Actividades Ext

DÍA DO LIBRO

O Día Mundial do Libro é un evento no que se fomenta a lectura e se pon en valor a importancia da literatura.

A conmemoración desta data é un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos nosos nenos e nenas como lectores e promover o amor á literatura.

O Día do Libro celébrase cada 23 de abril e escolleuse esta data clave porque garda relación co ámbito literario, pois é o día no que faleceu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Ademais de traballar a importancia e orixe deste día, elaboramos este mural colectivo onde cada aula ilustrou e decorou un dos seus libros favoritos. Quedou así de bonito:

                             

A continuación amosamos outros traballos relacionados coa conmemoración desta data que foron realizados a nivel aula:

    

              

XOSÉ ZAPATA VISITA O NOSO COLEXIO

Hoxe Xosé Zapata, gañador do Premio Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación, visitou o noso centro. 

O alumnado de 4º e 5º de E. Primaria fixo con el un percorrido pola historia do cine. Contounos que en 1895 inventouse esta arte de rexistrar fotografías e proxectalas nunha pantalla como imaxes en movemento. Aprendemos que o que estamos a ver nas imaxes é unha ilusión óptica e que para ver unha imaxe en movemento necesitamos, como mínimo, 24 fotogramas por segundo; polo que para 1 min de gravación precisamos 144O. Unha curtametraxe pode necesitar uns 20.000 fotogramas. Imaxinade o traballo que hai detrás!!

Tamén nos aclarou por que a academia do cine lle puxo o nome de Goya aos seus premios, se este señor foi un pintor. A resposta é porque os seus cadros contan tamén unha historia, só que el utiliza un só fotograma. 

  

  

 

As nenas e nenos de 4º E. Primaria fixeron estes retratos de Xosé Zapata.

 PREME AQUÍ

Ao alumnado de 6º E. Primaria proxectoulles a curtametraxe "The Monkey" e despois analizou distintos aspectos da mesma. O argumento deulle pé para falar de moitos temas, expor algún que outro dilema e facer unha pequena reflexión sobre o racismo.

Cando rematamos, fixemos unha foto con el e co Goya!!

  

Pasámolo xenial e agasallounos cun flipbook da curtametraxe "The Monkey", onde nos firmou a todas e a todos un autógrafo.

Queremos darlle as grazas a Xosé Zapata por compartir este premio con nós e transmitirnos o amor que sente polo marabilloso mundo do cine!!

NAVEGANDO POLO UNIVERSO

O pasado venres, 25 de marzo os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a oportunidade de asistir á actividade “Navegando polo Universo”. No propio colexio instalouse un planetario móvil onde os escolares tiveron a sorte de facer unha viaxe polo espazo e o tempo descubrindo o maravilloso mundo do Astronomía.

Este planetario recreou con total precisión o ceo nocturno desde calquer lugar da Terra e a visión do Universo desde calquer lugar do espazo.

Descubrimos entre outros conceptos: a orixe e historia da Astronomía, o Universo e a Vía Láctea,  o Sol e a vida na Terra, o Sistema Solar e os movementos da Terra e da Lúa.

Unha actividade fantástica!

 

                   

 

                                               

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado luns, 21 de marzo tivemos a sorte de asistir no noso colexio a un Taller de Primeiros Auxilios. Asistiron a esta sesión todas as aulas, polo que todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de facer as prácticas.

Unha sanitaria (mamá dun alumno do cole) e o seu compañeiro de traballo explicáronnos cales eran os pasos a seguir en caso de atoparnos nunha situación de urxencia na que haxa que chamar aos servizos médicos. Aprendemos cal é o número de teléfono, o 112, e dunha maneira moi lúdica tamén soubemos  que facer no caso de  atoparnos nunha situación así.

O máis importante se unha persoa perde o coñecemento é facerlle a reanimación cardiopulmonar (RCP) ata que veña a ambulancia e tivemos a sorte de poder practicalo nun maniquí que eles mesmos trouxeron onde se fan as prácticas.

Os máis cativos e cativas, fixeron estas prácticas nos seus propios bonecos ou peluches que trouxeron da súa casa. Foi unha experiencia fantástica onde aprendemos moitas cousas verdadeiramente interesantes e imprescindibles!

Moitas gracias a estes dous sanitarios por facelo posible e desinteresadamente.

                                             

                                                                  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA DA MULLER conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e a igualdade co home.

Os nenos e nenas do CEIP de Arzúa traballamos esta conmemoración a través da figura da artista afgá SHAMSIA HASANNI. Ela é a grafiteira e artista callejera máis coñecida de Afganistán, famosa pola súa audaz maneira de dar voz ás mulleres do seu país.

A obra desta artista céntrase en diversos temas como a guerra e a situación da muller, intentando darlle a esta unha cara de poder, ambición e vontade para alcanzar as súas metas.

Fixemos un mural colectivo onde cada aula ilustrou e lle puxo un lema a un dos seus grafitis:

                                

 

 

Ademais, cada aula elaborou estes outros traballos relacionados con esta conmemoración:

 

   

 

                                                

 

  

                                                                      

 

 

 

 

 Vídeo do alumnado de 4 anos

 

 

ENTROIDO 2022

          Así de ben o pasamos o venres, 25 de febreiro celebrando o Entroido e degustando doces típicos destas datas cun chocolatiño ben quentiño! 

 

   

 

 

 

   

     

                                        

 

                                           

 

 

FELIZ ENTROIDO!

ENTROIDO 2022

                                                                

 

                                           

 

FELIZ ENTROIDO!

DÍA DA PAZ

Este domingo, 30 de xaneiro, conmemorouse en todo o mundo unha festividade dedicada a promover a paz a nivel mundial, moi especialmente entre os nenos e nenas. Estamos a falar do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Según a ONU, “no Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar”.

E iso fixemos nós, comprometernos con esta data realizando diversos traballos a nivel de aula e elaborando este mural colectivo que leva por título “Mulleres Nobel da Paz”.

Cada clase ilustrou e escribiu dentro da silueta dunha pomba, símbolo da paz, información sobre cada unha das trece mulleres que foron galardonadas con este premio Nobel ao longo da historia.

Estes tamén son algúns dos nosos traballos:

 

 

NADAL 2021

Desexámosvos a todos e todas un Nadal cheo de saúde e felicidade.

       

Postal elaborada polo alumnado de 2º de Educación Primaria.

 

O luns, 20 de decembro visitounos o Apalpador.

Este tradicional personaxe galego, visitou aos nenos e nenas do colexio que tiveron a sorte de coñecelo e conversar con el.

É un home, de profesión carboneiro, que baixa das montañas para visitar aos máis cativos e cativas na noitiña do 24 de decembro para tocarlles o ventre e ver se están ben alimentados e alimentadas. Ademais, sempre lles leva uns agasallos.

É un vello apacible, barbudo e grandote que leva boina e viste chaqueta colorida con pantalóns cheos de remendos.

  

                                                  

 

Grazas á ANPA O FORMENTO pola súa colaboración.

 

O martes, 21 de decembro as Súas Maxestades os Reis Magos visitaron o noso centro para recoller os desexos e as cartas dos máis cativos.

Recién chegados de Oriente cumpriron os desexos dos nenos e nenas do colexio. Puideron falar con eles e levarlles as cartas ou debuxos feitos con moito cariño e ilusión.

 

 

 

 

Grazas á ANPA XERMOLOS pola súa colaboración.

 

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL

Os cativos e cativas de 4 anos tiveron a oportunidade de falar en directo con Papa Noel por videoconferencia o xoves, 16 de decembro.

Acudiron á aula CEMIT do Concello e alí tiveron a sorte de falar co verdadeiro Papa Noel a través da pantalla posto que se atopaba no Polo Norte.

Primeiro deulles uns bos consellos aos nenos e nenas, e logo falou con cada un deles porque quixo saber que agasallos de Nadal lle pedían e que lle contasen algunas cousiñas.

Foi un día cheo de nervios e moita ilusión!

                                 

 

                            

Powered by Drupal - Design by artinet