Actividades Ext

DIA DO NEN@ 2016

O 20 DE NOVEMBRO É UN DIA MOI ESPECIAL NO NOSO COLEXIO.... CONMEMÓRASE O DIA MUNDIAL D@ NEN@.

PARA CELEBRAR ESTE DÍA REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE COMÚN NA QUE PARTICIPOU TODO O ALUMNADO NO CENTRO...AQUÍ TEDES O RESULTADO:

 

COMO EXEMPLO ELIXIMOS A MALALA YOUSAFZAI, UNHA NENA QUE REFLEXA EN TODOS OS SEUS FEITOS E PALABRAS A LOITA POLOS DEREITOS DE TODOS OS NENOS E NENAS.

 

" UN NENO/A, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LAPIZ PODEN CAMBIAR O MUNDO"

"NON É O MEU DÍA, E O DÍA DE CADA NENO/A QUE LOITARON POLOS SEUS DEREITOS" 

 MALALA YOUSAFZAI

 

ESTA IDEA QUEDOU REFLEXADA NO NOSO PANEL QUE ELABOROU O ALUMNADO DE 3º DE E.P.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

O DIA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO 2016 ADICOUSELLE A MANUEL MARÍA, ESTIVO CHEO DE DIVERSAS ACTIVIDADES LÚDICAS, CULTURAIS....  E COMO REMATE FINAL DESTA CELEBRACIÓN ANUAL, ASISTIMOS NO NOSO SALÓN DE ACTOS A ACTUACIÓN DE FRAN REI, QUEN REPRESENTOU A OBRA DE MANUEL MARÍAS: O CONTO DE BARRIGA VERDE.

MAGOSTO 2016-17

O 4 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO NOSO COLEXIO O MAGOSTO.

OS ALUMN@S DE 2º DE E.P MÓSTRANNOS NESTE PANEL, AS CASTAÑAS DO NOSO MAGOSTO, UNHAS CASTAÑAS MOI CHARLATANAS QUE RECITAN POEMAS E CANTAN CANTIGAS TRADICONAIS DESTA FESTA.

 

TAMÉN ADORNAMOS O NOSO COLE... TOMA CASTAÑA!!

 

E XOGAMOS NO PATIO A MOITOS XOGOS TRADICIONAIS: 

E POR SUPOSTO COMIMOS UN MONTON DE CASTAÑAS ASADAS...ESTABAN BOÍSIMAS!!!!

 

SAMAÍN 2016-17

O 28 DE OUTUBRO CELEBRAMOLO SAMAÍN NO NOSO COLEXIO CON UN MONTÓN DE ACTIVIDADES, (DISFRACES, CONTACONTOS,CONCURSO DE CONTOS DE MEDOS, MANUALIDADES...)

NO NOSO PANEL PRINCIPAL DO CENTRO OS NENOS DE 1º DE EP PRESÉNTANNOS MOI BOS CONSELLOS PARA SUPERAR OS MEDOS....CON BICOS, CARICIAS, AMIZADE....

ASÍ QUE XA SABES, FÓRA MEDOS E A DESFRUTAR!!!!

 

ADEMAIS A NOSA BIBLIOTECA AMBIENTOUSE PARA A OCASIÓN...

QUE VOS PARECE???

 

EN EDUCACIÓN INFANTIL, RECIBIMOS A VISITA DA BRUXA CURUXA QUE NOS CONTOU UN CONTO HORRIPILANTE, PERO NON VOS ASUSTEDES, CURUXA É UNHA BRUXA BOA QUE DEUNOS CARAMELOS PARA TODOS!!!

DÍA DA PAZ NO COLEXIO

Non só é un día pero a celebración ao grande do Día da Paz fixémola no colexio o venres 29 de xaneiro.

Todo saeu fenomenal, todos os niveis puxemos o noso gran de area para que a Paz non só sexa unha palabra, senón que reine nas nosas vidas...

 

 Mural de entrada....4º nivel

 

 

 

 

Un entroido con moitos inventos!!

 

Este ano Pepe, o meco do cole, tamén se apuntou ao plan proxecta, por eso cada día nos mandou levar unha cousa relacionada con cada un dos proxectos nos que participamos: DisfroiteandoSomos quen?Aprendo xogando e Nós tamén creamos...

 

Se queres ver a Pepe e ás súas consignas pincha aquí...

o magosto

 gustannos as castañas

Concerto Didáctico

Empezamos o curso con moito ritmo!!! Os mestres e mestras do Conservatorio de Música de Arzúa agasalláronnos cun concerto en directo. Nel poidemos escoitar jazz, música tradicional, e incluso algunha improvisación...mira as imaxes premendo aquí!!

Graciñas polo concerto. Agardámosvos!!!!!

Concerto Didáctico

Festival Fin de Curso 2012

Mirade que ben o pasamos no Festival de Fin de Curso, no que non quedou ninguén sen bailar e cantar!!!

Tamén se entregaron os merecidos premios aos nosos deportitas, que participaron nos XV Xogos de Primavera.

Preme aquí para ver o Festival en imaxes

Festival Fin de Curso 2012

Obradoiro música tradicional

A Semana do 18, 19 e 20 de xuño pasamos uns días nos que a Asociación Santiagüiños de Boimorto nos fixo desfrutar da música tradicional.

Por uns momentos convertémonos en pandereteiras/os e tamén cantamos e bailamos. Tamén nos ensinaron outros moitos instrumentos: gaita, pandeiro, bombo,...e algún outro moito máis sinxelo como unha folla, si, si,...das follas tamén sae música!!

Graciñas a estes profes tan especiais por facernos vivir a música e contaxiarnos o voso entusiasmo!!

Powered by Drupal - Design by artinet