Que ben nos quedou!

Escaleiras cheas de valores. Hoxe mostrámosvos o resultado final doutra das iniciativas que se realizaron no colexio para promover valores no noso alumnado. Decoramos as escaleiras con frases feitas polo alumnado e seleccionadas polo profesorado con motivo do Día da Paz e do Día da Muller. Aproveitamos tamén para cambiarlle a cara á entrada da biblioteca, a porta do ximnasio e as portas da entrada pola AV. da Concordia con diferentes fotos, debuxos e traballos realizados no colexio.

Despedida a Rut

A nosa primeira administrativa Rut Ferreiro, despois de sete anos, vese na obriga de cambiar de destino dende este 7 de xuño. Dende aquí dámoslle as gracias polo  traballo desenvolto e a súa empatía con todos-as, e en especial co alumnado máis pequerrecho. Desexámoslle moita sorte no seu novo destino e damos a benvida a nosa nova administrativa, Sandra. Moita sorte ás dúas!!

No Xacobeo con 5ºEP

Un curso máis o alumnado de 5ºEP participou nesta actividade física e cultural, que ademáis este curso coincide co Xacobeo 22, razón pola que decidimos extraordinariamente chegar ata Santiago e visitar a Catedral. Semella que a actividade foi todo un éxito e o podedes comprobalo visionando o vídeo despois de facer clic na imaxe.

PESCUDA CON ELAS

O alumnado de 5ºEP participou nesta actividade promovida pola Universidade de A Coruña, acadando un premio pola nosa participación. Como veredes, trátase de diferentes videos de mulleres investigadoras nos que dan respostas ás interesantes preguntas do alumnado de quinto. Un xeito para poñer en valor a labor das mulleres nos centros de investigación da UDC. O premio será a posibilidade de visitar as instalacións do centro tecnolóxico de investigación da UDC. Parabéns!!

 

 

 

 

PODCAST; "Cóntame unha historia"

Aquí tedes un gran traballo do alumnado de 5ºEP, feito en colaboración coas titoras e sobre todo co apoio da doutora en historia, María Vázquez. Concretamente trátase dun podcast sobre a Idade Media. Agardamos que o disfrutedes e aprendades moito.

Solicitude de axudas para libros e material no curso 22-23

Publicouse no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto para 1º e 2º de primaria, material escolar e participación no fondo público de libros para 3º e 4º de EP. O prazo terminará o 22 de xuño e premendo na imaxe tedes toda a información resumida.

 

MES DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o día das Letras Galegas con diferentes propostas educativas para o noso alumnado:

  • Cintas de cores con mensaxes a prol da Lingua Galega e cos versos de Florencio Delgado Gurriarán.

Como ben di Fina Casalderrey no vídeo adxunto, Florencio escribía notas de amor a Galicia en papeliños nos que se amosa un poeta namorado da súa terra no exilio mexicano.

Por iso, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega lanzamos a proposta de escribir en cintas de cores mensaxes a prol da lingua galega e versos deste poeta, proposta á cal se sumaron a Escola Infantil  Carricanta, a Asociación de Veciños IAR e a Biblioteca Municipal e o Centro Cívico do Castrillón.

Cartel-Letras-Galegas-2022-CINTAS-PDF-P-gina-1

Que colorido e alegre está o noso cole e o noso barrio!!! Sementando Galego!!!

  • Xogos de corda coa poesía “Domadora de Serpes” de Florencio Delgado (Poesía musicada polo noso mestre de música Antonio Mandiá).

  • En Educación Infantil celebramos tamén a Festa dos Maios.

Bailamos e cantamos ao redor dos Maios coa fermosa poesía “Aí vén o Maio” de Florencio Delgado Gurriarán.

Representamos dous tipos de Maios:

O maio tradicional, elaborado polo alumnado de 5 anos con fiúncho, xestas e moitas flores  e o maio artístico, feito polo alumnado de 4 anos con elementos de refugallo (tapóns de plástico, rolos de papel hixiénico e caixas de ovos).

  • Entrega de premios ao alumnado que participou na actividade de Contos Compartidos en familia. Parabéns!!!

IMG-1863   IMG-1840

 

IMG-1885   IMG-1898

  • CONTACONTOS EN FAMILIA na escola. Grazas familias por tanta colaboración!!!

  • Agasallamos ao alumnado co marcapáxinas do Seminario Galán personalizado co noso mural de Rosalía de Castro, feito por todo o alumnado do centro, posto que a pegada rosaliana arrinca en Florencio nas  súas lecturas xuvenís.

marcap-xinas-rosal-a-1

  • E un adianto da revista da nosa escola:

 

  • E se queredes ver se coñecedes algúns contos en galego... probade aquí. Seguro que acertades moitos!

Que pasedes un feliz Día das Letras Galegas!!!!

 

Listaxes definitivas de admisión curso 22-23

Estimadas familias, dende hoxe 11 de maio podedes consultar no taboleiro do colexio as listaxes definitivas de admitidos-as e non admitidos-as para o vindeiro curso 22-23. Para a vosa tranquilidade avisamos de que non varían respecto das provisionáis.

MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO: Lembrade que é imprescindible matricular no centro ao novo alumnado admitido, entre os días 20 e 30 de xuño. A documentación necesaria e horarios de atención ao público dispoñibles facendo clic na imaxe.

 

CIRCULAR FOTOS GRUPOS ALUMNADO

Deixamos ligazón á circular informativa, remitida dende a APA,  para a realización de fotografías do alumnado nos vindeiros días.

CIRCULAR FOTOS

CIRCULAR FOTOS RESERVA

CINEMA NA ESCOLA - CURTA SEMENTES DE SEU (Alumnado de 5ºA/5ºC/6ºB)

 

Compartimos con todos/as a curta que realizamos o alumnado de 5ºA, 5ºC e 6ºB co noso alumnado

e coa colaboración dunha das nosas avoas do proxecto Sementes de Seu.

 Esta curta participará no concurso levado a cabo dentro do Proxecto CINEMA NA ESCOLA polo Concello da Coruña.

 Esperamos que vos guste.

 

Powered by Drupal - Design by artinet