Actividades Ext

Camiño a Preguntoño

O pasado día 28 de maio fixemos un tramo do Camiño de Santiago a pé, dentro do concello de Arzúa. Saímos dende o cole e chegamos ata o campo da festa de Preguntoño....chegaron ata os máis peques do cole, están feitos uns camiñantes!!

Foron uns 3 quilómetros do máis divertido, nos que poidemos desfrutar da natureza, das fermosas paisaxes do noso concello, nos que coñecimos a outros peregrinos,...Foi unha moi boa xornada de convivencia, que nos deixou ganas de repetir!!

Ollade o ben co pasamos premendo aquí ou na imaxe.

Exposición fotográfica

Os nenos e as nenas de 5 anos B estiveron na Lúa! Vós tamén queredes? Pois, non dubidedes en visitar a exposición fotográfica que temos no cole ata o 13 de abril sobre O Universo.

Entroido

Como xa sabedes, este curso, dende o equipo de BIBLIOTECA propuxemos un tema de traballo común para todo o cole: A ARTE CONTEMPORÁNEA. Pois ben, como non pode ser doutro xeito, a arte tamén estivo presente no ENTROIDO. Foi unha explosión de cor, cargada dos mellores pintores, de moda hippie, de artistas e de personaxes de cine.

Preme na aquí ou na imaxe para ver as fotos.

 

Día da Paz

O pasado 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Xuntámonos para cantar contra a violencia á vez que construimos o noso propio Guernica. Cada aula pintou unha parte do cadro,de xeito que, entre todos e todas, enchémolo de cor esperanza agardando que nunca máis teñamos que ver na realidade a dor e o sufrimento que Picasso pintou no seu cadro.

Ollade que colorido quedou.

Un pouco de música

Esta é  canción que imos cantar todo o  colexio o vindeiro venres 29 para celebrar o Día da Paz...encendende os altofalandes e A CANTAR!

Solidariedade con Haití

Con motivo do terrible terremoto que sementou o caos en Puerto Príncipe, Haití, no CEIP de Arzúa solidarizámonos cas súas xentes. Por isto, debuxamos un mapa de Haití no patio do colexio que serviu para que o alumnado depositase sobre o seu contorno moedas para os damnificados.

Graciñas a todas as familias por aportar o voso gran de area, pois conseguístedes que o alumnado xuntase case 700 euros cos que axudar a Haití.

Premede aquí para ver o momento.

Nadal

Unha obra de teatro, cantigas tradicionais, Papá Noel, lingua de signos, panxoliñas, pintores no portal, baile moderno, violinistas, os Reis Magos, poetas, e incluso uns mestres e mestras que desafiaron aos tres tenores, reuníronse no festival de Nadal.

En tempo de Nadal

O Nadal no cole está sendo do máis artístico! Todos os recunchos están cheos da maxia típica destas datas. Graciñas a todos os que contribuides a crear parte desta maxia tan "modernista", sobre todo, ao alumnado e ás familias que nos axudaron a pintar as botellas para esta árbore de Nadal.

O día 22 de decembro imos celebrar o tradicional Festival de Nadal, ao que estades todos convidados. Aquí tedes o programa para que vexades a orde das actuacións.

Visita de Papá Noel ás aulas

11:00 horas

4ºA e B. Panxoliña: Imonos xa pra aldea

6ºA. Panxoliña: Con un sombreiro de palla

5 anos A e B. Teatro: Os Reis Magos quedan sen gasolina

3º A e B. Panxoliña: Teño no meu lar

6º B. Cantiga tradicional: Sementeira

5º A e B: Cantiga en L.S.E.: Más allá

12:00 horas

Descanso

 12:30 horas

3 anos A e B. Panxoliña: Xa chega o Nadal

  Baile: Bugui-bugui

5 anos A e B.Teatro:Os reis magos quedan sen gasolina

4 anos A. Poema: O arco da vella

Panxoliña: Os Reis Magos

1º A. Nana: Pequeniño, pequeniño

2º A e B. Chachachá navideño:Os pintores imos ao portal

5º A e B. Cantiga en L.S.E: Más allá

ACTUACIÓN SORPRESA!!

Visita dos REIS MAGOS

Powered by Drupal - Design by artinet