Listaxes definitivas de alumnado admitido no curso 2012-13

Unha vez trancurridos os prazos publicamos as listaxes definitivas de        admitidos que poden ser recurridas en recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de A Coruña no prazo de un mes a partir do 16 de maio. Houbo algunhas variacións en 4º EI. xa que se presentaron tres reclamacións, das que dúas foron atendidas positivamente. En 4º Ed. Infantil faltan 5 prazas por asignar por parte da Comisión de Escolarización, que previsiblemente corresponderanlle aos cinco seguintes da lista. Tamén, en 1ºEP xurdiu unha vacante nestes días, que se lle adxudica ao primeiro solicitante da lista.Lamentamos non poder atender todas as solicitudes, pero as vacantes que ofertamos son as máximas posibles.



O alumnado admitido deberá matricularse na Secretaría do Colexio entre o 20 e o 29 de xuño

Valentín Paz Andrade

O xoves 17 de maio celebramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Este  ano, como sabedes, conmemoramos ademáis o 50º aniversario desta celebración. O 2012 está adicado a Valentín Paz Andrade, escritor polifacético do século XX.


Facendo clic na imaxe podedes descargar o díptico elaborado polo Equipo de Dinamización da Língua Galega deste Colexio, no que atoparedes resumida información sobre o autor e a súa obra. Tamén podedes traballar con máis profundidade a figura de Paz Andrade seguindo o seguinte link http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas cheo de información e actividades.

50 anos de Letras Galegas

   Este ano cúmprense 50 anos da conmemoración do Día das Letras Galegas. No Colexio quixemos contribuir cunha actividade especial de lectura das obras dos diferentes autores homenaxeados, por parte de alumnas-os de primaria. Nos diferentes vídeos podedes ver e escoitar o traballo dos rapaces.

  http://www.youtube.com/watch?v=2z0g2cbO6RQ - 2ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=W6EPDBhtXhw  -3ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=dtyz6OG1q38 - 4ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=NtSVe2Pw5rI - 5ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=XOY7JurC_HY&feature=relmfu  - 6ºB

Listaxes provisionais de admitidos para o curso 2012-13

Reunido o Consello Escolar o 30 de abril de 2012 aprobou as seguintes LISTAXES PROVISIONAIS sobre o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso.


Destacamos que en 4º Ed Infantil (3 anos) concedemos 44 prazas, as seis restantes están reservadas a solicitantes con NAE (necesidade de apoio educativo). Actualmente presentouse unha solicitude no colexio para este cupo. A finais de maio a comisión de escolarización resolverá ao respecto.


Ata o día 8 de maio pódense presentar reclamacións na secretaría do Centro.  Unha vez resoltas as reclamacións publicaremos as listaxes definitivas. (16 de maio)

Xornada de xogos tradicionais

Xoves 26 de abril, nenas e nenos de 2ºEP viaxamos ata A Capela, ao CEIP Mosteiro de Caaveiro para participar no proxecto de Brinquedia, asociación adicada á recuperación e promoción dos xogos populares e tradicionais en Galicia. A actividade, a visita, o intercambio e convivencia, todo fantástico. Grazas.

Premio en el Torneo Miguelito

En la edición anual del Torneo Miguelito de Judo el Colegio recibió el Premio de Técnica Miguelito. Dende a directiva do ANPA e a Dirección do Centro queremos faceros partícipes, e agradecer o traballo realizado aos profesores de judo Alex e Juan e aos judokas do Colexio.


Norabóa

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. ANDERSEN

O 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Como sabedes é en honor a Andersen, quen escribiu moitas e fermosas historias que coñecemos dende pequenos e seguimos contando aos máis novos.

Para saber algo máis sobre él e a súa obra, só tes que premer aquí e realizar a actividade lim que aparece, aportada e compartida con xenerosidade por Julia González, do CEIP Mestres Goldar. Vaian para ela e e seu equipo os nosos parabéns e agradecementos por este traballo.


Xogos de sempre

Durante o mes de marzo o alumnado de 2º EP traballou en Ed Física entorno aos xogos populares. Como broche final, realizaremos en abril, un encontro de xogos populares no colexio de A Capela. 



Torneo de ximnasia rítmica

Alumnas de 1º e 2º da actividade extraescolar de ximnasia participaron representando ao colexio, nunha exhibición en Ferrol o pasado fin de semana.



Powered by Drupal - Design by artinet