Blogue de quinif

Calendario escolar e horario do curso 2023-2024

HORARIO DO CENTRO

Dende a Xefatura Territorial de Educación veñen de informar  que o horario do noso Centro será:

de 9:45 a 16:15 de setembro a xuño, ambos os dous incluídos.
Os servizos de comedor e transporte continuarán co funcionamiento habitual.

Deixámovos aquí o calendario do vindeiro curso 23/24 coas datas máis destacadas.

Ábrese o prazo de solicitude do Comedor Escolar

Tagged:  

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para facer uso do comedor escolar no vindeiro curso 2023-24.

Podedes recoller os impresos da solicitude ou ben na secretaría do centro (horario de 10:30 a 13:30 h.) ou ben descargalos neste mesmo anuncio.

Se tedes algún problema coa solicitude non dubidedes en contactar connosco.

festival do 50 aniversario

Tagged:  

como tod@s vós puidestes comprobar, estivemos de festa rachada para celebrar estes primeiros 50 anos da inauguración do Ceip Condesa de Fenosa do Barco, aínda que daquela só éramos a Concentración.

A máis do video que vos poñemos aquí para lembrar quen eramos e quen somos, deixámovos o enlace a unha páxina da nosa aula virtual, onde poderedes ver os vídeos das actuacións dos distintos grupos do colexio.

 

Axudas do Concello para libros e material de Educación Infantil

Tagged:  

A Xunta de Goberno do Concello do Barco de Valdeorras o día 12 de maio de 2022 tomou o acordo de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria para compra de libros e material escolar de segundo ciclo de educación infantil 2023/2024.

Estas bases saíron publicadas no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense” nº 124 do xoves1 de xuño de 2023 para o coñecemento de toda a cidadanía, abríndose o prazo para a súa solicitude dende oDIA 2 DE XUÑO ATA O DIA 30 DE XUÑO DE 2023.
Achégase como adxunto un resumo dos requisitos, así como o Anexo I(solicitude, inclúe a documentación a presentar) e AnexoII (declaración).
As bases os anexos para a solicitude pódense encontrar tamén:

  • No taboleiro de editos dixital na sede electrónica deste Concello: https://www.sede.concellodobarco.org/
  • No departamento de Servizos Sociais, sito na praza do concello nº 1.

Os interesados poderán presentar estas solicitudes:

  1. Rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello do Barco de Valdeorras (https://sede.concellodobarco.org) e
  2. a través do Rexistro de entrada do Concello do Barco de Valdeorras de 9:00 a 14:00 os días hábiles, (situado no edificio nº 2 da Praza do Concello da Vila do Barco).

Para mais información consulta ou aclaración dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais. Praza do Concello nº 1. 32300 TLF: 988320202 Extensión: 2168

Festival do 50 Aniversario

Tagged:  

Copia de programa 50 aniversario 1 de Carmela García Fernández

Aberto o prazo de solicitude de axudas para libros de texto e material escolar

Tagged:  

Na Orde do 10 de maio de 2023, sae publicado o texto da convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo da solicitude vai do 20/05/2023 ao 21/06/2023, ambos os dous incluídos. O número do procedemento administrativo que se corresponde coa orde é ED330B.

O xeito de presentacións das solicitudes será preferentemente electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia, presentando unha solicitude individual para cada un dos seus fill@s), Presencial con asistencia da aplicación (cubrindo os datos na aplicación fondolibros [https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/], imprima os anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo) ou de xeito Presencial Manual, empregando os Anexos I e II da orde da convocatoria (que se anexan a este post) e presentándoos na secretaría do colexio.

 

Trágame Terra 2023

Tagged:  

Deixámovos aquí a versión dixital da nosa revista, adicada, como non podía ser doutro xeito, a Francisco Fernández del Riego a quen a Real Academia Galega adicou a festa das letras deste ano 2023.

Tamén unha boa parte da revista recolle a celebración do 50 aniversario da apertura do noso centro escolar.

Desfrutade coa lectura!

 

Revista Letras Condesa Fenosa by Quini Freixeiro on Scribd

Cumprimos 50 anos

Tagged:  

Como xa moit@s saberedes este curso escolar é o número 50 dende a creación da Concentración Escolar, que traía ao alumnado das escolas unitarias das aldeas da contorna a estudar na cabeceira  do concello.

Co paso dos anos este centro foise convertindo no colexio que hoxe tod@s coñecemos, o Ceip Condesa de Fenosa.

Para celebralo temos unha serie de actos nos vindeiros días que iremos compartindo convosco a través de distintos medios, pero queremos comezar cunha escolma da nosa memoria fotográfica recollida entre membros actuais e pasados da nosa comunidade escolar.

Desfrutade deste paseo polo pasado do colexio, que a fin de contas é o pasado de todos e todas nós.

Feira de proxectos

Tagged:  

Programa Radio Voz

Tagged:  

Deixámovos neste post o programa de Radio que fixemos para RadioVoz dende a nosa emisora no que resumimos as investigacións realizadas dentro do proxecto documental da Enerxía realizado no curso 2022-23.

 

Distribuir contido