1º Ciclo

VISITA DE 2º E.P. AOS BOMBEIROS

Ola a todos!

Este luns e martes estivemos de visita no parque de bombeiros. Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas que descoñecíamos. Deixámosvos unha ligazón dun vídeo con imaxes das dúas excursións. 

Aviso Bombero GIF by DKISS

1º E 2º DE PRIMARIA VAI A UN CONCERTO!

Este venres, 28 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria teremos a oportunidade de asistir a un concerto ao Palacio da Ópera, titulado "Vaia circo!", do grupo de percusión Odaiko.

Estamos impacientes!  

GRAZAS ALUMNADO E FAMILIAS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA!!!

Agradecemos a todas as familias e ao alumnado de 2º de Educación Primaria a realización deste vídeo tan bonito, especialmente aos nenos/as pola súa participación e a nai e a irmá de Ainhoa López Viqueira, de 2º A, pola organización e a iniciativa deste detalle tan precioso.

Estamos moi emocionadas!!!! 

Virginia e Sara.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Hoxe celébrase o Día do libro!!!! 

Premendo en Mortadelo e Filemón tedes un montón de cómics para desfrutar da súa lectura. 

Primeiro a tope!!

Traemos a nosa portada estes divertidos e animados vídeos das aulas de primeiro. Unha mostra máis do fantásticamente ben que o estades a facer. Parabéns!!

 

 

PARA LER MÁIS...

Amazon ten dispoñible de forma gratuita lecturas e historias de audio para nenos e nenas de diferentes idades en seis idiomas diferentes. Todas as historias son gratuitas dende un ordenador, un teléfono ou unha tablet. Preme na foto e poderás acceder.

 

CAMPAÑA DO CONCELLO "NINGUÉN ATRÁS"

O concello pon en marcha unha campaña chamada "Ninguén atrás" para cubrir as necesidades educativas das e dos escolares con dificultades de acceso aos recursos dixitais.

"NINGUÉN ATRÁS"

BUSCANDO TESOUROS

Neste tempo de quedar na casa, non podemos ir de viaxe por aí adiante. Pero si podemos converternos en piratas que percorren mares en busca de tesouros.

Aquí tes un mapa no que irás atopando eses tesouros que diferentes editoriais e plataformas poñen á nosa disposición de forma totalmente gratuita. Navegar polas historias e mergullarse nelas para vivir toda a súa maxia. Fai click nos botóns e xa verás.

Atréveste?

BAÍA EDICIÓNS: acceso gratuito a contos por idades (dous deles son de Cristina, a profe de Inglés do cole).

KALANDRAKA TV: un conto contado cada día (haino en galego e en castelán).

BRUÑO: acceso gratuito a varios contos.

XERAIS: acceso gratuito a varios contos de distinto nivel.

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE: contos contados do colectivo Biblos Clube de Lectura.

PANDEMIA DE CONTOS: vídeo contos para diferentes idades (infantil, familiar e adulto) do colectivo NOGA narración oral galega.

CONTO DE BRUNO: vídeo conto de Bruno e a súa nai.

BIBLOTECAS PÚBLICAS. GALICIA LE: plataforma para lectura electrónica e/ou visionado de películas desde a casa.

PARA LER E ESCOITAR

Son moitas as iniciativas para compartir lecturas nestes días. Aquí deixamos o acceso a algunhas delas. Esperamos que sexan de proveito para vós. Boas vacacións e boas lecturas.

BAÍA CON VÓS NA CASA (acceso gratuito a libros por idades, con dous contos de Cristina, a profe de Inglés).

KALANDRAKA (un conto contado cada día en galego e castelán).

CONTOS PARA DESPOIS DAS OITO E VINTE (contos lidos de Biblos Clube de Lectura).

Powered by Drupal - Design by artinet