VISITAMOS "BONILLA A LA VISTA"

Os nenos e nenas de primeiro, acompañados das mestras, visitamos a fábrica de patacas fritidas "BONILLA A LA VISTA".


Prestamos moita atención cando  as guías nos explicaron o proceso:



  • As patacas están en sacos xigantes (1.200kilos!).

  • Soben por unha cinta para a bañeira e alí lávanse.

  • Seguen a máquina picadora onde as corta e lles saca o amidón.

  •  A fritideira xigante está pechada e parece un túnel.

  • Unha vez fritidas pasan as bandexas para pesalas e empaquetalas.

  • Gardan as bolsas en caixas e lévanas ao almacén.

  • Están almacenadas ata que as reparten aos supermercados, cafeterías e tendas de alimentación.

  • No almacen vimos outros productos que reparten cando levan as patacas: aceitunas, madalenas...

A visita gustounos moito e, cando rematamos, regaláronnos unha bolsa de patacas fritidas e un paquete de "gusanitos" que comemos cando chegamos ao colexio. Que ricos estaban!


 


 


Powered by Drupal - Design by artinet