Skip to Content

REBORRADIO 

 

obradoiro

PAULA CARBALLEIRA: CONTAR PARA O SÉCULO XXI

Ola, familias!

Enmarcado no programa Lectura e Familias o martes 10 de maio ás 16:30 horas recibimos na nosa biblioteca a Paula Carballeira.

Paula Carballeira é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e a narración oral.

Vainos ofrecer o obradoiro "Contar para o século XXI" e mostraranos estratexias para que contar contos sexa unha actividade en familia do máis pracentera.

Non podedes faltar!

 

 

PROXECTO "DIGICRAF NO TEU COLE"

Presentamos os primeiros resultados do proxecto " Digicraf no teu cole". Creatividade, eléctrónica... e moitos conceptos novos a partires de actividades súper atractivas!

Que os sons das nosas guitarras de PAZ cheguen a onde máis se necesite!

 

 

 

 

OBRADOIRO CON CHARO PITA: "ABRAZAR COAS PALABRAS"

 Ola familias!

 Enmarcado no programa Lectura e Familias, o martes 8 de marzo ás 16:30 horas temos o pracer de recibir na nosa biblioteca a Charo Pita.

 Charo Pita é escritora, actriz e contacontos galega. Ten unha gran experiencia en obradoiros de lectura expresiva e narración oral. Nesta ocasión vainos ofrecer o obradoiroAbrazar coas palabras.

 Non podedes faltar!

 Nós xa estamos a desexar que chegue o día!

 Aquí deixámosvos un pequeno avance para ir abrindo boca…

CABANA DE VIMBIO VIVO

Nestas últimas semanas estivemos creando colectivamente, da man de Julia De La Cal, unha cabana natural e viva plantando vimbio. Esta actividade está enmarcada no proxecto Biblioteca Creativa.

Julia De La Cal ofreceunos a posibilidade de que todo o alumnado do noso cole, participara neste obradoiro utilizando técnicas de cestería e fibras vexetais.

Tiñamos que entrelazar varas de vimbio e todos e todas conseguimos un novo espazo natural onde poder xogar.

Estamos a desexar poder estrealo!

Mirade o proceso no vídeo

.

O MESTRE DE XADREZ NA REBORRADIO

Preme na imaxe para escoitar o programa.

OBRADOIRO DE XADREZ

Esta semana empezamos os obradoiros de xadrez. Brais Otero Nogueira, profesor xadrecista do club de Mos, será o encargado de iniciarnos. Estará connosco os luns, mércores e venres.

Esta semana empezamos cunhas nocións básicas e cos movementos dos peóns e o rei.

Esperamos con impaciencia a seguinte clase!

 

 

 

 

SAMAÍN 2021

No noso cole pasamos un Samaín terroríficamente divertido.

Tivemos exposións, obradoiros de máscaras, disfraces, merendas monstruosas, creación de figuras horripilantes… e non podían faltar as nosas lecturas ás escuras.

 O alumnado trouxo a súa lanterna e… os libros gañan misterio. Para moitos, a mellor Hora de Ler do curso!

  

  

 

E as máscaras terroríficas! Moi efectivas non serán... Pero chulas quedaron un rato!

Pasárono de medo!

  

Obradoiros de Pablo Otero

Dentro do proxecto biblioteca creativa, recibimos a visita do ilustrador Pablo Otero que impartíu un obradoiro de para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.

Foi unha actividade moi interesante e os resultados moi orixinais.

 

          

 

Distribuir contido


by Dr. Radut