Proceso de admisión de alumnado para o curso 24/25

Dende o 15 de xaneiro actívase o procedemento de admisión de alumnado para colexios e institutos públicos e concertados. Nunha primeira fase corresponde facer a reserva de praza para os centros adscritos. No noso caso todo o alumnado de 6ºEP interesado en continuar estudos de secundaria no IES Monte das Moas (instituto ao que estamos adscritos) terá garantizada a praza sempre que realice o trámite de reserva de praza antes do 5 de febreiro, e o número de solicitudes non supere ás prazas ofertadas. (o colexio enviará documentación ás familias nos vindeiros días)

No caso de solicitude de prazas para 4ºEI (3 anos) ou para calquera outro curso, ou cambio de centro, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. Para esta parte do proceso de admisión, publicaremos as vacantes e información e instruccións detalladas na segunda quincena de febreiro.

INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN - NORMATIVA LEGAL

MERENDAS SAUDABLES

Estimadas familias:  somos conscientes da importancia de adquirir uns bos hábitos alimentarios para unha boa saúde, por iso, propoñémosvos participar no plan de merendas saudables.

Seguro que todos e todas gañaremos moito, moito.

 

FESTIVAL DE NADAL 2023

Despedimos o ano 2023 celebrando o Festival de Nadal no que participaron todo o alumnado e profesorado Deixamos acceso a todas as actuacións, a través dunha lista de reproducción, para que poidades disfrutar das diferentes e variadas representacións. Bo Nadal para todas e todos!!

 

Fotos Nadal 23 de Pablo Rey

Comezan as primeiras actividades conxuntas en Brotes Verdes

O pasado martes día 19 coñecemos aos coles participantes no proxecto Brotes Verdes. Fixémolo por medio dunha videochamada na que compartimos vídeos de presentación de cada un dos centros. Deste xeito puidemos coñecer os espazos de xogos e os hortos escolares que hai noutros colexios e puidemos obter algunha idea para poder aplicala ao noso centro.

O NOSO RETO: 3 de decembro, "Día internacional das persoas con Diversidade Funcional"

A linguaxe Braille de Virginia Pato Alonso

E aquí tedes propostas de lecturas ou vídeos sobre este tema.

PROXECTO BROTES VERDES

“Brotes Verdes” é o nome do proxecto que foi seleccionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional nunha convocatoria que tiña por obxectivo agrupar centros educativos para levar á práctica proxectos comúns. Trátase dunha proposta para mellorar os espazos de lecer, o horto escolar e poder fomentar a educación inclusiva, a innovación e a creatividade. É un proxecto que levaremos a cabo con outros coles situados en Badajoz, Zaragoza, Madrid, Murcia e León. Permitiranos compartir experiencias, coñecer outras realidades e aprender delas. No colexio abordaremos cambios nos patios e na horta, así como noutros ámbitos, buscando a complicidade de toda a comunidade educativa, especialmente do alumnado e profesorado. Pronto haberá novidades.

25 N POLA CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

Un ano máis dende a plataforma PICUS, invítasenos a participar na convocatoria do concurso exposición sobre a non violencia de xénero. 

Deixamos aquí a ligazón ao cartel con toda a información. Hai diferentes categorías, dende infantil ata adultos/as. 

Animádevos a participar, porque construir unha sociedade igualitaria e sen violencia de xénero é cousa de todos e todas.

CARTEL

A Festa do Magosto

Chegando San Martiño e como é tradición celebramos o magosto no colexio, con algúns cambios debido á omnipresente choiva. Participou todo o alumnado cos fermosos cartóns porta castañas decorados, saboreando este froito que trouxeron eles mesmos e asamos entre o cole e unha empresa externa, debido a choiva. Tamén houbo batidos e música e baile, coa actuación da rapazada de Donaire. 

ACHÉGASE O MAGOSTO!

Vaise achegando o tempo do magosto e pouco a pouco, dende o colexio, queremos ir retomando vellos costumes. Este ano, volveremos asar as castañas no centro, polo que pedimos a colaboración de todas as familias. Se premedes na imaxe, accederedes á información.

E se queredes visualizar ou descargar unha unidade didáctica sobre o magosto, só tedes que facer click nesta LIGAZÓN.

 

Powered by Drupal - Design by artinet