SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 24-25

Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2024-2025. A presentación pode realizarse tanto por vía telemática, como presencialmente na secretaría do noso colexio en horario de atención ao público. (Non é necesario solicitar cita previa). A continuación tedes toda a información actualizada necesaria para preparar e presentar as vosas solicitudes.

Horta escolar

Hoxe martes 20 de febreiro botou a andar de novo o noso horto escolar. Fíxoo da man de Yago García-Garaball, asesor e creador de hortos ecolóxicos, xunto co alumnado de 5º e 6º. Nas vindeiras semanas e ata rematar o curso irán pasando polo horto tódalas aulas do cole para aprender sobre sementes,  ferramentas e coidado do horto, compost… e moitas cousas máis!!

Alumnado traballando na horta escolar

Xornada de Portas Abertas 2024

Como sabedes entre o 1 e 0 20 de marzo abrirase o prazo para solicitar praza escolar no vindeiro curso 2024-25. Por este motivo o luns 4 de marzo, ás 18h, estaremos a vosa disposición no colexio para que coñezades as nosas instalacións, e de paso, procuraremos resolver as vosas dúbidas sobre a escolarización e o proceso de admisión.

Entrega de alimentos á Cocina Económica

Puxemos o colofón a nosa campaña de recollida de alimentos realizando a entrega de todas as doazóns de familias e profesorado. Dende a Cocina Económica de A Coruña queren que vos traslademos a súa gratitud e parabéns pola campaña e a gran cantidade recollida. Así que GRACIAS E PARABÉNS!!

DÍA DA PAZ

Outro 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a convivencia nas escolas. Este ano, e nun mundo onde aumentan as guerras e conflictos armados, faise máis necesario continuar, como durante todo o curso, cunha mensaxe clara en favor da non violencia, a solidariedade e a cultura de paz. Ademáis da recollida de alimentos en favor da Cociña Económica, fixemos múltiples actividades nas aulas, así como un mural colectivo, unha pegatina conmemorativa e un acto conxunto coa canción de Happening, "Alto el Fuego".

Primeiro Encontro do Agrupamento de Centros - Brotes Verdes

O pasado 15 de xaneiro tivo lugar, no CEIP Príncipe de Asturias, en Montijo (Extremadura)  o primeiro encontro dos centros pertencentes ao agrupamento educativo “Brotes Verdes”. 
A finalidade deste encontro foi a posta en común de ideas que nos permitan revitalizar os espazos de xogos e poñer en marcha o horto escolar.
Cada centro ten necesidades distintas pero compartir as dificultades e os puntos fortes de cada un dos colexios  axúdanos a mellorar e encontrar novas ideas e dinámicas axeitadas a nosa realidade.
Estamos moi agradecidos pola acollida do Claustro do CEIP Príncipe de Asturias que nos permitiu participar na vida do centro e nos organizou diferentes actividades educativas e culturais para coñecer a Cidade de Mérida. Deixámosvos algunhas das imaxes do encontro.

DÍA DA PAZ: Campaña de recollida de alimentos

O día 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz nos centros educativos. Queremos aproveitar para lanzar unha campaña de recollida de alimentos a favor da Cocina Económica de A Coruña. Do 22 ao 31 de xaneiro podedes deixar na entrada as vosas doazóns. (Facendo clic na imaxe tedes acceso á circular informativa). 

Powered by Drupal - Design by artinet