

978-84-678-7781-6

Español

4º E.P

Lingua galega

Lingua 4. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-8013-7

Galego

4º E.P

Lingua inglesa

Great Explorers 4. Ed. Oxford

 

Class book:

9780194507684

Activity book:

9780194507608

Inglés

4º E.P

Relixión*

Relixión 4. Apernder é crecer

978-84-678-8029-8

Galego

CURSO

MATERIA

TITULO

ISBN

LINGUA DE EDICIÓN

5º E.P

Ciencias sociais

Ciencias Sociais 5. Aprender é crecer

978-84-678-3515-1

Galego

5º E.P

Ciencias naturais

Ciencias Naturais 5. Aprender é crecer

978-84-678-5053-6

Galego

5º E.P

Lengua castelá

Lengua 5. Aprender es crecer en conexión

978-84-678-3292-1

Español

5º E.P

Matemáticas

Matemáticas 5. Aprender es crecer en conexión

978-84-678-6548-6

Español

5º E.P

Lingua galega

Lingua 5. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-3508-3

Galego

5º E.P

Lingua inglesa

Great Explorers 5. Ed. Oxford

 

Class book:

9780194820493

Activity book:

9780194507783

Inglés

5º E.P

Relixión*

Relixión 5. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-3531-1

Galego

CURSO

MATERIA

TITULO

ISBN

LINGUA DE EDICIÓN

6º E.P

Ciencias sociais

Ciencias Sociais 6. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-3519-9

Galego

6º E.P

Ciencias naturais

Ciencias Naturais 6. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-8308-4

Galego

6º E.P

Lengua castelá

Lengua 6. Aprender es crecer en conexión

978-84-678-8183-7

Español

6º E.P

Matemáticas

Matemáticas 6. Aprender es crecer en conexión

978-84-678-8303-9

Español

6º E.P

Lingua galega

Lingua 6. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-3511-3

Galego

6º E.P

Lingua inglesa

Great Explorers 6. Ed. Oxford

 

Class book:

9780194820509

Activity book:

9780194507981

Inglés

6º E.P

Relixión*

Relixión 6. Aprender é crecer en conexión

978-84-678-3533-5

Galego

 

 

 

 

 

 

Prazos fondo de libros

Estimadas familias:

Informámosvos dos prazos dos procedementos para a participación do fondo solidario de libros e  axudas pra material escolar do curso 2018-2019.

PRAZOS EDUCACIÓN PRIMARIA

Presentación de solicitudes

Ata o 22 de xuño

Devolución dos libros de texto curso 2017-2018

Ata o 22 de xuño

Período de enmenda de solicitudes, de ser o caso

Do 26 de xuño ao 10 de xullo

Publicación de listaxes provisionais de admitidos e excluídos

11 de xullo

Reclamacións ás listaxes provisionais

12-13 de xullo

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos

16 de xullo

Entrega vales para libros (1º e 2º primaria) e material (todos)

16 de xullo

 Recibide un cordial saúdo,

Beariz, xuño de 2018 

 

A Responsable do centro.

 

Festa de fin de curso

O pasado mércores 20 de xuño celebramos no cole a fin do curso cunhas atraccións interactivas e uns talleres de tatuaxes e chapas. Houbo alguén que se emocionou tanto cos talleres que acabou cheo de chapas e tatuaxes. 

Excursión á Cidade da Coruña

O pasado martes 19 de xuño o noso alumnado realizou unha visita cultural á cidade da Coruña. Alí visitaron a Casa das Ciencias e o Planetario, o DOMUS e o Acuario. Foi unha viaxe moi longa, pero os nosos nenos e nenas aguantaron coma campións. Foi un día espléndido no que nos acompañou o bo tempo. 

 

Renovamos o noso cole

O pasado día 9 de xuño renovamos o interior do noso cole para facelo un pouco máis acolledor e bonito. Démoslle luz e cor coa nova decoración e puxemolo un pouco máis á moda.

 

Remate das clases

 

Estimadas familias:

Informámosvos de que o xoves 21 de xuño rematan as clases deste curso escolar. O horario do alumnado será o habitual en xuño, incluíndo servizo de comedor. Ese mesmo día faremos tamén a entrega das notas.

Tamén vos lembramos que os días 21 e 22 de xuño son os últimos para devolver os libros de texto adquiridos pola participación nas axudas do fondo de libros.

Un cordial saúdo,

A Responsable do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut