Skip to Content

REBORRADIO 

 

2021-2022

A NOSA POESÍA PREFERIDA

A poesía e o debuxo atópanse e dan como resultado a gravación deste vídeo enmarcado no proxecto Lectura e Familias.

Preme na imaxe para visualizalo.

Parabéns ás familias participantes de 3º e 4º de primaria!

 

 

DÍA DO LIBRO: CONTOS DE TI A TI

Festexamos o Día do Libro!

Despois de varios cursos, retomamos con moita ilusión Os Contos de Ti a Ti.

Entre todo@s conseguistes que o noso tempo de lectura fose máis que especial.

Como quedamos con ganas... Seguro imos repetilo!

 

 

XIII TUI LE

O alumnado de 6º de educación infantil e 4º de primaria participou o 22 de abril na XIII Edición do TUI LE.

Entre todos os cursos realizamos un cartel para que nos represente na exposición. Escollimos á escritora e ilustradora Anaír Rodríguez.

Os seus libros Pioneiras 1 e 2 achégannos historias de mulleres cuxo empeño por realizarse son un referente para tod@s nós.

 

AGASALLO NO DÍA DO LIBRO

Achégase unha data moi especial!

As alumnas e os alumnos de 4º de primaria queren agasallarnos na conmemoración do Día do Libro cunhas fantásticas historias que realizaron.

Parabéns polo voso traballo!

Graciñas!

 

PROXECTO ESCULTUIRÍZATE: CREBACABEZAS

Continuamos co noso proxecto de centro EsculTUIrízate.

Tepo e Tepa precisaban a nosa axuda de novo.

Unhas pezas de crebacabezas apareceron na biblio e... menudo lío montouse!

Pero as nenas e nenos de Rebordáns son todos uns expertos e conseguiron resolver o enigma.

Aquí tedes unha mostra en imaxes da nosa aventura!

 

 

RUTA DAS ESCULTURAS EN TUI

Seguimos traballando no noso proxecto de centro: EsculTuirízate.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria puido observar máis a fondo e coñecer aspectos relativos a algunhas das esculturas máis relevantes da nosa vila da man de Sara Quintana Vila, unha guía estupenda.

 

ENTREGA SEMANAL DE BOOKTUBERS

Despois duns días sen novas recomendacións, arrincamos a semana con dúas propostas.

Non perdades detalle!

Xosé Cotovad de 2º de primaria quere mostrarvos Compas y el diamantito legendario.

E de novo os irmáns Lucas e Marta González de 3º e 6º de primaria cos seus monicreques, queren recomendar El capitán Calzoncillos y el perverso plan del profesor Pipicaca.

Esperamos con moitas ganas máis achegas!

 

PROXECTO "DIGICRAF NO TEU COLE"

Presentamos os primeiros resultados do proxecto " Digicraf no teu cole". Creatividade, eléctrónica... e moitos conceptos novos a partires de actividades súper atractivas!

Que os sons das nosas guitarras de PAZ cheguen a onde máis se necesite!

 

 

 

 

OBRADOIRO CON CHARO PITA: "ABRAZAR COAS PALABRAS"

 Ola familias!

 Enmarcado no programa Lectura e Familias, o martes 8 de marzo ás 16:30 horas temos o pracer de recibir na nosa biblioteca a Charo Pita.

 Charo Pita é escritora, actriz e contacontos galega. Ten unha gran experiencia en obradoiros de lectura expresiva e narración oral. Nesta ocasión vainos ofrecer o obradoiroAbrazar coas palabras.

 Non podedes faltar!

 Nós xa estamos a desexar que chegue o día!

 Aquí deixámosvos un pequeno avance para ir abrindo boca…

CABANA DE VIMBIO VIVO

Nestas últimas semanas estivemos creando colectivamente, da man de Julia De La Cal, unha cabana natural e viva plantando vimbio. Esta actividade está enmarcada no proxecto Biblioteca Creativa.

Julia De La Cal ofreceunos a posibilidade de que todo o alumnado do noso cole, participara neste obradoiro utilizando técnicas de cestería e fibras vexetais.

Tiñamos que entrelazar varas de vimbio e todos e todas conseguimos un novo espazo natural onde poder xogar.

Estamos a desexar poder estrealo!

Mirade o proceso no vídeo

.

Distribuir contido


by Dr. Radut