Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2020/21.

Estimados pais e nais:

 En relación ás axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2020/2021 infórmolles que a orde do 12 de maio (DOG do 19 de maio de 2020) recolle o procedemento polo que se levarán a cabo ambas solicitudes e o procedemento de devolución dos libros, tanto os recibidos do fondo solidario como os adquiridos das axudas do 2019/2020.

 Devolución de libros de texto

Debido as circunstancias motivadas polo COVID- 19, a devolución e recollida dos libros do curso 2019- 2020 poderá realizarse ata o 7 de xullo.

 Participación:

Hai diferentes modalidades :

Os alumnos de 1ºe  2º recibiran axudas para adquisicións de libros e os de 3º,4º,5º e 6º participarán no fondo solidario de libros.

 Os alumnos/as que cursarán 3º,4º, 5º e 6º EP e 1º, 2º 3º e 4º da ESO  no próximo cursousarían os libros  dos alumnos/as dos cursos anteriores e nos cursos que non chegaran habería que completar exemplares mediante adquisición complementaria.

 Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º teñen que mantelos en bo estado porque a final de curso serán devoltos ao Centro para ser reutilizados por outros alumnos/as.

 A continuación poño no voso coñecemento os seguintes datos con respecto á solicitude das axudas para os libros de texto:

Forma de presentación:Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentarana no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 Prazo para a presentación de solicitudes ata o 19 de xuño.

 Documentación:

Solicitude: será única para ambas axudas(libros e material) e para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente e será proporcionada polo centro ou poderase descargar en formato pdf e electrónico na dirección electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía eléctronica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática.

 Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Copia do libro de familia que figuren tódolos membros da unidade familiar
  •  No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar deberá presentarse o documento emitido polo organismo competente que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2018
  •  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou     convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da neno/a.

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DE AXUDAS

Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros: 210 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 6 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria).

 Alumnado con renda per cápita superior a 6000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros (1º e 2ª de Educación Primaria) e 4 libros de texto (3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria).

 A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en primaria con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros será de 50 euros.

 RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

 Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade  familiar do exercicio fiscal 2018 dividida entre o número de membros computables.

 - Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2018, sumarase base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro ( recadro 460);cando non a presentase, teranse en conta os ingresos  de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para ter máis información sobre as ditas axudas poden dirixirse telefónicamente ao Centro ou consultalo no portal educativo www.edu.xunta.es, ou no DOG do día 19 maio de 2020



blog | by Dr. Radut