Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

SAMAÍN 2010

     Un ano máis chegamos ao tempo de pasar medo, CHEGOU O SAMAÍN!!!

     Comezan a verse cabazas por todas partes e con elas facemos presente esta festividade tan antiga. Por iso realizamos unha exposición coas que trouxemos da casa talladas e decoradas con agarimo e coa axuda das nosas familias.

   

     Estas obras de arte sorprenderían ata aos antigos poboadores celtas!

     Durante esta semana realizamos un obradoiro na biblioteca no que confeccionamos uns marcapáxinas terroríficos.

   

     Tamén tivemos unha exposición de libros de medo, contando coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui.

   

     O labor de investigación centrámolo en buscar información sobre numerosos seres mitolóxicos galegos, que van desde as sereas ao lobishome, pasando pola coca ou o sacaúntos. Plasmamos dita información nunhas follas que cremos se transformarán nun divertido libro (como xa puidestes ver na páxina principal).

     O venres 29 de outubro fixemos un acto que marcou o final das actividades desenvolvidas durante esta semana, incluíndo as cancións:

 "Son un Pequeno Pantasma"

Alumnado de 2º

 
 

 "Halloween Colours"

Alumnado de 3º

 "Corre corre, cabaciña"

Alumnado de Infantil

 

     E para rematar, fíxose entrega dun diploma e un pequeno agasallo a todas e todos os participantes na exposición de cabazas.

Felices SUSTOS!!!



by Dr. Radut