LISTAXE PROVISIONAL BOLSAS COMEDOR

17 de xullo de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Estas son as ligazóns nas que se poden consultar                                                        

-          Taboleiro de edictos:     https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18118

-          Páxina web de servizos sociais:           https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-23-24-propuesta-provisional/suceso/1453841789651

-          Taboleiros dos centros cívicos municipais

 O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Aquí tedes a ligazón para o acceso á listaxe provisional:

LISTAXE PROVISIONAL BOLSAS COMEDOR 2023

Powered by Drupal - Design by artinet