O alumnado de 3º de Primaria ven de facer unha actividade de OBSERVACIÓN, deste xeito, poderá coñecer cánto tarda en xermolar unha semente e ver o proceso de crecemento da mesma.
E como non, os máis pequeniños do cole dando exemplo aos maiores, eles tamén están comprometidos co coidado do noso planeta e así o mostran, cultivando a súa propia horta.
Un dos obxectivos do traballo STEAM é abrir horizontes nas mentes dos nenos e nenas de cara a futuro. Conseguir "meterlles o gusaniño" e que entre as súas opcións de estudos superiores aparezan profesións relacionadas coas ciencias, as matemáticas, as artes, a enxeñería, a robótica ou a informática.
Non sei si o conseguiríamos nesta ocasión co alumnado de sexto. O que si que é seguro é que ao longo destas 5 semanas, montaron robots e os programaron, venceron dificultades, resolveron problemas, mediron e co seu esforzo, conseguiron metas alcanzables.
Tepo e Tepa pensaron que a mellor maneira de festexalo sería lendo xuntos; polo que decidimos realizar unha das actividades que máis gozamos no cole, o apadriñamento lector. Aproveitando o bo tempo, saímos ao noso patio. Aquí tedes unha mostra dese máxico momento...
E como non, non podían faltar as sorpresas...
Tepo e Tepa agasallaron aos lectores da Tepoteca cun marcapáxinase o alumnado de segundo de primaria recibiu da man de Daniela Pirata un cofrecuns fantásticos libros porque... estas nenas e nenos xa van vento en popa no dominio da lectura.
E as recomendacións lectoras non podían faltar nesta data. Deixámosvos unha mostra dos nosos libros favoritos en lingua inglesa.
Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.
Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.
Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!
Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta, Alberto Romero.
No CEIP de Rebordáns xa comezamos a nosa costume de plantar nas nosas hortiñas, a ver se pronto podemos ver os resultados, de momento, toca limpar, plantar e coidar con moito mimo.
O pasado 16 de abril, grazas ao programa Lectura e Familias, tivemos a sorte de poder contar na Tepoteca co espectáculo O libro máxicode Migallas Teatro.
Familias, estivemos encantados de vervos compartindo risas na nosa biblioteca.
No espectáculo uníronse narración, música e teatro. Desexando repetir o vindeiro curso.