1º Ciclo

MACEDONIA

Para rematar a cuarta SEMANA DA FROITA as nenas e nenos de 2º degustamos unha rica macedonia.

 

SUEÑOS DE ARENA

As nenas e nenos do 1º ciclo asistimos ao espectáculo de arte con area, música en directo, marionetas e pintura rápida que presentou no Forum Borja González, da compañía "Ytuquepintas". Co movemento das súas mans e area, sobre un cristal, proxectou historias moi bonitas nunha pantalla. Pareceunos moi difícil de facer e aplaudímoslle moito cando rematou.

 

CONCERTO PEDRO E O LOBO

Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo asistimos ao concerto didáctico "Pedro e o lobo". O quinteto INVENTO interpretou unha adaptación do conto musical do compositor ruso Sergei Prokofiev. Esta obra une a palabra, a música e a imaxe para que os nenos e nenas poidamos entender a música clásica. Un narrador contou a historia e o quinteto interpretou a cada personaxe cun instrumento de vento: frauta, oboe, clarinete, fagot e trompa.

Para rematar o concerto os músicos fixeron un experimento: cambiaron  o instrumento que interpretaba a cada personaxe pero soaban mellor como os pensou Prokofiev. Estivemos moi atentos e gustounos moito.

 

Encontros con autores: Yolanda Castaño

O mércores 2 de marzo Yolanda Castaño visitou o noso centro, os nenos de 2º de primaria realizaron a entrevista que podedes visualizar a continuación.

VISITA GRUPO DE BAILES POPULARES "IAR"

Asistimos a actuación do GRUPO DE BAILES POPULARES IAR  no salón de actos de colexio. Ensináronos diferentes instrumentos: gaita, pandeireta, pandeiro, acordeón... Sorprendeunos a música que se pode facer coas ferramentas dos labradores, pedras..Participamos tocando algún instrumento, bailando e acompañando con palmas.

 

DEGUSTACIÓN DE PAN CON ACEITE DE OLIVA E TOMATE

Despois de recoller os tomates da horta do colexio, xuntámonos os alumnos e alumnas de 2ºA e 2ºB para preparar pan con aceite de oliva e tomate. Como estaba tan rico algúns de nós pensamos preparalo nas nosas casas.

VISITA DO ESCRITOR "EL HEMATOCRÍTICO"

Os alumnos e alumnas do 1º ciclo de Primaria preparamos a visita do escritor El Hematocrítico despois de ler o conto "FELIZ FEROZ". Cando veu ao colexio ensinounos como podemos imaxinar diferentes historias para o lobo.Gustounos a súa visita porque participamos inventando novas historias de Feroz, o protagonista dos contos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet