3º e 4º nivel de Primaria

TALLER DE CAMISETAS E EMOCIÓNS EN CAMISETA

O  día que comeza o verán, o penúltimo día de clase e o día anterior a coñecer a Laura e a Sara, as educadoras do museo de Belas Artes fixemos na clase un taller de pintado de camisetas, onde cada peque deseñou, pintou e planchou para fixar as cores a súa camiseta:

 

E tamén fixemos un taller de emocións, as que nos xorden cando pensamos en bos momentos na clase durante este curso, o mellor quenos pasou,o que máis nos gustou:

 Ademais da festa de fin de curso con comida un pouco non moi saudable, pero un día é un día:

 

 

  

CUMPREANOS DE VERÁN 2021

E por última deste curso felicitar dunha maneira rara como foi este ano pero aínda así quero FELICITAR aos e ás peques que cumpriron ou cumpren no verán!!!

Adórovos!!!

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, 8 de xuño

Como estamos co Medioambiente e saúde no centro como tema troncal, vennos moi ben traballar a importancia dos océanos, celebrar este día mundial e concenciarnos da importancia deste ecosistema na vida do Planeta Terra: temos que coidalo, protexelo, mimalo…a nosa vida depende deles. Os océanos son grandes sumidoiros do CO2 que produce o ser humano.

Sairon fermosos debuxos e fermosas frases que decoran o noso mural de aula:

 

  

Tamén vimos un fermosos vídeo creado por nenos e nenas do ceip de Arzúa fai uns anos:

A sardiña mutante!!!

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, 5 de xuño

Toca celebrar o dia 5 de xuño ao grande!!

Farémolo seguindo as orientacións das Nacións Unidas e empregando o seu lema  para traballar este tema que tanto nos preocupa, o medio ambiente.

Restauración de Ecosistemas: Reimaxina, recrea e restaura

Durante demasiado tempo estivemos explotando e destruíndo os ecosistemas do noso planeta. Cada tres segundos, o mundo perde unha superficie de bosque equivalente a un campo de fútbol e, só no século pasado, destruímos a metade dos nosos humidais. O 50% dos nosos arrecifes de coral xa se perdeu e para 2050, ata o 90% podería desaparecer, aínda que o quecemento global se limite a un aumento de 1,5 ° C.

A perda de ecosistemas está a privar ao mundo de sumidoiros de carbono, como bosques e turbeiras, nun momento no que a humanidade xa non pode permitilo. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso do cambio climático potencialmente catastrófico.

A aparición de COVID-19 tamén demostrou o desastrosas que poden ser as consecuencias da perda do ecosistema. Ao reducir a área de hábitat natural para animais, creamos condicións ideais para que os patóxenos, incluídos os coronavirus, se estendan.

Nós fixemos a nosa aportación traballando todos estes conceptos e tentando atopar solucións, xa que poñendo o noso pequeno gran de area podemos axudar:

 

 

Se destrúes os ecosistemas, destrúeste a ti mesmo!!!

 

Tamén participamos no mural colectivo do centro, facendo a nosa frase e a hora que nos tocou decorar:

 

   

 E máis fixemos entrega dos diplomas enviados polo concurso de medio ambiente no que participamos con EquiArzúa.

 

UN PASEO POLO MIÚDO VII

Isto estase rematando! Sí, sí o curso 2020-2021 e tamén os proxectos levados a cabo!!

Un paseo polo miúdo é un deles e por iso as nosas educadoras do museo de Belas Artes propóñennos a derradeira, Reinterpretar: sendo pintura.

 

 Puxemos todo o interese e coa axuda das nosas familias para adaptar o vestuario quedounos así!!!!

O discurso, Isaac Díaz Pardo

 

 

Xogadores de cartas, Theodoor Rombouts.

 

 

Xuventude, Xulia Minguillón

Esta última está pendente do tempo e nols permita facela fóra!!!! 

OBRADOIRO DE FILOSOFÍA NO 3º NIVEL

Dentro das actividades organizadas para o alumnado do 3º nivel de Educación Primaria, o dia 2 de xuño, mércores a partires das 12:00 horas da máñá veu Diego HorschovskiGrao en Filosofía (USC), organizador de Poesía e Microrrelato Compostela, Filosofía a Pé de Rúa e Poetry Slam Compostela,  para impartir un OBRADOIRO DE FILOSOFÍA.

Nos Obradoiros de Filosofía para nenos e nenas, o que buscamos é que o alumnado teña unha participación na que poda desenvolver o seu pensamento crítico. Neste sentido, buscamos o desenvolvemento do pensamento creativo (búsqueda de solucións), no pensamento coidadoso (argumentacións), e do pensamento cooperativo (comunidade filosófica). As actividades do Obradoiro de Filosofía para nenos e nenas tamén inclúen xogos con imaxes e palabras buscando que cada quen poda dar a súa opinión e reflexionar sobre distintas situacións que se lles plantexa.

Os obradoiros son uns encontros interactivos nos que o alumnado ten unha participación tanto a nivel de debate como práctica con xogos.

Esta actividade foi finalmente costeada na súa totalidade pola ANPA O FORMENTO

 

 Empezamos así

  

Seguimos así

 

E logo as nosas interpretacións: 

 

 

DÍA DA BICICLETA, 3 de xuño

O día 5 de xuño é o dia do medio ambiente, pero mentres estamos preparando traballos para concierciarnos e concienciar o respecto polo noso planeta, coidando o medio ambiente en todos os sentidos, descubrimos que hoxe, día 3 tócanos falar dunha parte desta temática con motivo da celebración do Día Mundial da Bicicleta, medio de transporte non contaminante e moi bo para a nosa saúde e condición física:

Traballamos en diferentes grupos dentro dun proxecto colaborativo e cooperativo, onde empezamos a facer debuxos deste medio tan bo para o noso planeta, que xa potenciaramos no nos proxecto anterior de EquiArzúa:

Descubrimos unha chea de beneficios de andar en bicicleta:

  • Facer Deporte
  • Non contaminar
  • Non fai falta moito sitio para aparcar
  • Respiras aire puro
  • ...

Tamén descubrimos algunha curiosidade como que a primeira bicicleta foi de madeira e que había que empuxala cos pés, que apareceu no século XIX, xusto no 1861 cando Ernest Michaux se lle acorreu poñer pedais dianteiros...

UN PASEO POLO MIÚDO VI

Seguimos avanzando neste proxecto, esta vez traballando os diferentes estilos de pintura, esta vez cunha tarefa titulada REINTERPRETANDO A ANTONIO TENREIRO BROCHÓN, partindo do seu bodegón.

Para iso Laura  e Sara enviáronnos un vídeo explicando estes estilos a partires de cadros expostos no museo.

 

As nosas reinterpretacións!

 

 

UNHA MANCHEA DE HEROES E HEROÍNAS, o noso libro de 3º nivel

Dentro do programa de enrequecemento curricular organizado e colaboración co Departamento de Orientación do 3º nivel seguindo o Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais, organizamos varia actividades unha delas titulada Unha manchea de héroes e heroínas.

Por fin xa saeu á luz, xa rematou todo o proceso para a súa publicación e xa o temos na aula para que todos e todas poidamos lelo e ver a infinita creatividade do alumnado deste nivel.

NORABOA RAPACES E RAPAZAS!

 

Se vos apetece lelos, primeiro atopa un lugar que che permita desfrutar da lectura e logo preme na imaxe da portada do libro (imaxe anterior)

 

                                                 

EduCANdo con MALIBÚ en 3º EP

Hoxe tivemos unha visita moi especial ás 12:40 no salón de actos, Malibú, un can adorable e tenro que fai seis anos que está na granxa da Casa Grande de Xanceda.

Veu facer de mestra dentro dun proxecto chamado EduCANdo con Malibú para ensinarnos a coidar as mascotas, a respectalas, a sensibilizarnos co tema do abandono de animais...foi unha xornada moi interesante e divertida. Para iso presentáronnos á verdadeira protagonista e logo vimos unha presentación onde nos foi explicando punto por punto diversas temáticas relacionadas con este tema, para rematar cun xogo interactivo ou "examen".

Tranquilos e tranquilas!

Saeunos de dez e ata a ponente felicitounos polo ben que o fixemos, polas cousas que sabiamos. tamén lle dixemos que tiñamos práctica coidando mascotas: Atí e Atuá, as tartarugas e Bolitas, as 8 miñocas que temos na clase. 

 

 

Despois do examen tivemos premios sorpresa: un diploma e un tatoo!!!!

 

Algo a ter moi en conta!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet