Taboleiro

Grazas Begoña!!

Mestra de infantil Begoña con ramo de despedida

Case 40 anos como mestra de infantil, dos que a metade foron no noso colexio, de titora ou de apoio, hoxe termina a súa andaina profesional e laboral, . e queremos no nome de toda a comunidade educativa, o primeiro darlle as grazas e seguidamente desexarlle moita saúde e sorte para desfrutar da nova etapa da súa vida, a partir de agora, seguro que moito máis relaxada.

A propia Begoña elaborou un pequeno e emotivo vídeo que recolle diferentes momentos do seu paso polo colexio e que quere compartir con todos-as. Para velo, premede na foto.

Grazas e ata sempre Begoña!!

Ciberseguridade - Ciberresponsabilidade

Nas diferentes imaxes atoparedes multitude de ferramentas útiles para abordar con seguridade calquera problema, dúbida, durante a utilización da tecnoloxía, navegación por internet, redes sociais, etc.

enlace á web da axencia nacional de protección de datos

 

web do incibe sobre a volta segura ao cole en internet

web da periodista Esther con pequenos vídeos para prevenir problemas na rede

 

 

Xa estamos de volta - Curso 23/24

Saudamos a todo o alumnado e familias do centro e vos damos a benvida a este novo curso escolar 2023-2024. Xa estamos a traballar na preparación e organización deste novo curso académico. Este curso e despois de dez anos, volveremos a ter dúas aulas por curso, non haberá ningún desdobre. Gracias a isto contaremos de novo cunha aula específica de música, cunha nova aula para relixión e algunhas novidades que presentaremos no futuro. Para empezar xa tedes a vosa disposición a información dos novos-as titores-as e especialistas para este novo curso. Entre o luns e o martes publicaremos as listaxes de material escolar para primaria.

Lembramos ás familias de 3 anos que teñen unha reunión informativa moi importante o vindeiro martes 5 ás 12h no salón de actos. Ademáis nesa reunión podedes entregar o material do voso fillo-a a cada unha das mestras.

Seguide atentos-as á web para recibir información detallada e puntual de todo o que acontece neste curso.

Non olvidedes que o luns 11 de setembro empezan as clases ás 9h.  

Festival de Nadal 2022

Despedimos o primeiro trimestre deste curso voltando ao Salón de Actos a celebrar o noso tradicional Festival de Nadal. Como sempre un éxito de participación, todos os cursos tiveron a oportunidade de realizar unha actuación. Ademáis aproveitamos para despedir ao alumnado de prácticas da UDC e agradecer o seu traballo neste trimestre. Tedes na seguinte lista de reproducción unha boa mostra de todo o acontecido nesta celebración, e a continuación unha selección de imaxes do mesmo festival. BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2023!!!

Gracias Juan!

Este xoves 31 de marzo Juan J. Fernández García, mestre de primaria termina a súa carreira como docente, despois de máis de 35 anos. Un docente coñecido e recoñecido no ámbito educativo galego e coruñés. Estivo casi 20 anos traballando na Consellería de Educación como experto no ámbito das novas tecnoloxías. Tras ese periodo pasou ao CEIP Sal Lence no que actuou como director un par de anos para chegar ao Fdez Latorre no 2012, onde foi titor de 5º e 6ºEP ademáis de secretario durante sete cursos. Tamén dirixe a Asociación TADEGA, que fomenta e apoia o uso da tecnoloxía en alumnado con diversidade funcional.

Toda a comunidade educativa deséxalle moita saúde e felicidade nesta nova etapa da súa vida e agradecémoslle sinceramente o seu traballo no noso centro. Ata sempre Juan!!

Por un patio máis inclusivo

Unha das novidades deste curso é a incorporación de accións de voluntariado co alumnado. Pois o venres 15 de febreiro daremos inicio á proposta más novedosa deste voluntariado. Darémoslle unha volta ao patio de recreo, e coa axuda dos voluntarios-as e parte do profesorado, poñeremos en marcha diferentes actividades de lecer durante o recreo, para que todo o alumnado teña a opción de elixir como pasar o tempo do recreo dun xeito diferente. Empezaremos cun día semanal, os venres, e na medida das posibilidades e a valoración dos resultados, o extenderemos a máis días.

Aquí tedes o logo da actividade (realizado por Candela de 6ºB), e todas as opcións e ubicación.

 XOGOS DE SEMPRE         DÍANTE DA CASA DA CONSERXE                       
FÚTBOL PISTA CUBERTA
XOGOS TRADICIONAIS  ZONA DOS CAMPOS DE BRILÉ
BALONCESTO        PISTA DESCUBERTA                   
XOGOS DE TABOLEIRO NA ENTRADA DO EDIFICIO
ROBÓTICA SALÓN DE ACTOS
A BAILAR AULA DE INFORMÁTICA
XOGOS DE MODA PATIO CUBERTO
XOGOS PARA INFANTIL PATIO DE INFANTIL
BIBLIOTECA - BRAILLE NA BIBLIOTECA

 

 

Simulacro

Este venres 5 de outubro realizamos o simulacro anual de evacuación do edificio. Nesta ocasión baixo a supervisión da empresa especializada Gesplan que ademáis axudounos a introducir un elemento que fixo máis real e creible o simulacro, o fume. A evacuación foi realizada con éxito en 4 minutos e 30 segundos, e non rexistramos ningún incidente.

Rúas coruñesas con nome de muller

O 8 de marzo é o día internacional da muller traballadora, no CEIP Juan Fernández Latorre consideramos que todo o ano debemos recoñecer ese traballo, por iso dende o EDLG do Colexio propuxemos a realización dun traballo interdisciplinar ao longo do curso.

Agora que xa rematamos, mostramos un recompilatorio de todo o traballo, lembrar que os nenos e nenas do laciño vermello xa vós ensinaron o seu traballo con motivo das Letras Galegas.

Agora tedes á vosa disposición o resto de traballos neste video.

Gracias a todas ás mulleres traballadoras do noso rueiro e, en especial, ás da nosa comunidade educativa.

Disfrutade das vindeiras vacacións de verán que ben merecedes un descanso.

Homenaxe a Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o festival das Letras Galegas no colexio, os nenos e nenas do laciño vermello adicandelle este pequeno video en homenaxe a Rosalía, a escritora que iniciou o rexurdimento das nosas letras.

Lembramos que un 17 de maio foi publicado o seu libro Cantares Gallegos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet