Skip to Content

blogue deadmin

ENTROIDO 2017

Chegou o Entroido a Beariz, e os mosqueteiros saíron a celebralo pola aldea.

Nenos e nenas, profes, nais (e ata algunha avoa) se animaron a participar nesta festa tan divertida para todos. Visitamos a residencia de maiores, a farmacia, o Centro de Saúde e o Concello, pasando por algúns establecementos do lugar. 

Pasámolo todos xenial!! Esperámosvos o ano que vén!

 

Deixámosvos o enlace por se queredes descargar as fotos da presentación de abaixo e algunha que outra máis:

https://goo.gl/photos/YwbTaUfE6kbb5QWL9

 

DÍA DA PAZ 2017

O luns 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

Todos xuntos lemos un manifesto a favor da Paz e fixemos un mural na biblioteca para conmemorar este día. 

 

CUMPLES NO 1º TRIMESTRE

Durante o Primeiro Trimestre tivemos varios cumples no cole. Parabéns a Santi, Leonardo, Carlos, Nuria e María!! Aquí están as fotos das celebracións. Que ricos estaban todos os pasteis!!

 

 

 

Campo a Través en Maside

O martes 29 de novembro fomos a Maside para disputar a 1ª proba do campionato de Campo a Través, dentro do programa XOGADE. Noraboa a todos os alumnos/as por rematar as súas carreiras!! Mención especial para Carlos, que conseguiu traer unha medalla para Beariz. 

 

 

 

Casa do Patrón

O martes día 15 fomos a visitar a Casa do Patrón en Lalín. Aprendemos a debullar o millo e a facer pan. Estaba riquísimo! Tamén coñecemos como vivían os nosos avós e as ferramentas que empregaban. 

 

 

Magosto 2016

SAÍDA POR BEARIZ

En Beariz, fóra do colexio, tamén se poden aprender moitas cousas. Para que vexades, esta semana puidemos ver de primeira man como é o proceso de elaboración do mel, explicáronnos o funcionamento dunha estación metereolóxica, visitamos unha plantación de árbores típicas galegas e, para descansar de tanto traballo, aproveitando un dos primeiros días sen choiva do ano, comemos ao aire libre na área recreativa de Barcia, que está ao lado do colexio. Foi un día diferente, interesante e divertido, así que só nos queda agradecerlle a Marta a súa axuda na organización, a Roberto por ensinarnos tantos tipos de árbores, á nosa cociñeira Elsa que tan ben nos coida e, por suposto, ao señor Julio por ensinarnos con tanto detalle a súa granxa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut