Skip to Content

blogue deadmin

O día da Ilustración e de Castelao

Hoxe fixemos unha visita á Barcia na biblioteca con motivo da celebración do día da Ilustración e do nacemento de Castelao. Alí, recibimos a visita dun escritor do lugar, que se ofreceu a lernos un dos seus relatos para que nós despois o puidésemos ilustrar. Tamén, falamos de Castelao e mesmo comentamos aspectos sobre a súa peza teatral Os vellos non deben de namorarse. Velaí algunhas fotos. 

 

Participamos en Deporte Escolar!!

O pasado 18 de xaneiro participamos na segunda modalidade de Campo a Través en Puzo do Lago de Maside. O día parecía soleado en Beariz, pero ao chegar a Maside a néboa era espesa. Corrimos entre a néboa pero ao final o sol fixo acto de presencia. Aínda que no quedamos entre os primeiros postos, pasamos un bo rato.

No blogue da Agrupación Deportiva Arenteiro tendes acceso ás imaxes do evento e ás clasificacións do noso alumnado en cada categoría. 


Aprendemos sobre os dentes e os seus coidados

O venres 12 de xaneiro viñeron a explicarnos por cantos dentes está formada a dentadura, qué é unha ortodoncia e cómo podemos coidar os nosos dentes. Ademais, por portarnos tan ben déronnos un agasallo moi chulo. 


AVISOS

Estimadas familias:

Recomendámosvos que mañá e os vindeiros días mandedes ao colexio aos vosos fillos e fillas ben abrigados, xa que a caldeira da calefacción hoxe non funcionaba porque, parece ser, que foi encendida nas vacacións de Nadal por persoal alleo ao equipo docente cando nos encontrabamos de vacacións; razón pola cal descoñecemos por qué falla e non puidemos tomar as medidas oportunas antes. O técnico encargado de revisala e arranxala xa está avisado e pasará mañá sobre as 11:00h.

Un saúdo e desculpade as molestias.

A Responsable de centro

Felices Festas!!

Esperamos que pasedes unhas FELICES FESTAS e que o novo ano 2018 sexa moi próspero. 

As clases retomaranse con normalidade o día luns 8 de xaneiro de 2018 

Falamos con Papá Noel!!!

O pasado 19 de decembro fomos á aula CEMIT do Concello de Beariz para ter unha videoconferencia con Papá Noel. Fomos con moita ilusión a pedirlle o que queremos que nos traia por Nadal , porque é mellor decirlle as cousas en persoa que por carta!!! Ao rematar, fomos visitar, como en anos anteriores, a Residencia San Antonio, para ver o Belén que alí poñen e felicitar o Nadal ás persoas maiores alí residentes. 

 

Deporte Escolar

O pasado 30 de novembro participamos na primeira actividade de Deporte Escolar do ano. Consistiu nunha proba de Campo a través en Puzo do Lago - Maside. Os máis pequenos estaban moi emocionados porque era a primeira vez que participaban, os maiores querían correr para entrar en calor. Aínda que non quedamos de primeiros, houbo varios dos nosos rapaces e rapazas que uedaron entre os primeiros 20 clasificados! PARABÉNS!! 

Velaquí algunhas fotos do evento. No seguinte enlace podedes ver as clasificacións e buscarvos nelas: BLOGUE ASOCIACIÓN DEPORTIVA ARENTEIRO

Aprendemos sobre xoguetes non sexistas.

O pasado luns 20 viñeron a darnos unha charla dende a mancomunidade do Carballiño para aprender máis sobre os xoguetes non sexistas, co fin de respectar as preferencias de nenos e nenas en canto a xoguetes. Tamén vimos o vídeo de Oliver Button é unha nena, para concienciar ao alumnado sobre o respecto aos compañeiros/as. 

Co resultado final fixemos un cartel entre todos. 

Magosto, pasado o San Martiño!!

O venres 17 de novembro celebramos no colexio o Magosto. Pasamos un bo rato cuns xogos populares, comimos castañas, cantamos cancións galegas e mesmo fixemos un pouco lume mentres aprendiamos a facer sombreiros de papel.

O día da Biblioteca!!

O pasado 24 de outubro o alumnado do colexio visitou a biblioteca co gallo do seu día de celebración. Ademais, aproveitaron para coñecer a Barcia, a toupa mascota da biblioteca do CEIP de Beariz. Este novo amigo, invitaráos a realizar moitísimas actividades para fomentar a lectura e para aprezar os libros cos que conta Beariz.

Distribuir contido


by Dr. Radut