Novas

FESTA DO ENTROIDO 2024

Ola familias!

Xa está aquí a festa do Entroido para o alumnado do colexio.

Este venres a partir das 16h, entrada de balde cun máximo de dous acompañantes por alumno/a por cuestión de aforo.

Contaremos con xogos populares e deportivos, xogos de puntería, DJ e Karaoke con pantalla xigante, talleres creativos, concurso de disfraces con...Sorpresas!  Ademáis, as familias de sexto de primaria ofrecerán unha rica merenda como é tradición, para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Aproveitamos para recordarvos que sexades responsables á hora de sacar fotografías, xa que non se poden difundir fóra do ámbito privado sen o consentimento previo dos afectados. A dirección do centro e a APA Castrillón non se fan responsables da distribución ou uso indebido de fotos ou vídeos a través de redes sociais.

NOTA: ese día non haberá actividades extraescolares, polo que é preciso recoller aos nenos e nenas que van a comedor antes das 16 horas.

ESPERÁMOSVOS!

 

FESTA NADAL 2023

 

Ola familias!

Xa está aquí a festa de Nadal para o alumnado do colexio.

Entrada gratuita cun máximo de dous acompañantes por alumno/a por cuestión de aforo.

Contaremos coa visita de Papá Noel, obradoiros de Nadal e xogos populares para pasalo moi, moi ben. Ademais, as familias de sexto de primaria ofrecerán unha rica merenda como é tradición, para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Aproveitamos para recordarvos que sexades responsables á hora de sacar fotografías, xa que non se poden difundir fóra do ámbito privado sen o consentimento previo dos afectados. A dirección do centro e a APA Castrillón non se fan responsables da distribución ou uso indebido de fotos ou vídeos a través de redes sociais.

NOTA: ese día non haberá actividades extraescolares, polo que é preciso recoller aos nenos e nenas que van a comedor antes das 16 horas.

ESPERÁMOSVOS!

 

CARTEL_NADAL

 

SAMAÍN 23-24

XA ESTÁ AQUÍ O NOSO SAMAÍN...PARA 5º DE PRIMARIA O DÍA 27 DE OUTUBRO

                                                           PARA 6º DE PRIMARIA O DÍA 31 DE OUTUBRO

UNHA NOITE ESPECIAL...ÚNICA...E CHEA DE SORPRESAS...TERRORÍFICAS...

          

Renovación socios curso 2023/2024

Renovación socios 2023/2024

Xa Temos ganador

Parabens! Xa Temos o resultado do sorteo da Cesta de Nadal para a recaudación da excursión de sexto. Revisase os números todos aqueles que mercáchedes algún boleto 

Listaxes campacoles nadal

Listaxes Campacoles Nadal

Campacoles Nadal

Campacoles 

     Nadal 

   2022-2023

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet