Skip to Content

A aula virtual no meu dispositivo

Para facilitarvos a instalación e uso da aula virtual dende distintos dispositivos creamos este videotitorial. Esperamos vos sexa de axuda.

Rematamos o mes con: "Frankestein, treme o misterio..."

O alumnado do centro puido gozar onte dunha experiencia teatral, realizada en streaming para todas as aulas de infantil e primaria, para máis información sobre a obra facede clic aquí. A actividade levouse a cabo nas primeiras horas da mañá, aquí vos deixamos algunhas instantáneas:

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Frankestein, treme o misterio...

Traballamos a importancia do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25N)

Son moitas as actividades levadas a cabo nestas semanas dentro da aula para visibilizar a importancia deste día, entre elas está a elaboración conxunta deste mural que quedará na entrada do centro. Podedes clicar na fotografía para ver o album completo:

Álbum: Celebracións -> 25 de Novembro

Artist@s do magosto!

Ola a todos e a todas!

Xa rematou o magosto e xa toca prepararnos para outra troula, non si? Selado

Pero antes diso é hora de ver as vosas creacións… a verdade e que quedamos abraiad@s, sodes verdadeir@s artist@s!!

Para ver as fermosas castañas que creastes premede AQUÍ.

 Os cómics non quedaron atrás... non nos poden gustar máis!

 

 

Se queredes pasar a lelos podedes achegarvos á biblioteca! 

Distribuir contido


by Dr. Radut