1º Ciclo

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

Os nenos e nenas de 1º realizamos uns experimentos coa auga para comprobar como pasa de auga a xeo e a vapor.


Tamén deixamos que o xeo se derretese a temperatura ambiente perooooo... TARDOU DÚAS HORAS EN DERRETERSE!


 

CONCERTO "LA CENICIENTA"

Os nenos e nenas de primeiro asistimos a representación da ópera "LA CENICIENTA" no Pazo da Ópera. A partires do conto de Perrault, o compositor Rossini creou unha nova versión. Algúns personaxes eran distintos aos do conto e, o personaxe que nos pareceu máis simpatico foi a ratiña.


 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade realizamos un circuito para coñecer as dificultades quen atopan na súa vida diaria as persoas con discapacidade visual.


 

"CAPERUCITA ROJA"

Asistimos a unha nova versión do conto que se desenrola de forma circular permitindo aos dous protagonistas revivilo unha, e outra, e outra, e outra...vez.


 

Powered by Drupal - Design by artinet