3º e 4º nivel de Primaria

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DO 3º NIVEL, 11 de maio

Por fin empezamos a ver normalidade despois de máis dun ano moi raro!

O dia 11 de maio collemos o autobús para ir a Santiago de Compostela con motivo dunha saída organizada por Proxecto Terra e subvencionada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Foi fantástica de principio a fin, vimos a cidade de cabo a rabo, estudamos a súa arquitectura ao longo do tempo...foi moi inetnso e gratificante porque tamén visitamos exposicións que non estaban incluídas pero como nos portamos moi ben leváronnos como plan B da chuvia, porque en Santiago chove!

  • Cidade da cultura: exposición de Exipto, recital musical sonoro de funambulistas
  • Catedral e Pórtico da Gloria
  • Tellado do CGAC, que simulan as rúas de Santiago.

Tamén as guías contáronnos a historia da construcción da Cidade da Cultura froito do cubo rubik e a vieira ,que todo mesturado dou este proxecto feito por  Peter Eisenman. As diferentes zonas dos paseos simulan ríos, zonas de auga , un tesouro moi importante nas terras galegas...

un sinfín de curiosidades que vos iremos contando!

 

CARABELA de Paula Carballeira no 3º nivel

O venres 14 de maio asistimos a unha versión curta dunha obra de teatro no colexio, basada no libro de CARABELA de Paula Carballeira, dentro das actividades programadas na Semana das Letras Galegas

Trata da  historia de Carabela, a cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, onde está soa e rodeada de peixes mutantes que a advirten que son tóxicos, de paxaros que tamén se queixan por comer substancias nocivas… Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de Plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. A autora lánzanos unha mensaxe sobre a importancia de que coidemos o noso medio ambiente e recórdanos que planeta non temos máis ca un.

      

 

E, como parte final, aproveitamos ao chegar á clase para facer unha pequena asemblea onde repasamos contidos sobre a contaminación dos océanos, as consecuencias desa contaminación, a necesidade de eliminar ou reducir o uso do plástico...nunha palabra deixar de CONTAMINAR e COIDAR o. noso Planeta Terra para que non pase o do conto!!!

Ademais de facer uns debuxos para lembrar o momento do espectáculo, que non nos chegou a nada...quixeramos saber máis, a versión longa!!!!

Tamén a semana pasada, concretamente o luns 3 de maio, asistimos ao concerto de MAMÁ CABRA no patio do cole cos seu espectáculo PATRIMONIO NATURAL:

 

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Na Semana do 10 ao 14 de maio distribúese a conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, onde no 3º nivel queremos levar a cabo diferentes actividades a nivel centro, colaborando con equipo de dinamización galega e a nivel individual como grupo clase.

Elaboramos unas caricaturas da escritora homenaxeada, das cales unha empregámola para facer o cartel solicitado para o mural colectivo a nivel centro coa frase da súa biografía que  nos foi asignada.

  

Logo lemos un dos seus libros titulado Darío a diario, para comentar e entender o que nos quere dicir con esta obra a autora.

Xela  explícalle ao seu fillo Darío o que é a maternidade para ela, o que desfruta co seu fillo e o que quere para él e o que sinte cara él. Así nos gustan palabras como ÚNICO, LIBRE, ERROS, POSUIRTE… un sinfín de palabras que nos levan a un amor infinito na procura da liberdade do seu descendente.

Para iso tamén decidimos poner un taller de escritura, outra vez adicado á poesía onde nos convertiremos en XELAS e adicarémoslle os nosos versos a un bebé, a un neno/a…que é nós mesmos ou nós mesmas…por iso o da nosa foto cos nosos pais e/ou nais. Esta actividae leva por nome …a diario.

 

   

   

     

 

 Pero non rematamos aquí…imos transformarnos na mesma Xela co noso Darío particular no colo ao que lle recitaremos os poemas de esta autora poñendo o sentimento que a ela lle fixo escribir esos versos, ou iso tentaremos:

 

DÍA DE EUROPA, 9 de maio no terceiro nivel

Eurotrips é un proxecto onde aprenden a xestionar un orzamento de 48.000 euros (matemáticas) para rastrexar unha viaxe imaxinaria dun mes a través de 24 capitais europeas (sociais). O resultado está escrito sen límite de lonxitude no seu caderno de viaxe LC ou LG e montado de xeito creativo nos seus diarios (plástica)

Este proxecto nace para celebrar a nivel clase o Día de Europa, pero que imos alongar no tempo dadas as características do mesmo.

Este tipo de dinámicas buscan acadar unha aprendizaxe significativa por parte dos nenos e nenas, traballando dun xeito inclusivo e integrador, onde cada un resolve o desafío proposto segundo as súas habilidades e xestiona un ambiente de aprendizaxe persoal. Non hai dous Eurotrips iguais, pero todos son igual de estupendos.

Tamén é difícil imaxinar a estes estudantes de 8 e 9 anos que se enfrontan a unha proba tradicional para medir os seus coñecementos. Moitos dos que escriben estes cadernos documentándose, atopando sentido no que fan, expresándose nunha lingua de forma competencial, deixarían a páxina en branco antes dun exame de preguntas pechadas e asépticas, sen relación con outra realidade que a do libro de texto. .

Non obstante, con metodoloxías coma esta, utilizan o manual como fonte documental: o consultan para coñecer climas, reloxos, regras ortográficas e expresión escrita. Calquera cousa vai resolver o desafío proxectado, cuxa "axenda oculta" non é outra que xestionar os recursos de forma creativa, sen outra axuda que a que proporciona o profesor ou, coa súa guía, o teléfono móbil na aula.

E é que, aínda que unha das principais motivacións da organización por áreas é mellorar a transición primaria / secundaria, a creación dun "fondo" para traballar competentemente nun curso onde se establecen rutinas, as dinámicas son melloradas, que acompañarán aos nenos e nenas durante toda a súa etapa educativa.

 

Con Eurotrips combinaron moitos coñecementos, pero tamén aprenderon a preparar dossieres, a escribir un diario, a buscar información, a expresarse no seu idioma. E todo isto cun único obxectivo: capacitar aos nenos e nenas para que cheguen a onde necesitan.

O primeiro destino é Paris!!!

 

TRABALLO EN FAMILIA: UNHA COLMEA CON RICA MEL no 3º nivel EP

Outra idea que naceu no seo dunha das familias de 3º nivel que consiste na visualización en directo dunha colmea, onde poidemos observar en primeira liña unha parte do mundo das abellas:

  • a abella raíña
  • as larvas
  • a xeometría perfecta
  • o sabor da mel...

e como anécdota que Antía fose para casa enriquecida e moito máis doce!

  

 

 

TRABALLO EN FAMILIA: A CASA DAS MIÑOCAS no 3º nivel EP

Un proxecto que naceu no seo dunha das familias de 3º nivel que consiste na creación dun pequeno ecosistema terrestre onde se creou dende o momento cero, seguindo estas indicacións:

 Materiais que precisas para este experimento:

 -         Capas de terra e material vexetal

 -         Varias miñocas, concretamente oito

 -         Sementes de xudías e allo (son especies antagónicas)

-         Auga.

Que tes que facer?:

 1.  Colocar unha serie de capas de terra e material vexetal entre dous cristais sostidos por unha estrutura de madeira.

 2.Poñer unhas capas de cartón detrás de cada cristal porque as miñocas son moi sensibles á luz.

 3.Manter o terreo húmido, pero non enchoupado porque senón morren.

4.Deixa a casa das miñocas nun lugar cálido da aula, pero non expoñelas á luz solar directa e tampouco colocala preto dos radiadores.

5.Observa a evolución das sementes e das capas de terra e material vexetal durante un mes aproximadamente e anota os cambios que vaias notando.

  

Feito isto ...

 puxémoslle nome as nosas novas mascotas,  o mesmo nome para todas, BOLITA.

 E agora a observar e anotar o que vemos nunha táboa para ver o que acontece co paso dos días

    

 

TRANSCORRIDOS

 

______ DÍAS

TRANSCORRIDOS

 

______ DÍAS

TRANSCORRIDOS

 

______ DÍAS

 

Sementes

 

 

 

 

 

Capas de terra e material vexetal

 

 

 

  

Traballamos os termos de biotopo e biocenose neste ecosistema e serveunos para afondar máis nestes conceptos.

  •  27 de abril

                  

  • 3 de maio

                                                                              

  • 7 de maio

 

  • 10 de maio

 

  • 14 de maio 

 

 

OS MAIOS NO 3º NIVEL

En todo o mundo celébrase a chegada da primavera; é o momento de despedir o inverno e festexar a aparición dos primeiros froitos e flores.

A FESTA DOS MAIOS é moi antiga e comun en moitos países de Europa.

En Galicia fanse construccións con herbas e arbustos que se adornan con flores, froitos, ovos e colares de carrabouxos.

Os maios máis comúns son piramidais ou cónicos pero tamén hainos de moitas e variadas formas. Cando se sacan cántanse COPLAS.

Na nosa clase quixemos celebarar esta data saíndo ao patio e construir os nosos maios e logo recitar as coplas adicadas a este momento.

     

 
 

 

DIA DA FIGURA FEMININA NAS NOSAS VIDAS...........2 DE MAIO 2021

Como todos os anos, queremos adicar un intre do noso tempo para preparar un agasallo para agradecer a entrega incondicional dunha figura feminina nas nosas vidas, mulleres que ao noso carón non deixan de estar para nós e con nós… o día 2 de maio chámanlle o DIA DA NAI, pero nós, os nenos e nenas de 3º nivel queremos cambiarlle o nome: DIA DA FIGURA FEMININA NAS NOSAS VIDAS, onde entran todas esas persoas: mulleres dentro das que poden estar non só as nais, as avoas, as irmáns, as tías, as amigas…toda aquela figura feminina que nos faga sentir especial:

Ademais de iniciarnos no mundo da modelaxe e deseño con arxila para facerlle un broche cargado de sentimento e amor:

 

E unhas fermosas carpetas feitas co corazón:

  

 

FELIZ DIA!

BOOKFACE NO 3º NIVEL

O  alumnado do 3º nivel participou na convocatoria do equipo de Biblioteca BOOKFACE:

   

   

   

   

  

 

PINTANDO UNHA DESCRICIÓN NO TERCEIRO NIVEL

Seguimos un paso máis no proxecto UN MUSEO POLO MIÚDO.

 

 

Nesta ocasión trátase de que os nenos e nenas realicen un debuxo a partires da descripción que damos no audio en mp3 sobre un cadro que temos no museo, concretamento un bodegón feito polo  pintor Antonio Tenreiro, provinte dunha donación de dona Carolina.

 

A través da escoita da locución en mp3 da descripción dun bodegón da colección do Museo de Belas Artes da Coruña, os rapaces e rapazas deberán representar aquelo que se comenta no audio.

A descripción trata de ser pormenorizada pero hai algúns elementos sen importancia que se omiten (ten a taza asa? De que material son os obxectos? Son mate ou brillan?).

O alumnado deberá representar aquelas cousas máis ou menos omitidas na descripción de xeito intuitivo ou imaxinativo, enchendo eses “ocos” que poden faltar na narración. Aínda que na descripción se fai referencia ás cores ou a certa sensación ambiental da obra, o que é interesante da actividade é realizar a composición do cadro tal e como o visualizamos coa escoita da locución. A composición é o xeito no que se colocan ou ordenan os elementos que vemos nun cadro. 

Logo compararemos os traballos co orixinal para ver no que coincidimos neste ditado tan diferente:

 

 

 

 

 O bodegón orixinal que pertence ao museo:

 

 

 

que neste intre atópase no almacén descansando nun peine, tal como se explica no seguinte vídeo:

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet