Novas

CAMPACOLES NADAL

            CAMPACOLES NADAL 18/19

NOITE DE SAMAÍN 2018

¡¡NOITE DE SAMAÍN 2018!!

PROGRAMA CÓXEGAS

Aínda que as actividades extraescolares anuais non dan comezo ata outubro, o concello oferta, coma outros anos, o programa Cóxegas para  os días lectivos do mes de setembro

CÓXEGAS

 

Para formalizar a solicitude a oficina estará aberta o xoves 6 e o venres 7 de 11:00 a 12:30, e o luns de 16:00 a 17:00.

Volta ao cole

 Comeza o curso 2018/2019, e na AMPA tamén estamos de volta. Benvid@s!!

Becas comedor 18-19

Hoxe 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Programa municipal de traballo con familias

Tfno: 981 18 42 00, ext 33040

Charla sobre igualdade

O vindeiro luns 19 de marzo estades todos-as invitados-as a participar na interesante charla da orientadora Ana Torres, sobre igualdade de xénero, que terá lugar no Salón de Actos ás 18h. A actividade está organizada pola Plataforma do Castrillón, pola igualdade e contra a violencia de xénero.

Becas de comedor para o curso 2017-18.

Hoxe 8 de maio de 2017, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2017-2018.

O prazo para solicitalas será do 9 ao 30 de maio, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

SAMAÍN 2016: NOITE NO COLEXIO E CAMPAMENTO SAMAÍN LUNS 31 OUTUBRO II

 

NOITE DE SAMAÍN NO COLEXIO

 

¿ATRÉVESTE A PASALO DE MEDO?

 

Algo vai pasar no Fernández Latorre este Samaín. A noite do 28 sorprenderemos con actividades, historias de medo e moito máis....

 

Despois do tradicional desfile de cabazas polo barrio, os apuntados á durmida espeluznante volveremos ao cole (arredor das 20.00 h), e pasaremos unha noite de medo!!

 

O único que necesitan os rapaces é: Saco de durmir, lanterna, roupa cómoda, cepillo de dentes e a cea do VENRES.

 

Horario:

 

  • RECEPCIÓN: Venres 28 ás 20:00 h

  • RECOLLIDA: Sábado 29 ás 09:00 h

 

Prezo:

 

  • 10 €

 

Esta actividade está dirixida só a nenos SOCIOS da APA, (por tema do seguro), dos cursos 4º, 5º e 6º de Primaria, e ten prazas limitadas, (25). De haber máis demanda que oferta farase un sorteo por nº de inscrición. O SORTEO REALIZARASE O MÉRCORES 26 AS 17:30H.

 

Inscricións e información na oficina da APA os días: venres 21 (9:05-9:30h) e luns 24 (9:05-9:30 e 16:05-18:00), martes 25 (16:05-17:00h) e Mércores 26 (16:05-17:00h)..

 

Os NON Socios estades a tempo de asociarvos. Cota anual por familia 20 €. ¡ANIMÁDEVOS!

 

 

 

UN SAÚDO ANPA CASTRILLÓN.

 

SAMAÍN 2016: NOITE NO COLEXIO E CAMPAMENTO SAMAÍN LUNS 31 OUTUBRO

 

A PA CASTRILLÓN

 

C/ Casanova de Eirís, nº 26

 

15009 A CORUÑA

 

Tlf: 981 - 13 99 80 Móvil: 698 129 743

 

Correo e-: apacastrillon@hotmail.com

 

 

 

Búscanos en FACEBOOK (Apa Castrillón)

 

 

PROGRAMA A.P.A. CONCILIA”

 

CAMPAMENTO SAMAÍN LUNS 31 OUTUBRO

 

Seguindo coa iniciativa na que pretendemos dar ás familias unha opción para atender aos nenos eses días non lectivos, pero nos que os pais traballamos, nun entorno coñecido, as instalacións do propio colexio, e no horario de atención ordinario, incluíndo servizo de madrugadores e de comedor, informamos que haberá un campamento o día non lectivo pero laboral LUNS 31 OCTUBRO

 

Faremos un campamento temático moi divertido, no que os monitores realizarán diversas actividades e xogos, dirixidos os diferentes grupos de idade coas que todos pasarán unha xornada divertida!!

 

Horario:

 

  • RECEPCIÓN: Ás 09:00 h

 

Madrugadores: Dende as 07:30 h

 

  • RECOLLIDA: Ás 14:00 h

 

Comedor: 16:00 h

 

Horario ampliado: 17:00h

 

Prezo:

 

  • De 9:00 a 14:00 h: 10 €

  • Con madrugadores: +2,5 €

  • Con comedor: +5,5 €

  • Horario ampliado: sin coste

 

Esta actividade está dirixida a nenos de todos os cursos SOCIOS da APA, (por tema do seguro), e NON ten prazas limitadas.

 

Inscricións e información na oficina da APA os días: venres 21 (9:05-9:30h) e luns 24 (9:05-9:30 e 16:05-18:00), martes 25 (16:05-17:00h) e mércores 26 (16:05-17:00h).

 

Os NON Socios estades a tempo de asociarvos. Cota anual por familia 20 €. ¡ANIMÁDEVOS!

 

NOTA INFORMATIVA: Informamos ás familias becadas de comedor, con actividades do concello, que pasen pola oficina da APA

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet