Skip to Content

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros

 

Xunta de Galicia


Peche dos centros educativos a partir do LUNS 16/03/2020

 

Dende o luns día 16 de marzo todos os centros educativos galegos permanecerán pechados en todos os níveis educativos durante catorce días, polo que non se permitirá o acceso ao mesmo.


O venres 13 de marzo, os centros educativos permanecerán abertos pero a asistencia do alumnado será voluntaria por decisión dos seus pais/nais .
Calquera outra novidade será comunicada inmediatamente a través DA NOSA PÁXINA WEB.

 

Benvidos ao CEIP Carlos Cid Arregui

 

 

 


 

  

 

 

 

 

 

 


 

5/6/19

O mércores 5 de xuño na clase de infantil recibimos a visita da Bruxa Catuxa, que nos sorprendeu cunha fantástica exhibición de luces e sombras. Comezamos cun conto de bruxas e moita maxia, no que participamos descubrindo o bonito arte das sombras chinesas, e a continuación realizamos un obradoiro no que aprendemos a facer espectaculares efectos fosforescentes.

Se queredes admirar este obradoiro de luces e sombras, premede aquí.

 


 

3/6/19

Gozando das semanas da froita, xenial!

 


 

31/5/19

O venres 31 de maio gozamos da visita da recoñecida contacontos asturiana Olga Cuervo, que fixo as delicias dos nosos alumnos coas súas marabillosas e divertidas historias.

Se queredes ver como gozamos desta fenomenal contacontos, premede aquí.

 


 

23/5/19

O xoves 23 de maio visitamos a veciña comarca da Baixa Limia para coñecer unha das "Portas do Xurés", concretamente a do concello de Lobeira, que conforman unha rede de centros de interpretación co obxectivo de amosar o patrimonio cultural e natural dos concellos ás beiras do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta "Porta" versa sobre a etnografía da comarca e está dedicada á memoria do autor ourensán Xaquín Lourenzo "Xocas", moi vinculado á zona. Tamén tivemos tempo para relaxarnos xunto ao río Pacín, fermosa paraxe do concello de Entrimo.

Se queredes ver a beleza da Baixa Limia, premede aquí.

 


  

16/5/19

Na tarde do xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celebramos a nosa homenaxe ao autor pontevedrés Antón Fraguas, figura destacada nesta edición. Fixemos un percorrido ao longo da súa obra e coñecemos as súas facetas como historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo da nosa terra. Para rematar, lembramos algunhas das palabras máis bonitas da nosa fermosa lingua e gozamos do noso himno, marabillosamente interpretado nas frautas dos nosos alumnos de 6º.

Se queredes ver como lembramos a Antón Fraguas, premede aquí.

 


 

16/5/19

O xoves 16 de maio os alumnos de infantil, 1º, 2º e 3º visitamos a Escola de Música da Limia en Xinzo de Limia. Nesta entretida mañá coñecemos as instalacións e profesores desta fenomenal escola así como os instrumentos cos que ensinan a apaixonante arte da música. No noso percorrido polas aulas descubrimos as diferentes familias de instrumentos de vento, corda e percusión, as súas características e o seu peculiar son... E tamén experimentamos e creamos os nosos propios acordes! 

Se queredes ver a nosa visita á ESMULI, premede aquí.

 


 

13/5/19

O luns 13 de maio os nosos alumnos de infantil gozaron no Auditorio Municipal de Ourense coa divertida obra de monicreques "Guyi-Guyi", da compañía murciana Periferia Teatro. Guyi-Guyi é un crocodilo que por azar foi nacer nunha familia de parrulos e pouco a pouco vai descubrir a súa identidade nunha aventura chea de valores positivos.

Se queredes ver que ben o pasamos no teatro, premede aquí.

 


 

10/5/19

O venres 10 de maio os nosos alumnos de infantil, 1º, 2º e 3º visitaron o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa no castro de San Cibrao de Las, un dos xacementos da cultura castrexa máis importantes da nosa comunidade ubicado entre os concellos de San Amaro e Punxín. Comezamos a mañá coñecendo a vida, cultura e costumes dos castrexos nuns entretidos obradoiros, así como a apaixonante labor dos arqueólogos que traballan investigando o noso pasado. Finalmente fomos percorrer o castro para coñecer no terreo o modo de vida que tiñan os nosos antepasados nestes lugares.

Se queredes ver como investigamos o noso pasado castrexo, premede aquí.

 


 

3/5/19

O venres 3 de maio os nosos alumnos de infantil, 1º e 2º visitaron a Sala de Exposicións Afundación de Ourense para coñecer a obra do pintor ourensán Antonio Quesada na mostra "Dende o sentimento". Alí puidemos gozar da fermosa e persoal interpretación da paisaxe deste recoñecido artista da nosa terra e participar no entretido obradoiro de pintura "Busca, observa e captura!", onde aprendemos as claves do paisaxismo.

Se queredes ver como gozamos do arte da nosa terra, premede aquí.

 


 

29/4/19

O luns 29 de abril recibimos a visita do ilustrador, escritor e deseñador vigués Anxo Fariña, co que descubrimos algúns dos segredos do seu apaixonante arte. Nesta amena xornada todos os nosos alumnos coñeceron a faceta creativa do deseño de personaxes e das estratexias para plasmar no papel as nosas creacións, nas que nós mesmos podemos ser os protagonistas!

Se queredes ver como aprendemos a debuxar cos mestres, premede aquí.

 


 

25/4/19

O xoves 25 de abril todos os nosos alumnos gozaron dunha fantástica sesión de contacontos cortesía da editorial Vicens Vives, na que eles mesmos formaron parte de divertidísimas historias cheas de valores positivos.

Se queredes ver como aprendemos valores a través dos contos, premede aquí.

 


 

24/4/19

O mércores 24 de abril recibimos a visita do escritor ourensán Xoán Babarro e da súa dona, a tamén escritora Ana María Fernández. Nesta entretida mañá os alumnos de 4º, 5º e 6º escoitaron, contaron e participaron no máxico mundo dos contos e historias desta prolífica parella de autores. Unha experiencia xenial!

Se queredes ver como gozamos da boa literatura, premede aquí.

 


 

23/4/19

O Método do Algoritmo Baseado en Números (ou Método ABN) é un innovador sistema didáctico que fomenta o cálculo mental empregando obxectos cotiáns, coma escarvadentes ou botóns, que resulta moi sinxelo, atractivo e eficaz dende idades moi temperás. Na aula de 1º pasámolo xenial aprendendo matemáticas!

Se queredes ver como aprendemos a calcular co ABN, premede aquí

 


 

12/4/19

O venres 12 de abril, véspera das tan agardadas vacacións de Semana Santa, os alumnos e alumnas de Infantil remexeron ben polo colexio para atopar un doce premio ao remate dun largo trimestre de duro e frutífero traballo!

Se queredes ver como procuramos doces de Pascua, premede aquí.

 


  

10/4/19

O mércores 10 de abril os alumnos de Infantil e 6º visitamos o forno tradicional Faragullas no veciño pobo de Mosqueiro, onde coa axuda da experta panadeira Carmen aprendemos a facer os mellores pans artesáns con ingredientes naturais e ecolóxicos. Chegamos ao forno dando un paseo para abrir o apetito e enseguida entramos en fariña: primeiro elaboramos uns saborosos bolos con sementes, e mentres cocían preparamos unha suculenta pizza cunha fantástica base de fariña de centeo integral coa que enchemos ben o bandullo. Tras despedirnos de Carmen, fomos ao parque do pobo onde pasamos un intre do máis divertido antes de emprender o camiño de volta ao noso cole. Unha experiencia xenial!

Se queredes ver aos expertos panadeiros do noso cole, premede aquí.

 


 

13/3/19

O mércores 13 de marzo os nosos alumnos de 3º, 4º e 5º participaron na entretida actividade "Pupas, sustos e outros desgustos", promovida polo SERGAS co obxectivo de instruír aos escolares no eido dos primeiros auxilios. Nesta sesión os nosos alumnos aprenderon e practicaron cuns singulares "doentes" as primeiras atencións esenciais en caso de accidente ou enfermidade.

Se queredes ver como aprendemos primeiros auxilios, premede aquí.

 


 

13/3/19

O mércores 13 de marzo os nosos alumnos Nicolás e Ziortza participaron nas probas comarcais de natación con excelentes resultados, obtendo as medallas de prata das súas categorías. Parabéns campións!

 


 

11/3/19

O luns 11 de marzo os nosos alumnos de 4º, 5º e 6º recibiron unha amena e instrutiva charla con motivo do Día Internacional da Muller. Nesta iniciativa, promovida polo Concello de Xinzo de Limia, os alumnos coñeceron o significado desta data, as súas reivindicacións e as metas que persegue a prol dunha igualdade real e efectiva.

Se queredes ver como traballamos a prol da igualdade, premede aquí.

 


 

1/3/19

O venres 1 de marzo chegou o tan agardado desfile de Entroido polas rúas de Xinzo de Limia. Máis de 1000 nenos e mestres percorreron o centro da vila do Entroido nun día cheo de cor e festa. Entre eles a nosa aguerrida tribo castrexa, que ataviada coas súas mellores galas e exhibindo orgullosa os seus símbolos celtas desfilou co seu castro rodante ao son da mellor música entroideira. Todo un éxito!

Se queredes ver a nosa participación no desfile, premede aquí.

 


 

22/2/19

O venres 22 de febreiro recibimos a visita da Garda Civil para realizar unha xornada de educación viaria no noso colexio. Nesta entretida mañá coñecemos os equipamentos dos axentes de Tráfico que velan por nós nas rúas e estradas, recibimos formación esencial sobre seguridade viaria, e rematamos cunha divertidísima e instrutiva clase práctica de circulación no noso patio na que non faltou nada: sinais, pasos de peóns, "controis", e moito moito tráfico! Unha vez máis queremos expresar o noso agradecemento a Garda Civil pola súa labor coa mocidade.

Se queredes ver que ben o pasamos aprendendo seguridade viaria, premede aquí.

 


 

15/2/19

O venres 15 de febreiro tivemos unha mañá do máis interesante e entretida visitando o Museo Arqueolóxico e o Museo do Tren en Ourense.

Se queredes ver a galería das nosas visitas premede aquí.

 


 

30/1/19

Na tarde do mércores 30 de xaneiro realizamos unha conmemoración moi emotiva do Día da Paz, na que participaron todos os alumnos do noso colexio. Comezaron os alumnos de 4º e 5º, que nos expuxeron unha interesante recompilación de simboloxía relacionada coa paz, dende os antigos celtas até hoxe. Deseguido, cada clase recitou con moito xeito as súas poesías do Día da Paz, especialmente compostas para tan sinalada data. Para rematar, cantamos todos xuntos "A cantarela dos nenos", fermoso poema do autor pontevedrés Xosé Neira Vilas.

Se queredes ver como celebramos o Día da Paz, premede aquí.

 


 

30/1/19

O mércores 30 de xaneiro os nosos alumnos de 5º e 6º asistiron á representación no Auditorio Municipal de Ourense de "Tarzán", unha entretida obra cómica en inglés da compañía Face 2 Face inspirada nas novelas de Edgar Rice Burroughs.

Podedes ver algunhas fotos da nosa visita premendo aquí.

 


 

21-22/12/18

 

Ao rematar o primeiro trimestre chegan as tan agardadas festas do Nadal, e no noso colexio os máis pequerrechos celebramos estas datas ao grande! O xoves quentamos motores cun saboroso chocolate con churros, collendo forzas para os últimos ensaios... Para ofrecer unha actuación fantástica e inesquecible no gran festival do venres, BO NADAL!

Se queredes ver a galería da nosa celebración, premede aquí.

 


 

5/12/18

O mércores 5 de decembro os nosos atletas do CEIP Carlos Cid Arregui disputaron a final comarcal de Deporte Escolar no campo de A Moreira, en Xinzo de Limia, con excelentes resultados. Garantimos unha nutrida presencia na seguinte fase e acadamos o podio en tres ocasións, parabéns campións!

Se queredes ver aos nosos atletas en plena competición, premede aquí.

E se queredes ver o artigo no xornal desde evento, premede aquí.

 


 

28/11/18

O mércores 28 de novembro os nosos alumnos de 1º e 2º asistiron á representación no Auditorio Municipal de Ourense de "A Galiña Azul", fermoso conto obra do noso paisano Carlos Casares. Nesta divertidísima adaptación da compañía Tanxarina gozamos coas aventuras de Lourenzo e a súa galiña azul, nunha bonita historia de solidariedade e respecto á diversidade.

Podedes ver algunhas imaxes da nosa visita premendo aquí.

 


 

26/11/18

Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25N), no noso colexio realizamos durante a semana unha serie de actividades para concienciar ao noso alumnado sobre a igualdade de xénero e promover actitudes positivas neste eido. O alumnado de infantil realizou un precioso mural en colaboración coa FEMURO (Federación provincial de mulleres rurais de Ourense) co lema "Un Paso cara a Igualdade", no que expresamos a importancia de camiñar todos xuntos cara a un futuro de convivencia igualitaria e respectuosa. O alumnado de primaria participou nunha amena e instrutiva actividade promovida polo Concello de Xinzo de Limia, na que coñecemos a realidade da violencia de xénero e as variadas e ás veces sutís formas que adopta na nosa sociedade. Rematamos colaborando na redacción dun "conto viaxeiro" sobre igualdade, que contará coa participación de todos os colexios da nosa comarca.

Se queredes ver a nosa achega á igualdade de xénero, premede aquí.

 


 

14/11/18

O venres 14 de novembro nenos e mestres do CEIP Carlos Cid Arregui saímos a celebrar o tan agardado Magosto, a festa estrela do noso Outono. Con empanada, churrasco e moitas moitas castañas pasámolo xenial grandes e pequenos neste solleiro día!

Se queredes ver o ben que o pasamos no noso Magosto, premede aquí.

 


 

2/11/18

O venres 2 de novembro celebramos no CEIP Carlos Cid Arregui un Samaín de auténtico medo! Polos corredores do noso colexio desfilaron vampiros e vampiresas, bruxas e bruxos, zombis, esqueletos, monstros... E mestres e mestras aterradores! Foi un día moi moi divertido cheo de actividades: comezamos cunha sesión de maquillaxe terrorífico para posar de medo no noso photocall; seguimos con xogos do máis divertido por todo o colexio e despois do recreo saímos a arrepiar o pobo e encher as nosas bolsas de lambonadas co 'Trick or Treat'. Pola tarde gozamos co teatro de 2º antes de asistir a un conxuro maléfico e probar o terrible beberaxe das bruxas do noso cole. Para rematar saímos ao patio e queimamos os nosos medos nun caldeiro máxico, para medrar alegres e sen temores. Un día xenial!

Se queredes ver como o pasamos de medo, premede aquí.

E se queredes ver o noso Samaín en acción...

 


 

29/10/18

O luns 29 de outubro recibimos a visita dun equipo do Ministerio para a Transición Ecolóxica para presentar ao noso alumnado de 4º, 5º e 6º o Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera. Rairiz de Veiga e Vilar de Santos pertencen á Reserva da biosfera Área de Allariz, unha das seis declaradas na nosa comunidade, xunto cos veciños concellos de A Bola e Allariz. Nesta interesante charla os nosos alumnos coñeceron a importancia e responsabilidade de vivir nun contorno protexido de gran importancia e rica biodiversidade, e tomaron contacto coa fenoloxía, a ciencia que estuda a repercusión do clima nos ciclos biolóxicos dos seres vivos, ameazados polo crecente cambio climático.

Se queredes ver como aprendemos a investigar o noso contorno, premede aquí.

 


 

24/10/18

Cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo en 1992. No noso colexio conmemoramos esta data cunha entretida lectura de poemas e contos onde os alumnos foron os protagonistas, visitando os maiores as aulas dos máis pequenos para compartir fermosas historias. Para rematar inauguramos a nova tempada da nosa biblioteca, e presentamos o proxecto dos castros galegos que imos realizar nela ao longo do curso.

Se queredes ver como conmemoramos o Día da Biblioteca, premede aquí.

 


 

11/10/18

O xoves 11 de outubro visitamos o Museo Etnográfico da Limia no veciño concello de Vilar de Santos, con motivo da presentación da exposición "Viaxe polo Mundo das Máscaras", da autora sarriá Mercedes Vázquez Saavedra. Da man do noso inspector e Presidente do Padroado, Delfín Caseiro, do alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, e da propia autora, os nosos alumnos e alumnas coñeceron a maxia que arrodea as máscaras dos "entroidos" e "entrudos" tradicionais galegos e lusos. Tras visitar O Saviñao, Montalegre en Portugal, Celanova e A Veiga antes de arribar á nosa comarca, esta bonita e interesante exposición volverá a finais deste ano ao país veciño para despedirse en Mogadouro.

Se queredes ver como gozamos da exposición e de todo o que ofrece este marabilloso museo, premede aquí.

 


 

8/10/18

Este luns comezamos a traballar na nosa horta plantando uns pouquiños porros coa axuda duns expertos granxeiros de 1º. Moi cedo verémolos medrar sans e fortes a todos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut