TEATRO EN INGLÉS
O pasado xoves 29 de febreiro veu ao noso colexio por primeira vez unha compañía de teatro chamada Face 2 face para representar dúas obras en inglés. Para 1º, 2º e 3º de primaria foi "Jack and the giant" e para 4º, 5º e 6º "Trouble in the jungle". Esta última trataba dunha rapaza que vivía nunha árbore na selva xunto aos seus amigos animais.
Pareceunos moi entretida porque pediron voluntarios/as para participar na obra e disfrazáronos de animais. Tamén foi divertida porque os personaxes eran moi graciosos.
(Ana, Antía, Alejandra e Hugo de 5ºB)
TEATRO EN INGLÉS de CEIP Fernández Latorre
8 M. MARZO, MES DE MULLERES
Hoxe, 8 de marzo, Día Intenacional da Muller, poñemos en primeiro plano recursos para este día, de forma especial, e para todos os días, de forma xeral.
FELIZ 8 M!
SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 24-25
Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2024-2025. A presentación pode realizarse tanto por vía telemática, como presencialmente na secretaría do noso colexio en horario de atención ao público. (Non é necesario solicitar cita previa). A continuación tedes toda a información actualizada necesaria para preparar e presentar as vosas solicitudes.
- SOLICITUDE ORDINARIA : GALEGO - CASTELÁN
- SOLICITUDE EXTRAORDINARIA GALEGO - CASTELÁN
- CIRCULAR INFORMATIVA CON VACANTES OFERTADAS
- DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- HORARIO DE SECRETARÍA
- CRITERIOS DE VALORACIÓN
- RÚAS DA AREA DE INFLUENCIA DO NOSO COLEXIO
- MAPA DE ZONAS DE COLEXIOS DE A CORUÑA
- SORTEO PRIORIDADE NO CASO DE EMPATE A PUNTOS
- XORNADA DE PORTAS ABERTAS O LUNS 4 DE MARZO ÁS 18H.
Horta escolar
Hoxe martes 20 de febreiro botou a andar de novo o noso horto escolar. Fíxoo da man de Yago García-Garaball, asesor e creador de hortos ecolóxicos, xunto co alumnado de 5º e 6º. Nas vindeiras semanas e ata rematar o curso irán pasando polo horto tódalas aulas do cole para aprender sobre sementes, ferramentas e coidado do horto, compost… e moitas cousas máis!!
Xornada de Portas Abertas 2024
Como sabedes entre o 1 e 0 20 de marzo abrirase o prazo para solicitar praza escolar no vindeiro curso 2024-25. Por este motivo o luns 4 de marzo, ás 18h, estaremos a vosa disposición no colexio para que coñezades as nosas instalacións, e de paso, procuraremos resolver as vosas dúbidas sobre a escolarización e o proceso de admisión.
DÍA DA PAZ
Outro 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a convivencia nas escolas. Este ano, e nun mundo onde aumentan as guerras e conflictos armados, faise máis necesario continuar, como durante todo o curso, cunha mensaxe clara en favor da non violencia, a solidariedade e a cultura de paz. Ademáis da recollida de alimentos en favor da Cociña Económica, fixemos múltiples actividades nas aulas, así como un mural colectivo, unha pegatina conmemorativa e un acto conxunto coa canción de Happening, "Alto el Fuego".
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »