Skip to Content

blogue deadmin

Axudamos á protectora de animais do Carballiño PACA

O colexio CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo) iniciou unha actividade solidaria de recollida de penso para os animais da protectora do Carballiño. 

Propúxeronnos colaborar tamén para que o día da convivencia, que terá lugar no Irixo a finais de marzo, fagamos unha cadea humana para entregarlle ao persoal da protectora o penso recadado por todos os colexios participantes.

A idea é superar a recadación do ano anterio e, para iso, estaría ben que cada neno trouxese un kilo de penso, para tal fin. É unha actividade completamente solidaria e voluntaria para quen queira participar e axudar aos animais da protectora, polo que non é obrigatorio traer penso. 

Non obstante, animámosvos a participar. 

Xa temos todo isto recadado!!!

 

Aprendemos sobre protección civil

Onte visitaronnos os nosos amigos da Brigada de Protección Civil de Beariz para darnos unha charla sobre cómo actuar en caso de emerxencia. Explicáronnos sobre as situacións de risco ás que nos podemos enfrontar no centro ou na casa como poden ser un incendio ou unha ferida sangrante. Tamén nos avisaron a qué número chamar: 112. 

Tamén nos ensinaron o camión de bombeiros e mesmo nos deixaron probar os extintores para saber manexar un se nos vemos na necesidade.

Velaí unhas fotos. 

Días non lectivos

Lembrámosvos que os días 12, 13 e 14 de febreiro serán días non lectivos, polo que non haberá clase. As clases retomaranse con normalidade o día 15 de febreiro

Un saúdo e bo Entroido.

A responsable de centro.

Entroido, por fin!!

O venres 9 de febreiro celebramos no cole o Entroido. Todos e todas nos disfrazamos de superheroes con disfraces que fixemos nós mesmos. Esperamos a que amainara a choiva e puidemos saír a desfilar polo pobo. Fomos á Casa do Concello, ao Centro de Saúde, á Residencia de Anciáns, ao supermercado e á panadería. Divertímonos moito. 

Xoves de comadres!!

O pasado xoves 8 de febreiro celebramos o xoves de comadres. Hoxe tocoulle ás rapazas perseguir aos rapaces para quitarlles as súas comadres. Aínda que as rapazas esforzáronse por atrapalos, os rapaces tiveron máis aguante e varios conseguiron conservar a súa comadre. Todas e todos pasamos un bo rato. 

Velaí algunhas fotos. 

Suspensión de clases por climatoloxía adversa

Ante a climatoloxía adversa de hoxe pola mañá, e tras consultar ao sevizo de transporte que nos avisou de que "dadas as condicións da estrada existe risco importante e non se pode facer o servizo de transporte", infórmase á comunidade educativa de que hoxe día 07 de febreiro de 2018 non haberá clase.

Un saúdo,

A responsable de centro.

Procedemento de Admisión curso 2018-2019

O pasado 1 de febreiro abriuse o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018-2019, incluíndo os seguintes prazos que debedes seguir: 

CALENDARIO DO PROCESO

PROCEDEMENTO

PRAZO

1.     

Reserva de praza en centros adscritos (IES Chamoso Lamas de O Carballiño)

1 – 15 de febreiro de 2018

2.     

Publicación de postos escolares vacantes

28 de febreiro de 2018

3.     

Presentación de solicitude de admisión

1-20 de marzo de 2018

4.     

Presentación documentación baremo: só en caso de non haber prazas suficientes.

23 marzo – 09 abril de 2018

5.     

Publicación das listaxes provisionais admitidos

Reclamacións: do 25 ao 3 de maio

24 de abril de 2018

6.     

Publicación das listaxes definitivas admitidos

Reclamacións: do 15 de maio ao 15 de xuño

14 de maio de 2018

7.     

Formalización da matrícula Educación Infantil e Educación Primaria.

20 – 30 de xuño de 2018

Aclaracións importantes:

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro onde solicite a praza. No caso de non facelo implicará a perda de dereitos que lle correspondan.
  • O alumnado con garantía de permanencia no centro deberá comunicar ao centro de orixe, neste caso o CEIP de Beariz, se presenta solicitude de admisión noutro centro.
  • O alumnado con praza reservada nalgún centro deberá comunicar a ese centro, se presenta a solicitude de admisión noutro distinto.

A Normativa reguladora do proceso de admisión de alumnado é a seguinte:  

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión de alumnado en centros docentes.
  • ORDE o 12 de marzo de 2013, que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017, que modifica a Orde 12 de marzo de 2013.

INFORMACION PARA O ALUMNADO DE 6º NO SEGUINTE ENLACE

Postos escolares ofertados para o curso 2018-2019:

Educación Infantil

Educación Primaria

4º EI: 10

5º EI: 4

6º EI: 3

1º EP: 1

2º EP: 1

3º EP: 1

4º EP: 1

5º EP: 1

6º EP: 1

 Adscricións

 O CEIP de Beariz está adscrito ao IES Manuel Chamoso Lamas, do Carballiño.

Non ten centros adscritos.

Servizos complementarios que oferta o CEIP de Beariz:

  • Comedor Escolar: Instrución 4/2017 do 30 de maio de 2017.
  • Transporte Escolar: Instrución 6/2017 do 30 de maio de 2017.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 

O pasado 1 de marzo iniciouse o prazo para a entrega de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2018-2019.

Para realizar dita entrega tendes varias opcións:

  • Cubrir a man e entregar no CEIP de Beariz o formulario ED550B antes do 20 de marzo.
  • Cubrir o mesmo formulario ED550B a través da aplicación informática admisión alumnado  do portal da Consellería de Educación e entregalo no CEIP de Beariz antes do 20 de marzo.
  • Tamén o podedes cubrir na aplicación  admisiónalumnado e entregalo en calquera rexistro das Administración  Públicas de acordo a Lei 39/2015 do 1 de outubro, incluíndose por vez primeira  a entrega na SEDE ELECTRÓNICA, antes do 20 de marzo.

Poderedes consultar o estado da vosa solicitude na aplicación de admisiónalumnado co código da solicitude e o DNI da persoa solicitante.

 Máis abaixo tendes o anexo II (modelo ED550B de solicitude de admisión) para descargar, así como os manuais  para o uso da aplicación admisiónalumnado por se a queredes empregar. 

 

 Para calquera dúbida podedes porvos en contacto co centro en persoa, por teléfono ou por medio de correo electrónico.

Información alumnado de 6º de Primaria

O pasado 1 de febreiro abriuse o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018-2019, incluíndo os seguintes prazos que debedes seguir e cumprir:

  • ·         Reserva de praza no centro adscrito (IES CHAMOSO LAMAS): do 1 ó 15 de febreiro.
  • ·         Lista reservas admitidas: 28 de febreiro.
  • ·         Solicitudes de admisión: do 1 ó 20 de marzo.
  • ·         Lista provisional admitidos: 25 de abril.
  • ·         Reclamacións lista provisional: 25 de abril ó 3 de maio (resolve a Dirección do IES)
  • ·         Lista definitiva admitidos: 15 de maio.
  • ·         Reclamacións: do 15 ó 19 de maio (resolve a Inspección)

Así pois para realizar a reserva de praza no instituto tendes varias opcións:

  • Cubrir a man e entregar no CEIP de Beariz o formulario ED550A antes do 15 de febreiro.
  • Cubrir o mesmo formulario ED550A a través da aplicación informática admisión alumnado  do portal da Consellería de Educación e entregalo no CEIP de Beariz antes do 15 de febreiro.
  • Tamén o podedes cubrir na aplicación  admisión alumnado e entregalo en calquera rexistro das Administración  Públicas de acordo a Lei 39/2015 do 1 de outubro, incluíndose por vez primeira  a entrega na SEDE ELECTRÓNICA, antes do 15 de febreiro.

Poderedes consultar o estado da vosa solicitude na aplicación de admisiónalumnado  co código da solicitude e o DNI da persoa solicitante.

 Máis abaixo tendes o anexo I (modelo ED550A de reserva de praza) para descargar, así como os manuais para o uso da aplicación admisiónalumnado por se a queredes empregar. Tamén teredes un enlace á paxina web do IES Chamoso Lamas coa información sobre o proceso de admisión dese centro.

 De todos modos, tentaremos informarvos de calquera novidade no referente ao proceso de admisión coa maior brevidade posible.

 

ANEXO I: MODELO ED550A para a reserva de praza

ENLACE Á APLICACIÓN WEB ADMISIÓN ALUMNADO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

ENLACE Á WEB DO IES MANUEL CHAMOSO LAMAS 

DOCUMENTO ADXUNTO I: Manual de isntrucións aplicación admisión de centros para a reserva de praza

 

ANEXO II: MODELO ED550B para a solicitude de admisión (1-20 de marzo)

DOCUMENTO ADXUNTO II: Manual de instrucións aplicación admisión de centros para a solicitude de amisión.

 

No caso de que haxa máis oferta de prazas que de reservas, o alumnado matricularase directamente seguindo os prazos e formas que indique o instituto. Ademais, a vosa matrícula será vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, a menos que se renuncie por escrito á praza reservada antes do inicio do prazo de admisión.

No caso de que haxa máis reservas que oferta de prazas, o alumnado presentará o Anexo II ED550B no IES CHAMOSO LAMAS na forma e prazos indicados. Tamén, dous días despois do remate do prazo de admisión e durante 10 días hábiles teredes que enviar a documentación para o baremo. 

 

 

 

Día de Compadres no colexio

O xoves 1 de febreiro celebramos no colexio o Xoves de Compadres, unha tradición ourensá típica do Entroido, na que as rapazas deben correr cos seus "compadres" evitando que os rapaces llos quiten e destrocen. As rapazas demostraron ter moito aguante.

Pasámolo moi ben!!

Pola Paz no mundo

Hoxe celebramos o día da Paz e para iso reunímonos todos e elaboramos un mural reutilizando os tapóns de botellas de plástico. A través do mural puidemos reflexionar que o mundo precisa paz e que esta paz conseguese traballando xuntos e respectando as nosas diferenzas. Despois elaboramos unhas botellas cunha mensaxe na que explicabamos qué era a paz para cada un de nós. Obtivemos unhas reflexións moi interesantes.  Aquí tendes algunhas fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut