Novas

Banco de Libros de Texto

Co final de curso queremos realizar esta iniciativa demandada por moitas familias, e así favorecer a reutilización solidaria dos libros de texto e tamén conseguir un aforro para as familias implicadas.

Facendo clic na imaxe accedese á circular explicativa.

banco-de-libros-de-texto.JPG

Excursión a Marcelle

O pasado xoves día 5 de Xuño levamos os nenos e nenas de 6º de E.I. e de 2º de E.P. a Marcelle.

Foi todo unha esxperiencia, e pasámolo xenial!!!

 

 

 

Nova Xunta Directiva da ANPA

Na Asamblea Ordinaria celebrada o 11 de novembro de 2013 acordouse a composición da nova Xunta Directiva que queda da seguinte forma:

PRESIDENTA:               Sonia Portas Sexto

VICEPRESIDENTA:         Gloria Racedo Añón

SECRETARIA:               Nieves Sáez Juez

TESORERA:                 Vanesa Bergondo Balsa

VOCAL 1:                   Javier Iglesias Suárez

VOCAL 2:                   Milagros Rivera Carballo

VOCAL 3:                   Noelia Mancebo Pereiro


Programa Educa Saúde

Dende outubro e ata finais de decembro o noso Colexio será beneficiario do desenvolvemento deste programa municipal, que consiste en diferentes charlas educativas e informativas para o alumnado e as familias, con temáticas diversas; médica, afectivo-sexual, educación social, emocional, etc. As charlas para o alumnado serán polas mañáns, e para as familias polas tardes de 4 a 5,30h, contando coa posibilidade de deixar aos nenos-as realizando talleres paralelos. Dende aquí os animamos a participar acudindo ás diferentes charlas, onde encontraredes unha importante axuda na tarefa de educar na familia.

Tempo de despedidas na ANPA

Aquí as tedes, Ruth, Ana, Conchi e Marga. Logo de moitos anos traballando para organizar actividades e servizos para o alumnado do Colexio, chegoulles o momento de despedirse. Ruth foi a presidenta estos últimos cursos, sempre disposta a dar solucións cun sorriso de serie incorporado. Marga como tesoureira e como representante no Consello Escolar, desenvolvendo unha labor menos visible, pero sempre eficaz e dilixente. Conchi representando ao ANPA no Consello e actuando como delegada permanente para os asuntos de seguridade no Centro. Por último Ana sempre disposta a colaborar, que aínda que seguirá no Colexio coa súa pequena, razóns profesionais obríganlle a deixar o traballo na ANPA. Para as catro recoñecemento e gratitude polo voso traballo e dedicación en nome de toda a Comunidade Educativa do Fdez Latorre. GRACIAS!!

Formación en Primeiros Auxilios

Este luns 15 de abril o profesorado do Centro e as nais do ANPA tivemos a oportunidade de asistir a unha pequena xornada de actualización e formación no ámbito das emerxencias, impartida por AGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias) . A primeira parte da charla abordamos o xeito de atender urxencias derivadas de alerxias alimentarias, diabetes e ataques epilépticos. Na segunda parte realizamos prácticas de RCP (reanimación cardio-pulmonar), atendendo as dferencias entre lactantes, nenos e adultos. Dende aquí agradecemos á directiva da ANPA as xestións realizadas para a celebración desta actividade formativa, e como non, á colaboración desinteresada dos técnicos de emerxencias.



 


 


 


 


 

Nova Xunta Directiva da ANPA

O pasado luns 18 de febreiro tivo lugar a reunión anual de socios-as do ANPA na que acordouse a renovación dos membros da Xunta Directiva, quedando coa seguinte estructura:

PRESIDENTA:    ANA PAULA EITOR BANDIN.
SECRETARIA:    NIEVES SAEZ JUEZ.
TESOUREIRA:    VANESA BERGONDO BALSA.
VOCALES:        FRANCISCO JAVIER IGLESIAS SUAREZ.
                      SONIA PORTAS SEXTO.
                      NOELIA MANCEBO PEREIRO
                      Mª GLORIA  RACEDO AÑON.
                      MILAGROS  RIVERA CARBALLO.

Festa de Nadal da ANPA

Un magnífico espectáculo de maxía, a visita de Papa Noel e unha asistencia masiva de espectadores fixeron a velada inolvidable. Felices Festas.

Powered by Drupal - Design by artinet