Skip to Content

REBORRADIO 

 

Rosalía

A NOSA ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, pois nesa data, Rosalía estaría de aniversario!

Para conmemorar e festexar o seu día, no cole realizamos diferentes actividades. Fixemos un mural conmemorativo, baseado na proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que decoramos con flores co rostro de Rosalía, investigamos sobre a súa vida e sobre as súas obras, escoitamos algún dos seus poemas e mesmo aprendemos algúns versos de "Adiós ríos".

Os maiores do cole escribiron poemas pensando en como escribiría Rosalía hoxe en día, en que temas da actualidade afondaría.

Por último, pero non menos importante, os cativos do cole fixemon un pequeno recital. Mirade que ben lles saíu!

 
 

ILUSTRAMOS... ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Enmarcado no programa Lectura e Familias, dentro das actividades de Lendo Xunt@s, as familias de educación infantil, 1º e 2º de primaria ilustraron coas súas creacións o poema de Rosalía, Adiós ríos, adiós fontes.

Na biblioteca poderedes ver o libro co poema completo e os debuxos.

Parabéns familias polas vosas achegas!

 

DÍA DE ROSALÍA: SEMENTADE PENSAMENTOS.

"SEMENTADE PENSAMENTOS"

Fermosísima frase proposta pola AELG, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, para homenaxear este ano a nosa Rosalía.

E nós... por iso, entre pensamentos e cores e... outros máis fascinantes... cales son os pensamentos das nosas nenas e nenos? Soamente tivemos que preguntarlles.

Pintaron pensamentos e escribiron palabras referidas aos poemas de Rosalía. Logo adornaron o seu retrato con eles.

Tamén cada unha das aulas plantou pensamentos utilizando material de reciclaxe. E colocáronse pola entrada do noso cole.

Pinchade na imaxe para escoitar aos nen@s de 4º recitando un fermoso poema.

  

 

Video Rosalía

Día de Rosalía no Ceip de Rebordáns

 

Distribuir contido


by Dr. Radut