Blogue de quinif

A nosa árbore dos enca(o)ntos

Tagged:  

A nosa árbore de libros, símbolo do nosocompromiso coa lectura, xa é unha realidade.

E canda el temos os dous espazos lectores feitos con vimbios hai a penas un mes.

Durante toda esta semana, no tempo en que imos realizar os mercadiños de intercambio de libros, estarán no patio cuberto, na entrada peonil do colexio, lembrando a todos que os libros sempre estarán aí, facendo medrar en nós, igual que unha árbore, o coñecemento, a fantasía e o desfrute.

Día (mellor dito, semana) do libro

Tagged:  

Deixámovos aquí o cartel desta semana na que imos celebrar a festa dun invento que nos fai máis felices, máis sabios e, probablemente, mellores persoas.... o libro.

Comezaremos a semana realizando unha árbore, esta árbore dos enca(o)ntos que aparece no cartel, con libros expurgados da biblioteca.

Logo nos días sucesivos teremos 4 mercadiños de intercambio de libros, cos nosos dólares coa efixie de Francisco Fernández del Riego, autor ao que homenaxeamos merecidamente nas letras galegas deste ano 2023.

Desfrutade desta semana na honra do libro, e lembrade de coidar estas xoias da creación humana, pois como dixo Jorge Luis Borges:

De los diversos instrumentos del hombre, el más asombroso es, sin duda, el libro. Los demás son extensiones de su cuerpo. El microscopio, el telescopio, son extensiones de su vista; el teléfono es extensión de la voz; luego tenemos el arado y la espada, extensiones de su brazo. Pero el libro es otra cosa: el libro es una extensión de la memoria y de la imaginación.

Proxecto educativo 2023

O noso Polo Creativo vai tomando forma no curso do 50 aniversario

Tagged:  

Comezamos unha nova xeira nesta nosa angueira de acadar un ensino de maior calidade para o  noso alumnado, que coincide coa celebración polo 50 aniversario da fundación do noso centro educativo.

Desta volta, e ao abeiro do proxecto de polos creativos, estamos construíndo unha aula onde poderemos poñer a nosa maxinación en marcha e así desenvolver os proxectos, as realizacións audiovisuais, e os deseños que compra facer como apoio aos nosos traballos documentais, e, como non, ás actividades extraescolares que desenvolvemos a cotío.

Tamén queremos que esta aula estea aberta a toda a comunidade escolar, polo que serán benvid@s as nais e pais que queran desenvolver iniciativas nestes campos.

Os polos son lugares de innovación educativa nas que se traballan as competencias STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics -ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas-) mediante a co-creación, a solución de problemas reais e o desenvolvemento do pensamento de deseño.

Así, neste polo contamos cunha zona de deseño e impresión 3D, outra zona cun banco de traballo dotado de ferramentas necesarias para a realización de múltiples pezas, unha zona de creación audiovisual, outra de robótica, e outra de miscelánea onde podemos atopar dende cociña, máquina de coser, máquina de chapas, materiais de e-téxtiles, etc...

Deixámovos aquí esta visita virtual pola aula, que aínda que non estea rematada, xa vai tomando forma.

Espazos lectores con vimbios

Tagged:  

Dentro das actividades da Biblioteca Creativa hoxe tivemos a visita de Julia de la Cal, unha especialista na cestería con vimbios, coa que nos puxemos a fabricar dous espazos lectores nos que participaron todo o alumnado de 4º, 5º  e 6º curso de primaria.
Estes espazos se colocarán polo centro e van servir como pequenas illas de repouso onde podermos ler dun xeito distendido, os libros que iremos colocando nestes relanzos literarios cos que pretendemos seguir promovendo ocasións para achegarnos aos libros.
En fin, un día moi creativo que abrirá novas oportunidades de achegamento á lectura

Nova entrevista sobre a enerxía eólica

Tagged:  

Ola a todas e a todos!

Volvemos a traer unha nova entrega de Dino Radio, desta volta cunha entrevista sobre a enerxía eólica.

Este ano, co gallo do proxecto documental sobre a enerxía, están saíndo moitos programas de Dino Radio cargados de enerxía e sabiduría.

Exposicións sobre a Enerxía

Tagged:  

Co gallo do proxecto sobre a Enerxía que estamos a desenvolver este curso, tócalle agora a quenda das exposicións dos traballos de investigación que teñen realizado o alumnado.

Velaquí os traballos do alumnado de 4ºA.

Desfrutádeos, que aí hai moito do que aprender!

 

Entrevista Hidroeléctrica

Tagged:  

Se o outro día faciamos a nosa entrevista fotovoltáica, sobre os paneis solares e a redución do consumo de combustibles fósiles, hoxe, @s nen@s de 4ºB entrevistamos a un enxeñeiro da empresa Iberdrola, especialista na produción de enerxía hidroeléctrica, quen nos aclarou moitas das dúbidas que tiñamos sobre este tipo de enerxía.

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos para Dino Radio,

 

Programa do Día da Muller

Tagged:  

Velaquí estamos de novo, cun programa cargado de biografías de mulleres senlleiras en todos os campos.

Cada clase do colexio investigou sobre unha muller e fixeron un cartel onde explicaban todo o que descubriron sobre elas, e logo, como non podía ser menos, subiron á radio e gravaron un novo programa de Dino Radio para celebrar este 8 de Marzo e loitar, con todas as nosas forzas, contra da desigualdade e da marxinación que, por desgraza, aínda no século XXI, sofren as mulleres.

Daquela, aquí o noso grauciño de area para rematar con esta vergonza.

Programa do Día da Muller

Tagged:  

Velaquí estamos de novo, cun programa cargado de biografías de mulleres senlleiras en todos os campos.

Cada clase do colexio investigou sobre unha muller e fixeron un cartel onde explicaban todo o que descubriron sobre elas, e logo, como non podía ser menos, subiron á radio e gravaron un novo programa de Dino Radio para celebrar este 8 de Marzo e loitar, con todas as nosas forzas contra da desigualdade e da marxinación que, por desgraza, aínda no século XXI, sofren as mulleres.

Daquela, aquí o noso grauciño de area para rematar con esta vergonza.

Distribuir contido