SAMAÍN

Na noite do 31 de outubro, as portas do máis alá ábrense para que os mortos visiten o mundo dos vivos.

Esta é unha tradición celta que conta con máis de 3000 anos.

Samaín significa “fin do verán”. Era unha festa na que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno) e o fin da tempada das colleitas.

Pero esa noite de festa, crían que as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos.

Para espantalos, utilizaban máscaras e disfraces e adornaban as casas e os camiños con caveiras, nabos e cabazas con caras terroríficas.

 

Dado que este curso a temática a traballar é “Unha ventá aberta ao mundo” quixemos que cada nivel descubrise como celebraban esta noite ou o Día dos Mortos en diferentes países do mundo. Descubrimos novas festividades e datos moi curiosos.

Plasmámolo neste mural que leva por título “O Samaín no mundo” onde unha bruxa que viaxa a noite do 31 de outubro polo noso planeta, nos trouxo toda a información que rotulamos e decoramos nestas cabazas tan fermosas.

                                          

Así o festexamos nas aulas:

 

  

     

 

 

CHARLA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres 3 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla contra a Violencia de Xénero dentro do Plan Director.

 Tratáronse temas como:

- Que é a violencia de xénero? É aquela violencia que exerce o home cara a muller coa que ten ou tivo unha relación sentimental.

- Que tipos de violencia de xénero existen? O maltrato físico, sexual e/ou psicolóxico.

- Que é a violencia doméstica e tipos? É aquela violencia que exerce a muller sobre o home. Pode ser física, sexual e/ou psicolóxica.

- Número de teléfono de axuda ás mulleres que sofren violencia de xénero: 016.

- E outras moitas cuestións interesantes.

 Óscar, o Garda Civil Formador do Plan Director, botou man de vídeos ilustrativos que facilitaron que o alumnado comprendera mellor esta realidade sobre a violencia.

Enigmas e fotos horripilantes no Samaín 2023

Esta semana festexamos o Samaín no cole. As aulas decoradas, os pasillos con teas de araña, nenos e nenas....e mestras! con disfraces variados... E tamén aproveitamos para retar aos nosos queridos alumnos e alumnas cun concurso de enigmas na Biblioteca, no que os grupos máis rápidos e certeros gañarían unha entrada a un taller sorpresa que realizaremos en novembro na biblioteca escolar. 

Para os máis cativos tiñamos preparado un enigma un pouco máis doado, para logo colorear na ficha a solución da adiviña.

 

 

  

 

Algúns e algunhas de nós tamén quixemos posar diante da nosa parede "Chroma" para ver que montaxes divertidas saerían de aí, queredes ver o resultado?

 

 

 

 

Podedes ver máis fotos no blogue, PULSA AQUÍ

CAMPAÑA SOLIDARIA

 

Un curso máis, o CEIP de Arzúa participa na campaña de recollida de roupa solidaria.

 

Comezamos!...Traballando por recunchos

Agora que xa somos Biblioteca Creativa, toca preparar, mellorar e estrear os recunchos de aprendizaxes múltiples, onde ofrecemos unha variedade de recursos para explotar a nosa faceta como creadores. 

Fomentar a imaxinación e a creatividade é un obxectivo esencial dunha biblioteca escolar e debemos aproveitar a inspiración que ofrece este espazo para atopar novos retos e aprender coa experimentación. 

 

 
 
  
                      
 

Día das Bibliotecas

 

 

 

No día 24 deste mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e nós aproveitamos para presentar á mascota da biblio - unha ratonciña de biblioteca chamada HISTORIA - e dedicarlle un debuxo : VER NO BLOGUE

 

 

Unha ventá aberta ao mundo

 

 

 

Xa temos a temática para este curso 2023/24! O lema é "Unha ventá aberta ao mundo" e o que buscamos é traballar as diferentes culturas, linguas, tradicións e aspectos importantes de diferentes países, para así dar unha volta ao mundo dende a nosa "ventá" que é o centro escolar.

 

Gocemos da nosa viaxe!

A biblioteca abre de novo as súas portas!

 

 

Que ganas tiñamos de recibirvos de novo na biblioteca. Estabamos a preparar os nosos novos recunchos e mobiliario para presentar a nova experiencia que ofrece a biblio, non só para ler e estudar, ou para xogar ao xadrez que vos encanta! Se non para traballar tamén outros aspectos da aprendizaxe por recunchos na "Hora de biblio" organizada polas titoras.

Lee máis no blogue! PREME AQUÍ

TEATRO INFANTIL E FAMILIAR

 

FUNCIÓN: DOMINGO, 24 DE SETEMBRO

LUGAR: CAPELA DA MADANELA

HORA: 18:00

 

O´BRINGUELO

A Asociación Cultural e Musical O`Bringuelo de Arzúa ofreceu un obradoiro de baile e música tradicional para alumnado de Educación Primaria coa finalidade de difundir as propostas que desde a súa escola ofrecen para este curso 2023/2024.

Pasámolo moi ben bailando, cantando e tocando instrumentos tradicionais

Powered by Drupal - Design by artinet