proxecto documental integrado

IMPLICADAS

Hoxe no noso cole tivemos a sorte de contar coa visita de Susana Sánchez Aríns

integrante da ONG "IMPLICADAS", unha ONGD galega, crítica e feminista que basea o seu

traballo na procura da igualgade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable.

Aquí vos amosamos unha mostra do seu paso polo noso centro.

 

 

 

 

 

Alumnos/as coas prendas típicas das mulleres de Tiruchy (India)

 

 

Se queremos podemos!

 

Por fin chegaron as vacacións de Semana Santa, estabamos desexándoo, porque despois de este duro trimestre boa falta nos facía 

este merecido descanso.

E como remate e seguindo co noso proxecto "EN FEMININO", hoxe tivemos a sorte de contar coa visita dunha muller que leva a cabo unha profesión "considerada de homes". Visitounos Saly Torres Nogueira, quen con esforzo e tesón e co apoio do seu pai, conseguiu desempeñar a profesión que realmente lle gustaba : "palista".

Disfrutamos moito da súa compaña e animounos a todos e todas a non abandonar  os nosos soños. O seu lema era: " traballo, esforzo e ilusión", e di que con eses ingredientes podemos conseguir ata onde desexemos.

Para rematar Saly preparou o campo de arriba e plantamos árbores frutais.

Agradounos moito a súa visita , porque ademais de palista e actriz como afección é moi boa comunicadora

Grazas Saly

 

 

 

 

 

Día da poesía!

Celebramos o Día da POESÍA!!

Para conmemorar o DÍA DA POESÍA, achegouse ao noso cole o profesor xubilado e escritor estradense DAVID OTERO para realizar un obradoiro de poesía cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º. Gustounos moito a experiencia. Volveremos a repetila co alumnado de infantil, 1º e 2º.

MOITAS GRAZAS DAVID!

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro celebramos o entroido na escola. Como xa sabedes este ano o noso PDI é "ALOUMIÑOS DE MEL" así que centramos o entroido na temática do mel.

Na aula de tres anos disfrazáronse de osos:

 os de tres anos disfrazados de osos

 

Os nenos e as nenas de 4 e 5 anos de abellas:

 4 e 5 disfrazados

 

Na aula de 1º de flores:

Seguimos as comandas de Liatantoscontos

Os nenos e nenas da aula de 3 anos mirabamos todos os días as comandas de Liatantoscontos e como a queremos moito sempre lle facemos caso.

 

Aquí tendes unha pequena mostra:

 

ÁRBORE e POSTAIS DE NADAL 2015

Este ano celebramos no noso cole o Nadal tendo como referencia o PDI, que como sabedes, este ano é "ALOUMIÑOS DE MEL".

 

Proba diso aí vos queda unha fotografía da nosa orixinal árbore de Nadal.

 

Tamén nestas datas e como todos os anos organizamos no cole o Concurso de Postais de Nadal. Xa imos pola V edición, aquí vos queda unha mostra dos traballos presentados.

 

árbore nadal postais

 

Liatantoscontos

 

Powered by Drupal - Design by artinet