MES DAS LETRAS GALEGAS

  • Este curso quixemos celebrar o día das Letras Galegas coa actividade “Espallando as Letras polo barrio”.

Estimados-comerciante1-copia

O noso alumnado copiou, ilustrou e gravouse lendo textos de Francisco Fernández del Riego para poder dar con eles unha sorpresa á veciñanza do barrio.

Se escaneades os códigos QR podedes escoitalos.

Agardamos que as persoas que reciban este agasallo nos distintos comercios e entidades do barrio lles faga moita ilusión, pois está feito con moito agarimo polo alumnado do noso colexio. 

Nesta presentación deixamos fotos do noso alumnado repartindo as bolsiñas cos textos:

Grazas os comerciantes e entidades de proximidade por colaborar nesta iniciativa!!!

  • Entrega de premios ao alumnado que participou na actividade de Contos Compartidos en familia. Parabéns!!!

IMG-9745

1-CICLO-2

IMG-9776

IMG-9743

  • Contacontos en familia na escola. Grazas familias por tanta colaboración!!!

  • Agasallamos ao alumnado con marcapáxinas e díptico do Seminario Galán do que formamos parte.

marcapaginas-2023

  • E aquí tedes a nosa revista escolar con algunhas das noticias acontecidas este curso, esperamos que vos guste moito!!!

Que pasedes un feliz Día das Letras Galegas!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet