Skip to Content

blogue deadmin

Maxia en Beariz!!

O pasado venres 10 de novembro veu a visitarnos o Mago Martín!! 

Fixo unha parada especial no noso cole para visitar á nosa mascota da biblioteca, que se chama Barcia, e para animarnos a ler, pero deixounos abraiados cos seus trucos!! Non podíamos crer o que veíamos!! Gustoulle tanto o noso público que ata nos deixou o seu autógrafo asinado nun as de corazóns xigante!!

 

Samaín no cole

O pasado 31 de outubro o colexio foi invadido polo Samaín, de feito chegaron ao colexio moitos espíritos desexosos de aprender moito. As cabazas foron as anfitrionas da festa, pois fixeron gala de variadas artes decorativas. Ademais, os rapaces e rapazas visualizaron unha película e realizaron un obradoiro de manualidades terroríficas. 

Velaí algunhas fotos.

             

Inicio horario outubro

Infórmase ás familias que a partir do 02 de outubro comezamos co horario habitual de 9:30 h a 15:45 h. 

Actualización códigos libros de texto inglés: curso 2017-2018

Libros de texto para inglés 2017-2018

Curso

Titulo

Código ISBN

1º PRIM

GREAT EXPLORERS 1 CB PK

9780194507080

1º PRIM

GREAT EXPLORERS 1 Activity Book

9780194507011

2º PRIM

GREAT EXPLORERS 2 CB PK

9780194507301

2º PRIM

GREAT EXPLORERS 2 Activity Book

9780194507226

3º PRIM

GREAT EXPLORERS 3 CB PK

9780194507493

3º PRIM

GREAT EXPLORERS 3 Activity Book

9780194507417

4º PRIM

GREAT EXPLORERS 4 CB PK

9780194507684

4º PRIM

GREAT EXPLORERS 4 Activity Book

9780194507608

5º PRIM

GREAT EXPLORERS 5 CB REV.

9780194820493

5º PRIM

GREAT EXPLORERS 5 Activity Book

9780194507783

6º PRIM

GREAT EXPLORERS 6 CB REV.

9780194820509

6º PRIM

GREAT EXPLORERS 6 Activity Book

9780194507981

 

Remitimos os códigos actualizados para os libros de texto de inglés deste ano, ao comprobar que os recollidos na lista de xuño están descatalogados.

1º e 2º de Primaria teñen que comprar os dous libros.

4º, 5º e 6º teñen que comprar unicamente o cadernillo: Activity book.

LISTAXE DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO 2017-2018

Adxúntase o listado de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2017-2018. 

 

Día Do libro 2017

O día 25 de abril celebramos no colexio o Día do libro. Dende primeira hora da mañá, varios pais, nais e incluso representantes do Concello, achegáronse ao centro para lerlles aos rapaces algúns contos e historias breves. Moitas grazas pola vosa participación! 

Coma sempre, deixámosvos o enlace ao álbum de fotos para pder descargalas.

https://goo.gl/photos/6arqc3j1vUXYqPax7

O TEMPO EN BEARIZ

O día 19 de abril veu ao centro Noelia Rodríguez, a presentadora do Tempo no Telexornal da TVG. Explicounos cómo funciona un telexornal detrás das cámaras, ensinounos o que eran os satélites, falounos da “maxia” da televisión e, para rematar, ensinounos a facer as nosas propias predicións meteorolóxicas.

 

 

 
 
 
Coma sempre, deixámosvos o enlace ás fotos para que as poidades descargar.
 

CONVIVENCIA BOBORÁS 2017

O bo tempo acompañounos o mércores, día 5 de abril, para visitar aos nosos compañeiros de Boborás un ano máis. Alí nos xuntamos os coles de Beariz, O Irixo, San Amaro e Boborás para celebrar unha convivencia moi divertida e entretida na que houbo de todo: Bailes, actuacións, campionatos de fútbol sala... Pasámolo xenial!!!

Ah, e os maiores gañaron o torneo de fútbol sala!! Noraboa campións e campionas!!

Deixámosvos o álbum por se queredes descargar algunha das fotos. https://goo.gl/photos/p3zKa2K4Ao5uNynf8

DÍA DA ÁRBORE

O día 21 de marzo celebrouse o Día Internacional da Árbore. Para conmemorar este día e entrar en contacto coa natureza, no CEIP de Beariz plantamos unha árbore á que puxemos de nome Camilo. Aquí tedes o noso traballo. 

 

 

Se queredes descargar as fotos, podedes atopalas no seguinte enlace:

https://goo.gl/photos/cqpTRnz3ibo2oHn18

Distribuir contido


by Dr. Radut