Skip to Content

REBORRADIO 

 

Polos Creativos

REBORRADIO CON 1º PRIMARIA: ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Ola, familias!

Hoxe os de primeiro quixeron aportar á Conmemoración do Día do Libro un estupendo programa de Reboradio. Estade atentos a estas pequechas e pequechos tan profesionais...

  

 

 

CINE DE RADIO CON 2º PRIMARIA

Ola familias!
Esta vez foron as intrépidas e intrépidos de 2º de Primaria @s que se atreveron co programa radiofónico de "CINE DE RADIO". O concurso versaba sobre unha das súas cancións favoritas: "DE ELLOS APRENDÍ". Descubrimos as películas que estaban detrás das frases da canción. Premede no PLAY e a disfrutar!
 
 
 

3º DE PRIMARIA PRESENTA: RADIO VIOLETA

Ola familias!

Os nenos e nenas de 3º, no seu programa de Radio Violeta deleitáronnos cunha liña do tempo moi orixinal. Feita con mulleres que loitaron polos dereitos de todas e que, sen dúbida, estivo moi ben acompañada das súas voces e de boa música. Se queredes pasar un bo anaco...premede no PLAY!

 
 

SEMANA DA PRENSA

Foi o luns, 6 de marzo, cando os axudantes da biblioteca de 5º e 6º de primaria, puxéronse mans á obra.

Xa que atopábamonos na Semana da Prensa, decidiron montar o quiosco da Tepoteca.

E aquí tedes o resultado!

Tepo e Tepa están moi emocionados coa acollida. Os nenos e nenas do cole de Rebordáns achegáronse a gozar dos xornais e revistas.

Logo decidiron crear, xunto coas súas familias, novas noticias locas que tamén emitiron na Reborradio.

 

ESTREAMOS EQUIPOS DE RADIO.

Ola familias,

Estreamos equipo de radio novo! Mesa de misturas, micrófonos e auriculares profesionais e un portátil. Grazas ao material aportado polo proxecto Polos Creativos.

Os primeiros en probalo foron os nenos e nenas de 4º de primaria. A verdade é que lle deron un moi bo uso. Xulgade vós mesm@s premendo na imaxe.

P.D. Desculpade a calidade do son, pero as profes aínda estamos aprendendo...;)

QUINTO NA REBORRADIO

Premede na imaxe para escoitar a nova emisión de Reborradio.

6º DE PRIMARIA NA REBORRADIO

Os nosos locutores e locutoras de 6º de primaria radiáronnos un programa interesantísimo onde, entre outros temas, falaron sobre o día da Paz, data que temos presente todos os días do ano.

Seguimos traballando os ODS, neste caso o ODS 16: sobre a Paz, xustiza e institucións sólidas.

Pinchade na imaxe para escoitar a nova emisión de Reborradio.

 

XORNADAS DE FORMACIÓN DIXITAL PARA AS FAMILIAS

Ola familias!

Continuamos coa formación ás familias dentro do Plan Dixital do centro. Será en marzo e haberá servizo de atención aos nen@s durante os cursos. Non é necesario ter coñecementos de informática. Animádevos anotándovos no whatsapp do cole.

MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!

 Ola familias! 

De novo, poñemos en marcha as mochilas viaxeiras

As mochilas irán de casa en casa con lecturas para ser compartidas en familia.

Poderedes telas en casa durante unha semana, e despois voltarán ao cole para contarnos que tal foi todo. 

No caderno viaxeiro compartide as vosas vivencias e anécdotas, facede debuxos ou pegade fotos.

Lembrade que é importante a puntualidade. Así todas as familias poderán gozar coa mochila.

Contén tamén unha enquisa onde poderedes aportar todas as ideas que axuden a mellorar esta iniciativa.

Esperamos a vosa colaboración con moita ilusión.

 

Boas lecturas, familias!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut