Skip to Content

blogue deadmin

DÍA DO LIBRO 2016

Noraboa a María e Nuria por ser as gañadoras do concurso de lector@s da biblioteca municipal!!

 

RECREOS DE NEVE

Aínda que por fin saiu o sol, en Beariz tamén tivemos recreos para xogar coa neve, aquí quedan algúns momentos:

 

RAP DO AMIEIRO - Insua dos Poetas 2016

Este ano celebramos o Día escolar da árbore e a auga por partida dobre. Se hai uns días vos amosamos o que fixemos no centro e como plantamos a Camilo II, o noso carballo, agora ensinámosvos o rap que entre todos creamos para amosarlle ao resto de centros da comarca nesta celebración. Preme no seguinte enlace para saber máis sobre a nosa árbore:

 

https://youtu.be/UEGanCeO8fE

SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA

A semana pasada o CEIP de Beariz tamén celebrou a Semana escolar da Árbore e a Auga, as actividades consistiron na lectura dun conto sobre Dona Pinga e Don Carballo, e despois de facer actividades relacionadas co conto, animámonos a facer un mural sobre unha árbore plasmando os nosos desexos sobre a conservación do medio ambiente nas pingas de auga. Para rematar, plantamos un carballo no xardín do colexio:

 

REPOSTEIROS POR UN DÍA

Durante este trimestre tamén nos puxemos ao outro lado da cociña, esta vez para aprender a facer un postre. Así que, aproveitando que coincidiu co entroido, e que aprendemos sobre algúns doces típicos desas datas, pedímoslle axuda á nosa cociñeira Elsa para facer unhas ricas flores de carnaval. Velaquí tedes o resultado desta actividade, na que, dendo os máos cativos ata os máis maiores tivemos que poñer as mans na masa:

Deporte escolar

EXCURSIÓN A CHANTADA

Onte marchamos todos de excursión a Chantada, alí fixemos un montón de cousas: fomos ver o encoro de Belesar (en realidade, o pouco que a néboa nos deixou ver), e despois subimos ata Garabelos, onde Anxo Moure nos agardaba para contarnos unha chea de contos na cima dunha árbore, xogamos no seu parque entre as árbores, aprendimos sobre distintas especies de árbores, merendamos dentro dun hórreo e ata vimos unha película nunha palleira! Ademais, grazas á axuda de Televinte, a canle de tele local, puidemos ser xornalistas e agarramos o micro para facerlle unhas preguntiñas a Anxo. Neste vídeo podedes ver un resumo do que alí fixemos:

 

https://www.youtube.com/watch?v=RK5DPU4aSMU

 

Por se iso non fose abondo, despois baixamos ata o estudio e alí ensináronnos como é proceso de montaxe dunha nova, e ata nos metemos a gravar a nosa voz para a noticia!:

 

https://www.youtube.com/watch?v=0obF1Es_OgA

 

 

Agardamos que vos guste, nós pasámolo xenial!

SAMAÍN 2015

Distribuir contido


by Dr. Radut