DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Non Violencia e a Paz.

Escolleuse esta data en memoria de Mahatma Gandhi, líder pacifista da India.

A súa frase “Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño” converteuse nun lema universal contra a violencia.

Estes son algúns dos traballos realizados polas diferentes titorías:

    

 

 

Día da Educación

Xa temos o mural para o Día da Educación, no que expoñemos un pequeno "dicionario" con verbos e imaxes relacionados con esta conmemoración, lembrando o afortunados e afortunadas que somos por ter acceso á Educación, xa que ten un papel fundamental nas nosas vidas.

Podedes ver o interior do Dicionario mundial da educación que fixemos entre as distintas aulas neste formato revista AQUÍ

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O IES DE ARZUA

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Arzúa que o vindeiro curso 2024-25 vaia cursar os seus estudos no IES de Arzúa (centro ao que está adscrito o CEIP de Arzúa) deberá realizar a reserva de praza entre o: 

15 de xaneiro e o 5 de febreiro

(ambos incluídos)

Para tal efecto deberán cubrir o anexo correspondente e entregalo na Secretaría do NOSO CENTRO no horario de ATENCIÓN ÁS FAMILIAS ou envialo polo alumnado, que llo deberá entregar á súa titora.

DESCARGAR ANEXO GALEGO

DESCARGAR ANEXO CASTELÁN

Tamén se poderá solicitar a reserva de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado no menú:

Solicitudes>Reserva>Crear

Lexislación aplicable:

 

NADAL 2023

É TEMPO DE NADAL!

 

Desde o CEIP de Arzúa desexámosvos que este Nadal traia moito amor, paz e esperanza para todos e todas... e que os vosos mellores desexos se cumpran para o ano que se aproxima!

Postal de Nadal feita polo alumnado de 6º de Educación Infantil.

 

Videofelicitación de Nadal feita polo alumnado de 4º A e B de Educación Primaria con traballos de todos os nenos e nenas do colexio.

 

 Tivemos a visita do Apalpador, que visitou a todos os rapaces e rapazas polas súas aulas.

Grazas á ANPA O FORMENTO por facelo posible.

 

E tamén tivemos a visita dos Reis Magos, que recibiron aos máis cativos e cativas no salón de actos.

 

Grazas á ANPA XERMOLOS por facelo posible.

 

FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!

O ALUMNADO DE 4º EP VISITA O MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

Despois de chegar ao Museo e tomar un pequeno almorzo, comezamos a nosa aventura.

Repartímonos en dous grupos e, dentro de cada un, fixemos outros cinco grupos máis pequenos. Coa axuda das nosas guías, fomos percorrendo as distintas plantas. Como a temática escollida era a natureza, detivémonos diante das pinturas de Rubens e Luís Seoane, para ir completando un traballo que nos encomendaron. 

Estas son as nenas e nenos de 4ºB:

  

 

 

 

Estas son as nenas e os nenos de 4º A:

 

 

 

 

Contacontos de Nadal polo voluntariado da Biblioteca

Este ano de novo contamos coa axuda do voluntariado da Biblioteca escolar para realizar un contacontos coa temática do nadal, neste caso para os nenos e nenas de Educación Infantil.

O conto escollido foi A familia de Basilia, unha historia na que falamos do que é verdadeiramente importante nestas festas: pasar tempo cos amigos e a familia.

 

 a familia de basilia-gracia iglesias-sara sanchez-9788418753336    

  

  

 

Moitas grazas polo voso esforzo! Para finais de curso prepararemos outra divertida historia coa axuda dos voluntarios e voluntarias que non puideron participar neste.

VISITA Á RESIDENCIA SAN JOSÉ DE ARZÚA

Esta mañá, 20 de decembro, fixemos unha saída co alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria para visitar a Residencia San José de Arzúa. As nenas e nenos do noso colexio, prepararon unhas panxoliñas con moito agarimo, para cantárllelas aos anciáns desta Residencia.

Cando atravesamos a porta do centro, cada neno e cada nena foise sentando no chan, esperando a súa quenda para cantar. Ao sinal da profe Cristina foron intervindo e deleitando aos que estaban presentes coas súas cancións e coreografías. 

Estas fotos corresponden a distintos momentos da actuación.

  

 

   

Unha vez rematada a actuación, un grupo de residentes interpretou un par de panxoliñas e o noso alumnado transformouse, durante un intre, en espectador.

 

Foi marabilloso presenciar este encontro de dúas xeracións que compartiron emocións e sentimentos arredor destas festas tan entrañables e familiares.

Para finalizar este acto, fíxoselle entrega a cada residente dunha postal elaborada polo alumnado  do noso colexio e eles e elas entregáronnos unha manualidade.Tamén ao despedirnos, repartiron uns caramelos e piruletas que fixeron as ledicias de todos e todas.

Moitas grazas a Residencia San José por acollernos tan ben e permitirnos compartir un anaco do voso tempo! E, como non, moitas grazas tamén á nosa compañeira Cristina por preparar estas panxoliñas cos nenos e coas nenas de 4º, 5º e 6º!!

De volta no noso colexio, repetimos a actuación para que puidera vela o alumnado de E.Infantil, 1º, 2º e 3º de E.Primaria. Estas fotos foron sacadas no salón de actos do noso centro.

 

 

 

  

MODELO CARTA REIS MAGOS

Achegándonos ás vacacións de Nadal, hai que buscar un intre para escribir a carta ás súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente. Deixámosvos aquí un modelo de carta que podedes imprimir.

Preme aquí

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Sabías que un de cada dez nenos é un neno con discapacidade?

As persoas con discapacidade foron historicamente marxinadas. Cómpre redobrar e acelerar os nosos esforzos para integralas na sociedade e axudarlles a conseguir as súas metas.

O noso mural colectivo, que leva por título, “A diversidade enriquece”, quere ser unha homenaxe a todos estes superheroes e a todas estas superheroínas que están aquí para regalarnos sorrisos, abrazos, agarimos… e cos que queremos compartir unha morea de retos e aventuras. Quixemos destacar todas esas cousas que elas e eles son capaces de facer, aínda que a súa discapacidade ás veces llo pon moi difícil. 

 

 

 

Proxecto artístico de 5º de EP

Este curso escolar, a materia de EPV para 5º de Primaria está enfocada en mulleres artistas e pintoras de diferentes épocas e partes do mundo, e para o 1º trimestre, os alumnos e alumnas traballaron nun proxecto moi complexo no que tiñan que mesturar acuarelas, rotuladores e emocións. 

Tras falar brevemente de Helen Frankenthaler e Yayoi Kusama e ver obras de estas artistas, inspirámonos nos dous estilos abstractos (con acuarelas e patróns ou puntos) para representar o que sentimos e o que comprendemos cando falamos de multiculturalidade, igualdade, solidariedade, e da importancia de respetar as diferentes culturas do mundo. Como banda sonora tivemos a canción "We are the others" de Miyavi que estamos a traballar na materia de Música.

Deixámosvos por aquí un collage con todos os proxectos rematados, tendo en conta que o fixeron con acuarela e o escáner non capta ben as cores pouco intensas:

 

Powered by Drupal - Design by artinet