Día da EF na rúa

Despois de dous anos de parón pola pandemia, o pasado venres 29 de abril celebramos, xunto con outros cinco centros educativos, o Día da EF na rúa na Praza de María Pita. Trátase dunha actividade que se realiza en toda España e que pretende visibilizar a necesidade e importancia de aumentar as horas de educación física no ámbito educativo. O alumnado de sexto de primaria foi o encargado de realizar diferentes actividades durante as dúas horas que durou o acto.

DIRECTRICES DA CONSELLERÍA SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade publicou, con data 21 de abril de 2022, unhas directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo.

Resumo sobre o uso da máscara:

OBRIGATORIO:

  • Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1). Polo tanto, o alumnado a partir de 6 anos que realice calquera saída ou excursión en autobús ten que levar máscara.

 

RECOMENDADO:

  • Persoal traballador do Centro educativo.
  • Alumnado do Centro educativo.
  • Casos sopeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

 

Poden consultar o documento na seguinte ligazón.

DOCUMENTO

 

Listaxes provisionais de admisión de alumnado 22-23

Este xoves 21 de abril, a dirección do centro publicou as listaxes de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2022-23. Pódense consultar físicamente no taboleiro, na entrada principal do colexio. A modo de resumo indicar que as 50 solicitudes de 4º de infantil están admitidas, igual que a única presentada para 5º de infantil e a única presentada para 5º de primaria. No resto de cursos as solicitudes presentadas non están admitidas, ao carecer de vacantes no momento actual. Lembrámoslles que antes do 15 de maio publicaremos as listaxes definitivas.

DÍA DAS ARTES GALEGAS

O noso colexio convértese nun museo a través da recreación de cadros do pintor galego Laxeiro por todo o alumnado, que sempre reivindicou a forma de pintar dos nenos e nenas.

No seguinte vídeo pódese admirar o marabilloso traballo realizado: 

Gracias Juan!

Este xoves 31 de marzo Juan J. Fernández García, mestre de primaria termina a súa carreira como docente, despois de máis de 35 anos. Un docente coñecido e recoñecido no ámbito educativo galego e coruñés. Estivo casi 20 anos traballando na Consellería de Educación como experto no ámbito das novas tecnoloxías. Tras ese periodo pasou ao CEIP Sal Lence no que actuou como director un par de anos para chegar ao Fdez Latorre no 2012, onde foi titor de 5º e 6ºEP ademáis de secretario durante sete cursos. Tamén dirixe a Asociación TADEGA, que fomenta e apoia o uso da tecnoloxía en alumnado con diversidade funcional.

Toda a comunidade educativa deséxalle moita saúde e felicidade nesta nova etapa da súa vida e agradecémoslle sinceramente o seu traballo no noso centro. Ata sempre Juan!!

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para todas esas mulleres que foron, son e serán un referente na nosa vida con moito cariño esta homenaxe.

Grazas por estar presentes na nosa vida!!! 

Becas Comedor para o curso 22-23

O Concello de A Coruña acaba de abrir o prazo de solicitude destas axudas de cara ao vindeiro curso. Concretamente será entre o 2 e o 31 de marzo, e pódese solicitar en calquera dos rexistros municipais presencialmente ou tamén na sede electrónica do concello. Facendo clic na imaxe accédese ao enlace con toda a información sobre este proceso.

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Este ano, aínda que non puideron estar connosco as familias, si que puidemos celebrar o festival de entroido.

Aquí podedes ver algunhas das fotos que temos, e conforme vaiamos tendo máis irémolas subindo. Despois tedes os dous vídeos resumo do que foi o festival. 

Gracias pola participación e Feliz Entroido!

 

Admisión de alumnado 2022-23

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar 22-23. A solicitude, xunto co resto da documentación necesaria en cada caso, pode presentarse telemáticamente na sede electrónica, ou presencialmente na secretaría do colexio en días lectivos e no horario indicado. A continuación deixamos todo o necesario para realizar este trámite.

Powered by Drupal - Design by artinet