Skip to Content

Celebramos o día de Rosalía de Castro

No día de hoxe 23 de febreiro do 2022 conmemoramos o día de Rosalía, unha celebración que estivemos a preparar con ganas e que foi todo un éxito, para os que non o saibades o programa dito evento foi o seguinte:

1º Kamishibai sobre a vida de Rosalía de Castro (ilustrado polos nenos e nenas de sexto e narrado polos nenos e nenas de quinto) 

2º Intercambio de agasallos sobre Rosalía de Castro (cada aula traballou na creación dun agasallo para este día) 

3º Os pensamentos de Rosalía de Castro (colocamos na nosa horta viaxeira as macetas cos pensamentos que deberemos coidar entre todos a partires de agora) 

Álbum: Celebracións -> Día de Rosalía de Castro

Ampliamos as nosas fronteiras dixitais. Xa segues a nosa conta de Instagram?

Co gaio de dar a coñecer o noso centro e que a comunidade educativa o completo (familias, alumnado, persoal docente e non docente) teña sempre información de primeira man sobre as actividades e proxectos que se levan a cabo no “Carlos Cid Arregui”, estamos ampliando as nosas fronteiras dixitais máis alá nosa web do centro, facendo uso de RRSS, como Instagram que dun xeito moito máis sinxelo e visual permite que a información chegue de xeito moito máis sinxelo e dinámico. Inda non seguides a conta do cole? Escaneade este QR ou buscade o noso nome e comezade a seguirnos!

Debido a esta nova ampliación de fronteiras dixitais, no día de hoxe enviamos un novo modelo de autorización para o tratamento de imaxes que establece o Protocolo de Protección de Datos facilitado pola administración.

  • Porque se solicita autorización de ferramentas dixitais alleas as corporativas?

As ferramentas para as que se solicita consentimento son as estritamente necesarias para o tratamento (almacenamento e transferencia) das imaxes a nivel interno de centro, e nunca fora dos grupos de traballo dos responsables docentes.

  • Publicaranse imaxes nas que saia o meu fillo/filla? 

Si, nas plataformas dixitais corporativas (Web do centro, Galería de Imaxes Coppermine e Aula Virtual Moodle). Pero cabe indicar que as imaxes publicadas nas RRSS serán xeralmente de costas para salvagardar a identidade dos máis cativos, a excepción de que poidan aparecer de vagar durante algunha actividade en streaming (por exemplo nos directos do Instagram) que se leve a cabo durante algún taller, obradoiro ou festival do centro.

 

Aula STEAMM con M de Música.

Aula STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) é unha estratexia educativa que desperta o interese do alumnado pola ciencia, a tecnoloxía e o arte. A través deste sistema pedagóxico, que inclúe conceptos de programación e robótica, aprenderán a resolver problemas mediante a creatividade e a innovación.

Neste curso escolar 2021-22 AFundación achega aos centros educativos unha nova serie de talleres STEAM en clave SOSTENIBLE. Ao noso centro chegou esta mañá a Aula Steam itinerante: STEAMM con doble M de Música:

INFANTIL gozou dun taller de robótica básica «O instrumento mudo que se fixo un nó.

3º PRIMARIA A 6° PRIMARIA gozou dun taller de programación, robótica, e música «DJ Makey Makey»

Aquí podedes ver algunhas instantáneas dos talleres.

Álbum: Talleres e actividades complementarias -> Aula Steam

Dia da paz 2022

O venres a tarde celebramos o día da paz no cole, o tempo acompañounos para poder reunirnos ao aire libre e así poder presentar aos nosos compañeiros todo o traballado realizado nestas semanas: bailes, cancións, maracas, as pombas de Picasso, etc. Ademáis pegamos por clases as flores que faltaban para finalizar o mural da paz colaborativo. Aqui podedes ver algunhas imaxes da celebración.

Álbum: Celebracións -> Día da Paz 2021
Distribuir contido


by Dr. Radut