FESTA FINAL DE CURSO
Chegou o final do curso 22-23. O remate, por fin, e novamente dun curso "normal". O celebramos coa Festa de xogos e pola tarde despedimos a unha nova promoción do Fdez Latorre, e xa van trinta e unha!!. Moitas felicidades e grazas a toda a comunidade educativa.
Tamén os peques de 5 anos, acompañados polas familias e as súas mestras desfrutaron nun bonito acto a súa despedida de Educación Infantil.
Viaje de sexto a Madrid
Este viaje ha sido sin duda el mejor de todo el curso, hemos reído, llorado, ilusionado, asustado... es una pena que se termine tan rápido , porque aún que no pudiéramos ir todos ,nos lo pasamos genial. Estamos seguros de que cuando recordemos este viaje diremos "Os acordáis cuando en fin de curso..." Y reiremos a carcajadas.( Irene Rodríguez 6 C)
Convocatoria de Fondolibros e axudas de material escolar
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de publicar a convocatoria anual para beneficiarse dos libros gratuitos en primaria, así como as axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2023-24. O prazo está aberto ata o 21 de xuño de 2023, e a presentación da solicitude pode ser presencial na secretaría do Colexio entregando os anexos I e II debidamente cumprimentados, ou ben presentando estes anexos-solicitude telemáticamente a través da aplicación Fondolibros ou en Chave 365.
Listaxes definitivas de admisión curso 23-24
Estimadas familias, informamos que dende o 15 de maio podedes consultar no taboleiro do colexio as listaxes definitivas de admitidos-as e non admitidos-as para o vindeiro curso 23-24. Para a vosa tranquilidade avisamos de que non varían respecto das provisionáis.
MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO: Lembrade que é imprescindible matricular no centro ao novo alumnado admitido, entre os días 20 e 30 de xuño. A documentación necesaria e horarios de atención ao público dispoñibles facendo clic na imaxe.
- Impreso de matrícula debidamente cuberto (pódese recoller tamén en conserxería)
- Enquisa de uso da língua galega cuberto (pódese recoller tamén en conserxería)
MES DAS LETRAS GALEGAS
-
Este curso quixemos celebrar o día das Letras Galegas coa actividade “Espallando as Letras polo barrio”.
O noso alumnado copiou, ilustrou e gravouse lendo textos de Francisco Fernández del Riego para poder dar con eles unha sorpresa á veciñanza do barrio.
Se escaneades os códigos QR podedes escoitalos.
Agardamos que as persoas que reciban este agasallo nos distintos comercios e entidades do barrio lles faga moita ilusión, pois está feito con moito agarimo polo alumnado do noso colexio.
Nesta presentación deixamos fotos do noso alumnado repartindo as bolsiñas cos textos:
Grazas os comerciantes e entidades de proximidade por colaborar nesta iniciativa!!!
-
Entrega de premios ao alumnado que participou na actividade de Contos Compartidos en familia. Parabéns!!!
-
Contacontos en familia na escola. Grazas familias por tanta colaboración!!!
-
Agasallamos ao alumnado con marcapáxinas e díptico do Seminario Galán do que formamos parte.
-
E aquí tedes a nosa revista escolar con algunhas das noticias acontecidas este curso, esperamos que vos guste moito!!!
Que pasedes un feliz Día das Letras Galegas!!!!
LETRAS GALEGAS 2023 – FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas.
Aquí tedes diferentes recursos educativos para coñecer mellor a súa vida e obra. Recomendarvos:
-
A páxina do Seminario Galán, con gran variedade de xogos interactivos, actividades en papel, escolma de textos...
-
A páxina “Primavera das Letras”:
Destacar este fermoso filme “A orixe da nosa lingua guapa” producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea de Fina Casalderrey.
E a canción do libro-disco LINGUA GUAPA, Cantos que Contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, publicado pola Editorial Galaxia.
-
O Portal da Lingua Galega:
Día da Educación Física en María Pita
Neste 2023 quixemos recuperar a idea non realizada do ano da pandemia polo COVID. Realizamos unha complexa organización entre os seis centros participantes para xogar entre todos-as a catro deportes emerxentes e novedosos que comezan a introducirse no ensino dende hai poucos anos, son Kinball, Noqball, Datchball e Tag Rugby. Así os colexios de Victor López Seoane, Salesianos, San Pedro de Visma, Novo Mesoiro, Curros Enríquez e Juan Fdez Latorre conmemoramos o Día da EF na rúa, solicitando máis horas de EF nos colexios e máis e mellores instalacións deportivas na cidade. Agradecemos a colaboración ao COLEF- Galicia, ao CRAT Coruña e ao Concello de A Coruña.
EN ABRIL TEMOS UN RETO PARA TI
Todos e todas sabemos que o mes de abril é o "mes dos libros".
Ler é moi, moi divertido e entretido, e para demostralo, propoñémosvos a seguinte actividade:
Retámosvos a que enviedes unha foto divertida e orixinal vosa (ou de calquera da familia, amizade, etc.) cun libro.
Pode ser de calquera tipo; deixade voar a imaxinación, mergulládevos nalgún libro e xa veredes que foto marabillosa conseguides.
As fotos debedes mandalas ao correo da biblioteca do cole:
osonosnagaiola@gmail.com
Irémolas publicando ao longo de todo o mes de abril na web do cole.
Tedes todo o mes facelo, así que:
Adiante!
ABRIL 2023 de Dolores
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »